Xenebra, Suíza

cidade e comuna de Suíza
(Redirección desde «Genève»)

Xenebra[1] (en francés Genève [ʒəˈnɛv], en italiano Ginevra, en alemá Genf, en romanche: Genevra) é a segunda cidade máis grande de Suíza e a capital do cantón de Xenebra. En total, 203.856 persoas habitan no concello de Xenebra (2020). A lingua oficial é o francés.

Modelo:Xeografía políticaXenebra, Suíza
Genève (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 46°12′N 6°09′L / 46.2, 6.15
Estado federadoSuíza
CantónsCantón de Xenebra Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación203.840 (2022) Editar o valor en Wikidata (12.804,02 hab./km²)
Lingua oficiallingua francesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie15,92 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Ródano, Rio Arve (pt) Traducir e Lago Léman Editar o valor en Wikidata
Altitude396 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataAlfonso Gómez Cruz (2023–2024) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal1201, 1202, 1203, 1204, 1205, 1206, 1207, 1208, 1209, 1211 e 1200 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico22 Editar o valor en Wikidata
Código de municipio suízo6621 Editar o valor en Wikidata
Lugar do Patrimonio suízo
IdentificadorISOS 1840

Sitio webgeneve.ch Editar o valor en Wikidata
Facebook: villegeneve.ch Twitter: villedegeneve Instagram: ville_de_geneve BNE: XX451487 Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar

Centro comercial, bancario, industrial, intelectual e universitario, a cidade foi construída no lugar onde o Ródano deixa o lago Léman, ou lago Xenebra, e conflúe co río Arve, concretamente na beira suroeste do lago. Atópase nun fondo rodeada polo Salève e o Xura e a tan só unha hora en coche do mítico Mont Blanc, visible dende a cidade.

Na rada de Xenebra atópanse as pedras de Niton, unha das cales é o punto de referencia de todas as altitudes de Suíza. Trátase de dúas grandes rochas que emerxen do propio lago e que datan da última Idade do xeo.

Historia

editar
 
Panorama da cidade en 1860.

A cidade aparece mencionada por primeira vez tras a súa toma por parte dos romanos no ano 121 a.C., facendo dela un posto fortificado na fronteira do Imperio Romano coas tribos celtas e xermánicas helvéticas. Logo da caída do Imperio, pasou sucesivamente a mans de burgundios e francos ata a súa incorporación ao Sacro Imperio Romano Xermánico en 1033.

Sen dúbida, un dos momentos históricos máis importantes vividos pola urbe é o que tivo como protagonista a Xoán Calvino e que fixo dela un punto vital da Reforma protestante. En 1532 o bispo católico da cidade foi obrigado a deixar a súa residencia. Catro anos despois, os seus habitantes xa se declaraban protestantes e proclamaron unha república propia, baixo o liderado espiritual do propio Calvino, quen viviu na cidade ata o seu pasamento en 1564.

Xenebra é considerada desde hai tempo como cidade de acollida, xa desde que acolleu aos protestantes que seguiron á Reforma. Co acollemento de numerosos reformadores, ademais do xa citado Clavino, coma Guillaume Farel ou Théodore de Brèze, gañou o sobrenome de Roma protestante ou de cidade de Calvino. Numerosos persoeiros internacionais igualmente atoparon aquí refuxio, coma o célebre Lenin.

É grazas a esta tradición de acollida e á neutralidade de Suíza polo que numerosas organizacións internacionais decidiron instalar a súa sede en Xenebra:

Poboación

editar

Transportes

editar

Xenebra ten un aeroporto internacional accesible en autobús ou en tren, a menos de 10 minutos do centro. Grandes compañías como Swiss, British Airways, Air France, Lufthansa ou EasyJet teñen liñas con destinos a toda Europa e ao resto do mundo. No seo da cidade os transportes públicos xenebrinos explotan unha densa rede de autobuses e trolebuses, así como unha liña de tranvías en pleno renacemento.

Cultura

editar
 
Anverso dunha moeda conmemorativa do festival de tiro de Xenebra de 1851

Xenebra acolle numerosas festas e manifestacións ao longo do ano, tales como o Salón internacional do automóbil de Xenebra no mes de marzo, a Festa da música no mes de xuño, a Lake Parade no mes de xullo e a celebración da Escalada en decembro. As festas da cidade desenvólvense entre xullo e agosto.

Lugares de interese

editar
  • O Jet de Genève (o Chorro de Xenebra) que é o símbolo da cidade. Localizado ao longo do Quai des Eaux-Vives é máis que centenario. Instalado orixinalmente preto do Bâtiment des Forces Motrices (Edificio das Forzas Motrices), servía en principio para diminuír a presión nas canalizacións da cidade. Foi despois desprazado á rada e conservado polo seu atractivo turístico.
  • A Catedral de San Pedro. Do século XII, foi o templo relixioso adoptado por Calvino dende o cal irradiar o seu reformismo relixioso. No seu interior consérvase a cadeira de madeira empregada por este. Existen evidencias da existencia de templos anteriores ao edificio actual, polo menos do século VIII, así como restos de actividade en época romana.
  • Alberga, por outro lado, numerosos museos entre os cales salientan:
    • O Musée d'Art et d'Histoire é o museo principal da cidade. Acolle pinturas dende a Idade Media ata o século XX, iconas, armas, instrumentos musicais e pezas téxtiles. Tamén ten un espazo adicado á arqueoloxía, incluíndo obxectos da Europa prehistórica, así como das culturas clásicas grega e romana e do Antigo Exipto, entre as que destaca unha momia do século IX a. C.
    • O Museo de historia natural.
    • O Museo etnográfico.
    • O Museo de arte moderna e contemporánea.
    • O Museo internacional do automóbil.
    • O Xardín e o Conservatorio botánicos.
    • O Museo da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella.
    • O Museo Patek Philippe.
 
Organización Mundial da Propiedade Intelectual
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xenebrino.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar