Genealogiae regum Anglorum
As Genealogiae regum Anglorum ou Anglian Collection é unha colección de xenealoxías reais e listaxe de monarcas anglosaxóns que sobreviven en catro manuscritos dos cales dous se atopan na Biblioteca Británica, un terceiro documento no Corpus Christi College (Cambridge) e o cuarto na Catedral de Rochester. Por orde cronolóxica de composición[1]:
Versión | Institución | Manuscrito |
---|---|---|
V | Biblioteca Británica | Biblioteca Cotton Vespasian B vin. fols. 104–109 |
C | Corpus Christi College (Cambridge) | CCCC 183 |
T | Biblioteca Británica | Cotton MS. Tiberius B v., vol. 1, fols. 2–73 e 77–88, e Cotton MS. Nero D ii., fols 238–241. |
R | Catedral de Rochester[2] | A.3.5, os Textus Roffensis |
Contido
editarTodos os manuscritos conteñen xenealoxías dos reinos de Deira, Bernicia, Mercia, Lindsey, Kent e Anglia Oriwental- Tres dos manuscritos (C, T e R) tamén contén a xenealoxía do reino de Wessex e unha lista de monarcas de Northumbria e Mercia.
As xenealoxías preséntanse en orde inversa, comezando co gobernante do momento no que foi composta e nomeando cada sucesiva xeración ata chegar a Woden, e, no caso de Lindsey, máis alá. Todos os manuscritos semellan derivar dunha fonte común, hoxe perdida.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Clemoes, Peter (2007) Anglo-Saxon England 5, Cambridge University Press ISBN 0-521-03862-6