Gran Premio de Alemaña de 1957

O Gran Premio de Alemaña de 1957 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 4 de agosto de 1957 no circuíto de Nürburgring Nordschleife. Foi a sexta carreira da tempada de Fórmula Un de 1957. A carreira de 22 voltas foi gañada polo piloto arxentino Juan Manuel Fangio pilotando un Maserati. A carreira cítase a miúdo como unha das mellores vitorias na historia da competición. Foi a 4ª vitoria de Fangio nas 7 carreiras principais da tempada (excluíndo as 500 Millas de Indianápolis), ademais cá cantidade de puntos que tiña (34 polos 16 de Luigi Musso) e con dúas carreiras por diante, a súa vitoria no circuíto de Nürburgring significou o seu quinto título de Campión do Mundo.

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Alemaña de 1957
Nome oficialXIX Großer Preis von Deutschland Editar o valor en Wikidata
Nome na lingua orixinal(de) XIX Grosser Preis von Deutschland Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio de Alemaña Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1957 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento22 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónNürburgring (Renania-Palatinado - Rheinland-Pfalz) 50°20′08″N 6°56′51″L / 50.335555555556, 6.9475 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude5,148 km Editar o valor en Wikidata
PaísAlemaña Editar o valor en Wikidata
Data4 de agosto de 1957 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoJuan Manuel Fangio Editar o valor en Wikidata
Pole positionJuan Manuel Fangio Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaJuan Manuel Fangio Editar o valor en Wikidata

Fangio tomara nota da selección de pneumáticos e do nivel de combustible dos pilotos de Ferrari, e decatouse de que probablemente ían correr a carreira completa sen unha parada en boxes. Fangio decidiu que utilizar pneumáticos máis brandos, e cargar só medio tanque de combustible, permitiría que o coche tomara as curvas máis rápido, pero tamén requiriría unha parada en boxes. Fangio fixo a súa parada en boxes na volta 13, en 1º lugar, e 30 segundos por diante de Hawthorn e Collins.

A parada en boxes foi un desastre, o equipo tivo problemas para cambiar unha das rodas. Fangio saíu do pit lane en 3ª posición, 48 segundos por detrás de Collins, que estaba en 2º lugar. Durante as seguintes 10 voltas, Fangio rompeu a marca de volta 9 veces (7 dos rexistros foron en voltas sucesivas, logrou rebaixar uns abafadores 15´5 segundos a Hawthorn na primeira volta, e logo outros 8´5 segundos na seguinte volta). Na volta 21, Fangio foise ao interior da curva a esquerda, ESSO Terrasse, pasando a Collins e situandose 2º. Máis tarde na volta 21, nunha curva a esquerda, Fangio cortou a Hawthorn pasandolle polo interior da curva, con só dous dos seus pneumáticos na pista e os pneumáticos esquerdos sobre a herba. Fangio mantivo a súa vantaxe, pero non foi fácil, xa que Hawthorn atacou, e case logrou adiantar a Fangio nalgunhas curvas, pero foi en balde, e Fangio gañou a carreira.

Despois da carreira, Fangio, comentou: "Nunca antes conducín tan rapido na miña vida e creo que nunca serei capaz de facelo de novo". Máis tarde, Fangio tamén dixo: "Nürburgring é a miña pista favorita. Quedeime totalmente namorado dela e creo que ese día, en 1957 por fin logrei dominala. Era coma se me amosara todos os segredos dela e désemos a coñecer dunha vez por todas... Durante dous días non puiden durmir, aínda veia esas curvas na escuridade, curvas nas que nunca antes tivera o valor de levar as cousas ata ese límite".[1]

Para aumentar a participación, os organizadores abriron a pista aos coches de Fórmula 2. As dúas carreiras corréronse ao mesmo tempo, pero os equipos de fórmula 2 (en amarelo) non eran elixibles para os puntos do Campionato do Mundo e algunhas fontes non consideran estas saídas nas estatísticas da carreira.

Clasificación

editar
Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 1   Juan Manuel Fangio Maserati 22 3:30:38.3 1 9
2 8   Mike Hawthorn Ferrari 22 3.6 segs 2 6
3 7   Peter Collins Ferrari 22 35.6 segs 4 4
4 6   Luigi Musso Ferrari 22 3:37.6 8 3
5 10   Stirling Moss Vanwall 22 4:37.2 7 2
6 2   Jean Behra Maserati 22 4:38.5 3
7 3   Harry Schell Maserati 22 6:47.5 6
8 16   Masten Gregory Maserati 21 1 volta 10
9 11   Tony Brooks Vanwall 21 1 volta 5
10 4   Giorgio Scarlatti Maserati 21 1 volta 13
11 15   Bruce Halford Maserati 21 1 volta 16
12 21   Edgar Barth Porsche 21 1 volta 12
13 28   Brian Naylor Cooper-Climax 20 2 voltas 17
14 27   Carel Godin de Beaufort Porsche 20 2 voltas 20
15 25   Tony Marsh Cooper-Climax 17 5 voltas 22
Ret 17   Hans Herrmann Maserati 14 Chasis 11
Ret 20   Umberto Maglioli Porsche 13 Motor 15
Ret 23   Roy Salvadori Cooper-Climax 11 Suspensión 14
Ret 18   Paco Godia Maserati 11 Dirección 21
Ret 12   Stuart Lewis-Evans Vanwall 10 Caixa de cambios 9
Ret 24   Jack Brabham Cooper-Climax 6 Transmisión 18
Ret 26   Paul England Cooper-Climax 4 Distribuidor 23
Ret 29   Dick Gibson Cooper-Climax 3 Dirección 24
Ret 19   Horace Gould Maserati 2 Eixo 19

Posicións logo da carreira

editar
Pos Piloto Puntos
  1   Juan Manuel Fangio 34
  2   Luigi Musso 16
  3 3   Mike Hawthorn 13
  1 4   Tony Brooks 10
  1 5   Sam Hanks 8
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos.
  1. Manishin, Glenn B. "The Early Years". Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2018. Consultado o 25 October 2011. 

Ligazóns externas

editar


Carreira anterior:
Gran Premio do Reino Unido de 1957
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1957
Carreira seguinte:
Gran Premio de Pescara de 1957
Carreira anterior:
Gran Premio de Alemaña de 1956
Gran Premio de Alemaña Carreira seguinte:
Gran Premio de Alemaña de 1958