Garza branca grande
A garza branca grande[2] (Egretta alba, Ardea alba ou Casmerodius albus) é unha garza presente en moitas das zonas de clima tropical e temperado do mundo.
Garza branca grande | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Adulto | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante [1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Ardea alba' Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||
Distribución da Garza Branca
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Casmerodius albus |
Descrición
editarA garza branca grande é unha garza de tamaño grande co peteiro amarelo e patas e pés gris escuros. Mide entre 85 e 100 cm de lonxitude, e ten unha envergadura de ás que vai de 145 a 170 cm, pesa ata 1,5 kg. En xeral, os machos son algo meirandes cás femias. O bico é longo e dereito. A cola curta. A plumaxe é uniformemente branca. Voan, coma tódalas garzas, co pescozo encollido, o que as diferencia das cegoñas e as grúas.
Distribución e hábitat
editarÉ a garza de distribución máis ampla. Vive no continente americano ata ó sur do Canadá, no sur e centro de Europa en África e no Oriente Medio. É unha especie parcialmente migratoria: os exemplares do hemisferio norte viaxan cara ó sur nos invernos máis fríos.
Habita en canavais preto de lagos, ríos e pantanos, nos que haxa tamén árbores e arbustos. Fóra da época de cría, atópase a gusto en zonas de chaira.
Alimentación
editarCome insectos, anfibios, peixes e ratos e mamíferos pequenos.
Reprodución
editarForman colonias de cría. Constrúen niños moi grandes de garabullos nas árbores. Poñen, entre abril e xuño, tres ou catro ovos.
Status
editarÉ unha especie en certa expansión, aínda que está en perigo nalgunhas áreas da súa distribución, como Nova Zelandia. En Australia é unha especie protexida. En Norteamérica foron cazadas en grandes cantidades a finais do século XIX para usa-las súas plumas na decoración de sombreiros, pero as súas poboacións aumentaron grazas ás medidas de protección. A destrución do seu hábitat é a ameaza máis grande para a súa supervivencia. Está incluída no AEWA (Acordo para a conservación das aves acuáticas de África e Eurasia).
Taxonomía
editarSegundo os autores o nome científico desta especie é Egretta alba, Ardea alba ou Casmerodius albus. Ten catro subespecies distribuídas por diferentes partes do mundo:
- E. a. modesta - Asia e Australasia.
- E. a. alba - Europa.
- E. a. egretta - Norteamérica.
- E. a. melanorhynchos - África.
Galería de imaxes
editar-
Garza branca grande pescando
-
Grupo de garzas brancas grandes
-
Garza branca grande no Brasil.
Notas
editar- ↑ BirdLife International (2010). "Casmerodius albus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2010 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 6 de marzo de 2011.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Garza branca grande |