George Balanchine
George Balanchine, nado como Giorgi Melitonis dze Balanchivadze, en xeorxiano გიორგი მელიტონის ძე ბალანჩივაძე, e en ruso Георгий Мелитонович Баланчивадзе, nado en San Petersburgo o 22 de xaneiro de 1904 e finado en Nova York o 30 de abril de 1983, foi un bailarín e coreógrafo americano, un dos fundadores do ballet americano.
Traxectoria
editarFillo do compositor xeorxiano, Meliton Belanchivadze, naceu como Giorgi Balanchivadze, o seu irmán Andria Balanchivadze foi tamén un coñecido compositor. En 1921 rematou os seus estudos no ballet e entre 1921 e 1924 actuou co Teatro de Ópera e Ballet de Petrogrado.
En 1924 durante unha xira por Europa Occidental coñece a Sergei Diagilev e únese ao seus Ballets Russes, primeiro como bailarín e tras unha lesión como coreógrafo. En 1933 trasládase aos Estados Unidos, onde funda a Escola de Ballet Americano e a compañía de ballet da Metropolitan Opera. En 1946 fundou o New York City Ballet.
A Galipedia ten un portal sobre: Ballet |