God Save the King

(Redirección desde «God Save the Queen»)

"God Save the King" (Deus Salve ao Rei) ou "God Save the Queen" (Deus Salve a Raíña), dependendo do xénero do monarca reinante, é unha canción patriótica do Reino Unido cuxo autor é descoñecido (algunhas fontes din que é posible que sexa a adaptación dunha peza do compositor francés Jean-Baptiste Lully) tradicionalmente usada como himno nacional polo Reino Unido e as súas colonias.

God Save the King
God Save the Queen
En galego: Deus salve ao Rei
Himno deEstados
  Nacional
Nova Zelandia Nova Zelandia
Reino Unido Reino Unido
  Real
Antiga e Barbuda
Australia Australia
Bahamas
Barbados
Belize
Canadá
Granada
Saint Kitts e Nevis
Tuvalu Tuvalu
Xamaica Xamaica
Depedencias
Bermudas
Guernsey Guernsey
Xersei Illa de Jersey
  Real
Man Illa de Man
LetraDescoñecido
MúsicaDescoñecido
Adoptado1745
Mostra da música
noicon

God Save the King (Deus Salve o Rei) naceu durante o reinado de Xurxo II. Pénsase que a primeira interpretación pública da canción ocorreu durante a rebelión dos "Corenta e Cinco". En referencia á rebelión xacobita, engadiuse un verso que inclúe Rebellious Scots to crush (Os rebeldes escoceses, até os esmagar), aínda que se canta raramente na actualidade. "Deus Salve a Raíña" (por mor de que na actualidade a coroa británica a ostenta a raíña Sabela II) é un dos dous himnos nacionais de Nova Zelandia (xunto con "Deus Defenda Nova Zelandia"), e o himno real de Australia e o Canadá.

Hai que aclarar que non existe unha versión autorizada no Reino Unido. O himno non foi xamais adoptado oficialmente por Proclamación Real nin Lei do Parlamento. En xeral, cántase só unha (ou de cando en cando, dúas) das estrofas.

Era polo pasado o himno nacional da maior parte dos países do Commonwealth; aínda que a maioría deles teñan agora o seu propio himno nacional, varios (dos cales Australia, Nova Zelandia e o Canadá) o recoñecen en tanto que himno real.

Letra orixinal en inglés Versión en galego En francés
(empregada na parte francófona do Canadá)

God save our gracious Queen,
Long live our noble Queen,
God save the Queen:
Send her victorious,
Happy and glorious,
Long to reign over us:
God save the Queen.

Thy choicest gifts in store,
On her be pleased to pour;
Long may she reign:
May she defend our laws,
And ever give us cause
To sing with heart and voice (1)
God save the Queen. (2)

O Lord, our God, arise,
Scatter thine (or her) enemies,
And make them fall:
Confound their politics,
Frustrate their knavish tricks,
On thee our hopes we fix:
God save us all.

Not in this land alone,
But be God's mercies known,
From shore to shore!
Lord make the nations see,
That men should brothers be,
And form one family,
The wide world over.

From every latent foe,
From the assassins blow,
God save the Queen!
O'er her thine arm extend,
For Britain's sake defend,
Our mother, prince, and friend,
God save the Queen!

Lord grant that Marshal Wade
May by thy mighty aid
Victory bring.
May he sedition hush,
And like a torrent rush,
Rebellious Scots to crush.
God save the Queen!

Deus salve a nosa gloriosa Raíña,
Longa vida á nosa nobre Raíña,
Deus salve a Raíña;
Que a faga vitoriosa,
Feliz e gloriosa,
Que teña un longo reinado sobre nós
Deus salve a Raíña.

Os mellores presentes;
Que sexa agradábel darlle
Que o seu reinado sexa longo;
Que ela defenda as nosas leis,
E sempre nos dea motivo
De cantar co corazón e a voz
Deus salve a Raíña.

Ó Deus, noso Deus, veña
Dispersar os seus inimigos
E fágaos caer.
Confunda a política deles,
Fustre os seus truques fraudulentos
En ti depositamos a nosa esperanza
Deus salve a todos nós.

Non apenas neste país,
Mais sexa a misericordia de Deus coñecida
De costa a costa!
Señor, faga que as nacións vexan,
Que os homes deben ser irmáns,
E formar unha soa familia,
Por todo o mundo.

A todo inimigo latente,
e a todos os asasinos, afaste,
Deus salve a Raíña!
Sobre ela, estenda seu brazo,
Pola causa británica, defenda,
Nosa nai, príncipe (princesa), e amigo(a),
Deus salve a Raíña!

Que Deus permita que o Mariscal Wade
posa, con poderoso auxilio,
traer a vitoria.
Pode el silenciar a sedición,
E como un torrente, varrer,
Os rebeldes escoceses, até os esmagar.
Deus salve a Raíña!

Dieu protège la reine
De sa main souveraine!
Vive la reine!
Qu'un règne glorieux,
Long et victorieux
Rende son peuple heureux.
Vive la reine!

Observacións:
  • Cando é un rei, no lugar dos versos (1) e (2) emprégase:

With heart and voice to sing
God save the King.

  • As estrofas 4, 5 e 6 están en desuso por considerarse antigas e con ton imperialista

Interpretación no Reino Unido

editar

A versión máis interpretada nos actos oficiais foi proposta polo rei Xurxo V, quen se consideraba como un experto nela (por mor do número de veces que o escoitara). Unha orde do exército foi emitida en 1933, establecendo as normas para o tempo, a dinámica e a orquestración. Estas instrucións inclúense como que o Exército establece o tempo, a dinámica a orquestración.

Ata a última parte do século XX, os asistentes ao teatro e os concertos esperaban de pé, mentres se interpretaba o himno trala celebración do espectáculo. Nos cines, a tendencia do público de saír durante os créditos fixo que se suprimira esta formalidade.

O himno continua sendo interpretado en eventos tradicionais como o Campionato de Wimbledon e The Proms, entre outros.

Nos medios audiovisuais

editar

Tradicionalmente interpretábase antes do fin das emisións da BBC (agás BBC Two que nunca chegou a ter esta tradición), e tras a introdución das cadeas privadas de televisión esta práctica foi adoptada por algunhas filiais de ITV ata a década dos 1980, pero continuou no final das emisións da BBC One ata o 8 de novembro de 1997 cando a cadea comezou a conectar con BBC News pola noite. Hoxe en día esta tradición mantense en BBC Radio Four, que acostuma emitir o himno antes de conectar con BBC World Service.

O himno tamén se emite antes da Mensaxe de Nadal da Raíña de Inglaterra, agás en 2007 que foi emitido ao final da mensaxe. Tamén é utilizado para dar avisos sobre a Casa Real, coma a morte dalgún membro, neste caso é interpretado dun xeito máis solemne.

Adaptacións musicais

editar

Compositores clásicos

editar

Ao redor de 140 compositores incluíndo Beethoven, Haydn, Clementi, J.C.Bach, Liszt, Brahms, Carl Maria von Weber, Niccolò Paganini, Johann Strauss (pai), e Edward Elgar utilizaron o himno nalgunha das súas composicións.

Algúns grupos de rock coma Sex Pistols ou Queen, tamén fixeron adaptacións do God Save the Queen para algúns acontecementos importantes en Inglaterra.[2]

  1. Cando hai Rei en lugar de Raíña substitúese o Queen por King
  2. Fred Vermorel, Judy Vermorel (1987) Sex Pistols: the inside story p.83. Omnibus Press. Retrieved 26 February 2011