Gran Premio de Abu Zabi de 2021
O Gran Premio de Abu Zabi de 2021 (oficialmente coñecido como 2021 Formula 1 Etihad Airways Abu Dhabi Grand Prix) foi unha carreira de Fórmula Un que se disputou o 12 de decembro de 2021 no Circuíto de Yas Marina na Illa Yas, unha illa nos arredores de Abu Zabi nos Emiratos Árabes Unidos. A carreira foi a última rolda da tempada 2021, a décimo terceira edición do Gran Premio de Abu Zabi e a décimo terceira vez que a carreira se disputou como unha proba do Campionato Mundial desde a tempada inaugural en 1950. A carreira decidiu tanto o Campionato de Pilotos como o de Construtores.
Nome oficial | Formula 1 Etihad Airways Abu Dhabi Grand Prix 2021 |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Abu Zabi |
Deporte | Formula racing |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2021 |
Distancia do evento | 58 |
Participantes | |
Max Verstappen, Lewis Hamilton, Carlos Sainz, Yuki Tsunoda, Pierre Gasly, Valtteri Bottas, Lando Norris, Fernando Alonso, Esteban Ocon, Charles Leclerc, Sebastian Vettel, Daniel Ricciardo, Lance Stroll, Mick Schumacher, Sergio Pérez Mendoza, Nicholas Latifi, Antonio Giovinazzi, George Russell e Kimi Räikkönen | |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Yas Marina 24°28′13″N 54°36′22″L / 24.470244, 54.606075 |
Lonxitude | 5,554 km |
País | Emiratos Árabes Unidos |
Intervalo de tempo | 10 de decembro de 2021 – 12 de decembro de 2021 |
Competición | |
Primeiro posto | Max Verstappen |
Pole position | Max Verstappen (01:22,109) |
Volta máis rápida | Max Verstappen (01:26,103) |
Antecedentes
editarA carreira programouse orixinalmente para o 5 de decembro, pero reprogramouse despois do aprazamento do Gran Premio de Australia debido á pandemia de COVID-19.[1]
Reurbanización do circuíto
editarYas Marina sufriu unha remodelación que acurtou o trazado e o tempo de volta previsto para aumentar a velocidade máxima e as oportunidades de adiantamentos.[2] Eliminouse a chicana despois da curva 4 e ampliouse a forquita da curva 5 (que era a curva 7 antes da reurbanización). A secuencia de catro curvas das curvas 11-14 converteuse na curva peraltada 9. O radio das curvas 12-15 (anteriormente 17-20) aumentouse, para permitir que os coches leven máis velocidade, os cambios na curva 15 significan que os coches poden pasara fondo pola curva.[3]
Pneus dispoñibles
editarPneus para pista seca | Pneus para chuvia | |||
---|---|---|---|---|
Duros (Tipo C3) |
Medios (Tipo C4) |
Brandos (Tipo C5) |
Intermedios |
Chuvia |
Cualificación
editarA cualificación comezou ás 17:00 hora local do sábado 11 de decembro.
Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Tempos cualificación | Grella final | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Q1 | Q2 | Q3 | |||||
1 | 33 | Max Verstappen | Red Bull Racing-Honda | 1:23.322 | 1:22.800 | 1:22.109 | 1 |
2 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:22.845 | 1:23.145 | 1:22.480 | 2 |
3 | 4 | Lando Norris | McLaren-Mercedes | 1:23.553 | 1:23.256 | 1:22.931 | 3 |
4 | 11 | Sergio Pérez | Red Bull Racing-Honda | 1:23.350 | 1:23.135 | 1:22.947 | 4 |
5 | 55 | Carlos Sainz | Ferrari | 1:23.624 | 1:23.174 | 1:22.992 | 5 |
6 | 77 | Valtteri Bottas | Mercedes | 1:23.117 | 1:23.246 | 1:23.036 | 6 |
7 | 16 | Charles Leclerc | Ferrari | 1:23.467 | 1:23.202 | 1:23.122 | 7 |
8 | 22 | Yuki Tsunoda | AlphaTauri-Honda | 1:23.428 | 1:23.404 | 1:23.220 | 8 |
9 | 31 | Esteban Ocon | Alpine-Renault | 1:23.764 | 1:23.420 | 1:23.389 | 9 |
