Galimzian Khusainov

futbolista soviético

Galimzian Salikhovich Khusainov (en tártaro: Галимҗан Салих улы Хөсәенев), nado en Noboe Iglaikino o 27 de xuño de 1937, e finado en Moscova o 5 de febreiro de 2010, foi un futbolista e xogador de bandy soviético, de orixe tártara.[1] Xogaba como dianteiro e foi capitán do Dinamo Kuibyshev e tamén do Spartak de Moscova, club no que militou durante máis dunha década e do que é o terceiro máximo goleador histórico.[2]

Modelo:BiografíaGalimzian Khusainov
Biografía
Nacemento27 de xuño de 1937 Editar o valor en Wikidata
Nurlatsky, Rusia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte5 de febreiro de 2010 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaDanilov Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónHigher School of Coaches (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura1,64 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1957 Editar o valor en Wikidata - 1973 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaUnión Soviética Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1957–1960 FC Krilia Sovetov Samara 64(13)
1961–1973 Spartak Moscova 350(102)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1960–1966   Selección de fútbol da Unión Soviética 33(4)
Participou en
xullo de 1966Mundial de Fútbol Inglaterra 1966
xuño de 1964Eurocopa de Fútbol España 1964
1962Mundial de Fútbol Chile 1962 Editar o valor en Wikidata
Premios

FIFA: 52134 Editar o valor en Wikidata

Internacional en 33 ocasións coa selección de fútbol da Unión Soviética, foi subcampión da Eurocopa de 1964, na que marcou un gol na final ante España.[3][4]

Traxectoria

editar

Como futbolista

editar

Naceu en 1937 en Noboe Iglaikino, no distrito de Nurlatskii, por aquel entón parte da República Autónoma Socialista Soviética Tártara e hoxe dentro da República de Tatarstán. Comezou a súa carreira como futbolista en 1953 en Kuibyshev, no equipo xuvenil do Dinamo, pasando tres anos despois ao Krylya Sovetov da mesma cidade. Alí xogou durante 4 anos, sendo o líder e capitán do equipo.[4]

En 1960 recibiu ofertas de varios clubs, fichando finalmente polo Spartak de Moscova.[2] Capitán dende 1967, gañou co club dúas ligas soviéticas e tres Copas da URSS. Na final da Copa de 1963 marcou un gol olímpico ante o Shakhtar Donetsk.[4]

Selección soviética

editar

Debutou coa selección soviética o 17 de agosto de 1960 nun partido ante a selección da RDA, no que os soviéticos gañaron 1-0.[5] Disputou coa selección os Mundiais de 1962 e 1966, acadando no segundo deles as semifinais.

Marcou o seu primeiro gol internacional na final da Eurocopa de 1964, batendo a Iríbar e igualando o gol inicial de Chus Pereda, aínda que os soviéticos acabaron perdendo o partido tralo gol definitivo do galego Marcelino.[5] Disputou un total de 33 partidos coa URSS e marcou 4 goles.

Trala retirada

editar

Despois de colgar as botas traballou como adestrador asistente en varios equipos, como o propio Spartak Moscova e a selección soviética.[5] Ademais foi membro do Partido Comunista da Unión Soviética.[6]

Morreu a noite do 5 de febreiro de 2010, aos aos 73 anos de idade,[7] despois de padecer unha atrofia cerebral durante máis de 15 anos.[8] Foi soterrado o 9 de febreiro no cemiterio de Danilovskii.[9]

Recoñecementos

editar

Foi elixido Futbolista Soviético do Ano en 1963, mentres que quedou tres veces segundo (1961, 1964, 1965) e catro veces terceiro (1960, 1962, 1968, 1969). Ademais, os seus 142 goles como profesional fixérono entrar no Club Grigorii Fedotov, a lista de xogadores soviéticos/rusos con máis de 100 goles como profesionais.[10]

En 1967 foi condecorado como Mestre de Honra do Deporte da URSS.

Palmarés

editar
Spartak Moscova
 
Panteón de Khusainov no cemiterio de Danilovskii
  1. "Галимзян Хусаинов". kc-camapa.ru (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2022. Consultado o 15 de abril de 2022. 
  2. 2,0 2,1 "Галимзян ХУСАИНОВ". sport-express.ru (en ruso). Consultado o 15 de abril de 2022. 
  3. "Наш Галимзян Хусаинов" (en ruso). 10 de agosto de 2007. Consultado o 15 de abril de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Маленький гигант большого футбола" (en ruso). 25 de xullo de 2003. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2010. Consultado o 15 de abril de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Галимзян ХУСАИНОВ". rusteam.permian.ru (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2021. Consultado o 15 de abril de 2022. 
  6. "А НА ТРУСАХ - КАРМАН ДЛЯ ПАРТБИЛЕТА" (en ruso). 15 de agosto de 2007. Consultado o 15 de abril de 2022. 
  7. "СКОНЧАЛСЯ ГАЛИМЗЯН ХУСАИНОВ" (en ruso). 5 de febreiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2010. Consultado o 15 de abril de 2022. 
  8. "Прошли похороны легендарного спартаковца Хусаинова" (en ruso). 9 de febreiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2010. Consultado o 15 de abril de 2022. 
  9. "Гиля любит джаз" (en ruso). 28 de setembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2007. Consultado o 15 de abril de 2022. 
  10. "Club Grigorii Fedotov" (en ruso). 28 de marzo de 2003. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2014. Consultado o 15 de abril de 2022. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar