Garda varega
A Garda varega era a garda persoal dos emperadores bizantinos, de procedencia nórdica (durante os séculos X e XI) tralos acordos acadados entre o Príncipe Vladimiro I de Kíiv e Basilio II de Bizancio.
Creación
editarEntre a segunda metade do século IX e a primeira do X os viquingos fundaron colonias ao longo do río Volga, organizando dende aí numerosos ataques contra Constantinopla. Tras saqueala no ano 860, o rei Vladimiro, de sangue viquingo, consagrouse con Basilio II, o para entón emperador bizantino, enviándolle un exército de 6000 homes á súa disposición. Basilio, dada o seu ben fundada desconfianza cara á cambiante lealdade dos seus gardas nativos, e coñecendo a profunda lealdade dos varegos, decidiu empregalos como garda persoal. A esta nova forza coñeceulla como a Garda Varega (en grego: Tagma ton Varangion, Τάγμα των Βαραγγίων)
Cunha machada de dobre fío como arma principal, aínda que anos despois adaptáronse á espada, o seu labor era lucir uniformes e armas en cerimonias e festexos, ademais colaborar na protección da familia imperial, sendo daquela o principal e máis importante corpo con esta tarefa.
Características
editarO núcleo fundacional estaba formado por viquingos varegos (isto é, o pobo que acabaría formando Rusia), aínda que co tempo incluíuse nela a saxóns, daneses e a outros homes procedentes do norte. A forza integrábana uns 6.000 homes entre os mellores pagos do exército bizantino e existiu durante 300 anos.
O máis coñecido de tódolos seus comandantes foi Harald III quen conquistou para os bizantinos territorios de África, Asia Menor e Bulgaria, ademais da Lombardía e Sicilia. Posteriormente este comandante regresou a Noruega e converteuse en Harald Haardrade, quen morreu tratando de conquistar Inglaterra na batalla de Stamford Bridge, terminado a Era Viquinga con esa derrota.
Os mercenarios varegos, á parte de protexer ao emperador, adoitaban acompañalo na guerra. Tiñan fama de homes hábiles e de grandes recursos, excelentes loitadores e, sobre todo, moi leais. Os historiadores bizantinos (especialmente Miguel Psellos) menciónanos como "os portadores de machada".
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Garda varega |