10 | 3 | Daniel Ricciardo | McLaren-Mercedes | 1:23.829 | 1:23.448 | 1:23.409 | 10 |
11 | 14 | Fernando Alonso | Alpine-Renault | 1:23.846 | 1:23.460 | 11 | |
12 | 10 | Pierre Gasly | AlphaTauri-Honda | 1:23.489 | 1:24.043 | 12 | |
13 | 18 | Lance Stroll | Aston Martin-Mercedes | 1:24.061 | 1:24.066 | 13 | |
14 | 99 | Antonio Giovinazzi | Alfa Romeo Racing-Ferrari | 1:24.118 | 1:24.251 | 14 | |
15 | 5 | Sebastian Vettel | Aston Martin-Mercedes | 1:24.225 | 1:24.305 | 15 | |
16 | 6 | Nicholas Latifi | Williams-Mercedes | 1:24.338 | 16 | ||
17 | 63 | George Russell | Williams-Mercedes | 1:24.423 | 17 | ||
18 | 7 | Kimi Räikkönen | Alfa Romeo Racing-Ferrari | 1:24.779 | 18 | ||
19 | 47 | Mick Schumacher | Haas-Ferrari | 1:24.906 | 19 | ||
20 | 9 | Nikita Mazepin[a] | Haas-Ferrari | 1:25.685 | 20 | ||
107% tempo: 1:28.644 | |||||||
Fonte:[5][6] |
Carreira
editarO ruso Nikita Mazepin (Haas), deu positivo en coronavirus antes de comezar, polo que non puido tomar a saída, Mazepin, que ía saír último na grella do GP de Abu Zabi, non puido ser substituído por outro piloto, xa que, segundo o artigo 31.1 do Regulamento Deportivo de F1, unha persoa que non fixo a cualificación para a carreira non pode participar nun Gran Premio.
A carreira comezou ás 17:00 hora local do domingo 12 de decembro. Hamilton tomou o liderado de Verstappen na saída, pero Verstappen intentou pasalo na curva catro. Hamilton abandonou a pista, cortou a curva e reincorporouse coa súa vantaxe considerablemente ampliada. Hamilton ampliou gradualmente a súa vantaxe ata a primeira rolda de paradas en boxes.
Verstappen fixo a súa parada ao final da volta 13 e Hamilton seguiu o exemplo unha volta máis tarde, ambos optando por un conxunto cos pneumáticos máis duros dispoñibles. Red Bull decidiu non deter a Pérez, coa esperanza de poder aguantar a Hamilton máis tarde. Hamilton alcanzou a Pérez na volta 20 e tentou pasar directamente coa vantaxe dos seus pneumáticos moito máis frescos. Pérez defendeuse con forza e foi superado por Hamilton, pero despois volveu superar a Hamilton ata que finalmente perdeu a súa posición unha volta despois. Con todo, conseguira que Hamilton perdese case toda a súa vantaxe sobre Verstappen. Este último non foi quen de atacar, e a brecha foise ampliando pouco a pouco.
Na volta 35, Giovinazzi retirou o seu coche con problemas na caixa de cambios xunto á pista, o que provocou un período de Virtual Safety Car. Red Bull aproveitou esta oportunidade para que Verstappen montase un novo conxunto dos pneumáticos máis duros sen perder a posición da pista, mentres que Hamilton quedou fóra. A carreira retomouse tres voltas despois. Usando a vantaxe de pneumáticos máis frescos, Verstappen reduciu gradualmente a súa desvantaxe, pero non a un ritmo que fose suficiente para atrapar a Hamilton antes do final da carreira.
Na volta 51, un accidente de Nicholas Latifi sacou o coche de seguridade. Verstappen entrou novamente en boxes por un novo xogo dos pneumáticos máis brandos dispoñibles, mentres que Hamilton volveu quedar fóra. Pouco despois Pérez retirouse, entregando o título de Construtores a Mercedes.
Antes do final do coche de seguridade, o control da carreira daba mensaxes aparentemente conflitivas sobre se os coches que habían perdido volta poderian adiantar ao líder detrás do coche de seguridade antes do reinicio. Esta idea foi inicialmente rexeitada, pero posteriormente foi parcialmente invertida na volta 57, permitindo pasar ao Safety Car aos coches que atopaban entre Verstappen e Hamiltonr.
