Galina Vishnevskaya

Galina Pavlovna Vishnevskaya (en lingua ruso Гали́на Па́вловна Вишне́вская), nada en Leningrado o 25 de outubro de 1926 e finada o 11 de decembro de 2012, foi unha soprano rusa.

Modelo:BiografíaGalina Vishnevskaya

(2008) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Галина Павловна Вишневская Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ru) Галина Павловна Иванова Editar o valor en Wikidata
25 de outubro de 1926 Editar o valor en Wikidata
San Petersburgo, Rusia Editar o valor en Wikidata
Morte11 de decembro de 2012 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio Novodevichii Editar o valor en Wikidata
EducaciónConservatório de Moscovo (pt) Traducir (–1966)
Q16678507 Traducir (–1944) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, autora de diarios, director teatral, biógrafa, cantante de ópera, profesora de música, directora de ópera Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1944 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica clásica e ópera Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoFronte Oriental (segunda guerra mundial) Editar o valor en Wikidata
TesituraSoprano Editar o valor en Wikidata

InstrumentoPiano e voz Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMstislav Rostropovich Editar o valor en Wikidata
FillosElena Rostropovich Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Вишневская Галина Павловна)
Biblioteca dixital BEIC
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0899631 Allocine: 229478 Allmovie: p73697
BNE: XX1155130 Musicbrainz: e11d1526-e57e-4d75-b38d-1a3014a8c835 Discogs: 1351877 Allmusic: mn0000682483 Find a Grave: 102037112 Editar o valor en Wikidata
Galina Vishnevskaya co seu home Mstislav Rostropovich

Traxectoria

editar

Vishnevskaya viviu na infancia coa súa avoa en Kronstadt fixo o seu debut profesional en 1944 cantando opereta, despois foi solita da Filharmónica de Leningrado e logo dun ano estudando con Vera Nikolayevna Garina, gañou unha competición organizada polo Teatro Bolshoi en Moscova en 1952 e ao ano seguinte converteuse en membro do Bolshoi.

O 9 de maio de 1960 fixo a súa primeira actuación en Saraxevo, no Teatro Nacional, como Aida. En 1961 debutou na Metropolitan Opera tamén como Aida; e ao seguinte ano na Royal Opera House no mesmo papel. Para o seu debut en La Scala en 1964, cantou a Liùno Turandot, xunto a Birgit Nilsson e Franco Corelli.

Ademais dos papeis habituais no repertorio ruso de ópera, Vishnevskaya tamén interpretou a Violetta, Tosca, Cio-cio-san, Leonore, e Cherubino e Benjamin Britten escribiu o papel de soprano do seu War Requiem (rematado en 1962) especialmente para ela[1].

Vishnevskaya estivo casada con Mstislav Rostropovich desde 1955 ata a súa morte en 2007, traballando xuntos regularmente (el ao piano ou como director). En 1974 pediron ás autoridades soviéticas permiso para residir fóra, asentándose nos Estados Unidos e París e en 1978 a URSS declarounos oficialmente renegados, retirándolles a cidadanía soviética. En 1984 publicou as súas memorias e en 2002 abriu o seu propio teatro da ópera en Moscova.

  1. Marjorie Wright The Rise and Fall of a La Scala Diva:Janus (2007), páx. 26

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar