Mobella ártica
Mobella ártica | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Gavia arctica (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
|
A mobella ártica[2][3][4][5], tamén chamado can de mar,[6] é unha ave da familia das Gaviidae.
Morfoloxía e hábitos
editarTrátase dun ave de 58-68 cm de lonxitude e un peso entre os 2000 e 3000 gramos. É meirande có mergullón cristado. Cabeza e caluga grises e o lombo de cor negra con faíscas brancas. No inverno a plumaxe é unicolor con tonalidades pardo ou gris escuro. Femia e macho son morfoloxicamente iguais. Aliméntase de peixes que captura durante os seus mergullos. Pode chegar a mergullarse durante 3 minutos sen interrupción. Atópase en lagoas grandes.
Reprodución
editarO período de cría vai de maio a xullo, facendo unha posta de 2 ovos. O tempo de incubación é de 28-30 días. Os polos voan ós dous meses. O niño adoita estar localizado na costa.
Distribución
editarNa época de cría está presente en Escandinavia, Escocia e noroeste de Rusia. Fóra da época de cría atópase ó longo da costa atlántica europea (agás Portugal), costa adriática, mar Exeo e o mar Negro.
Notas
editar- ↑ BirdLife International (2012). "Gavia arctica". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06.
- ↑ Conde Teira, Miguel Ángel (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada. Chioglossa.
- ↑ "mobella ártica". TERGAL. Consultado o 17 de abril de 2024.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ Lahuerta Mouriño, Fernando; Vázquez Álvarez, Francisco X. (2000). Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 84-453-2913-8.