O coche de seguridade entrou ao final da penúltima volta, permitindo unha volta de carreira ata o final da carreira. Na última volta, Verstappen usou os seus pneumáticos brandos e frescos para pasar a Hamilton na curva cinco para tomar o liderado da carreira. Aguantou os contraataques de Hamilton para gañar o seu primeiro campionato do mundo. Mercedes gañou puntos suficientes para gañar o seu 8º título consecutivo de construtores, ampliando o seu propio récord. Kimi Raikkonen retirouse con problemas nos freos, o que o levou a bater contra o muro na súa 349 e última saída na F1.[7]
Protesta posterior á carreira de Mercedes e controversia sobre o procedemento do coche de seguridade
editarMercedes protestou polo resultado da carreira por dous motivos, un porque Verstappen adiantara baixo o coche de seguridade, e polo feito de que crían que o director da carreira, Michael Masi, non seguiu o procedemento correcto, só permitiu que os coches directamente diante de Verstappen recuperasen volta pouco antes de reiniciarse ao final da volta 57, a pesar de que inicialmente rexeitara as solicitudes de Red Bull para facelo.[8] Normalmente, a todos os corredores con voltas estarían autorizados a recuperar volta por si mesmos, e Andrew Benson da BBC di que as regras establecen que se o control da carreira permite que os coches se desdobren detrás do coche de seguridade, entón, segundo a regulación da Fórmula Un debería permitir que todos os coches dobrados se desdobrasen.[9] Ambas protestas foron rexeitadas polos comisarios.[10][11]
Clasificación da carreira
editarPosicións logo da carreira
editar- Texto en negra indica quen gañou o campionato do mundo.
|
Clasificación do campionato de construtores
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
editar- ↑ Nikita Mazepin é ruso, pero participa como competidor neutral usando a designación RAF (Russian Automobile Federation), xa que o Tribunal de Arbitraxe para o Deporte confirmou a prohibición de competir a Rusia nos Campionatos do Mundo. A prohibición dictada pola Axencia Mundial Antidopaxe en resposta ao programa de dopaxe patrocinado polo Estado de atletas rusos.[4]
- Referencias
- ↑ "F1 Schedule 2021 – Bahrain to host season opener as Australia moves later in calendar and Imola returns". Formula1.com. Formula One Administration. 12 de xaneiro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2021. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Formula 1: Todos os ollos postos no novo trazado do circuíto de Yas Marina, esquema para a final de tempada do Gran Premio de Abu Zabi". Gulf News (en inglés). Al Nisr Publishing. 6 de decembro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 6 de decembro de 2021. Consultado o 6 de decembr de 2021.
- ↑ "The track changes aimed at improving overtaking at Abu Dhabi’s Yas Marina Circuit". Formula1.com. Formula One Administration. 24 de xuño de 2021. Arquivado dende o orixinal o 7 de decembro de 2021. Consultado o 24 de xuño de 2021.
- ↑ Luke Smith (5 de febreiro de 2021). "Mazepin set to race under neutral flag after CAS ruling extends to F1". motorsport.com. Arquivado dende o orixinal o 5 de febreiro de 2021. Consultado o 5 de febreiro de 2021.
- ↑ "Formula 1 Etihad Airways Abu Dhabi Grand Prix 2021 – Qualifying". Formula1.com. 11 de decembro de 2021. Consultado o 11 de decembro de 2021.
- ↑ 6,0 6,1 "Formula 1 Etihad Airways Abu Dhabi Grand Prix 2021 – Starting Grid". Formula1.com (en inglés). 11 de decembro de 2021. Consultado o 11de decembro de 2021.
- ↑ https://www.formula1.com/en/latest/article.brilliant-verstappen-claims-maiden-title-after-victory-in-abu-dhabi-season.22Arui4l6BKK2PUsJgKqpZ.html
- ↑ https://www.formula1.com/en/latest/article.breaking-mercedes-launch-protests-over-abu-dhabi-gp-result-after-safety-car.5oNwx2opecswnQ5S70O1cY.html
- ↑ https://twitter.com/andrewbensonf1/status/1470051831841947650
- ↑ "FIA dismiss Mercedes' protest over alleged Safety Car overtake by Max Verstappen in Abu Dhabi". 12 de decembro de 2021.
- ↑ "Decision - Mercedes Protest Art. 48.8" (PDF). Fédération Internationale de l'Automobile. 12 de decembro de 2021.
- ↑ Inclúe un punto pola volta rápida
- ↑ Sergio Pérez clasificouse xa que completou máis do 90% da distancia da carreira.
- ↑ "Formula 1 Etihad Airways Abu Dhabi Grand Prix 2021 – Race Result". Formula1.com. 12 de decembro de 2021. Consultado o 12 de decembro de 2021.
- ↑ "Formula 1 Etihad Airwaus Abu Dhabi Grand Prix 2021 – Fastest Laps". Formula1.com. 12 de decembro de 2021. Consultado o 12 de decembro de 2021.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Abu Zabi de 2021 |
Carreira anterior: Gran Premio de Arabia Saudita de 2021 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2021 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Bahrain de 2022 |
Carreira anterior: Gran Premio de Abu Zabi de 2020 |
Gran Premio de Abu Zabi | Carreira seguinte: Gran Premio de Abu Zabi de 2022 |