Galicia no tempo foi unha exposición realizada en 1991 sobre a arte galega no Mosteiro de San Martiño Pinario.[1] Organizada pola Xunta de Galicia en colaboración coa Generalitat de Cataluña cun orzamento de 600 millóns de pesetas, e con Xosé Manuel García Iglesias como comisario, presentaba arredor de 250 pezas de escultura e ourivaría de entre o século XVI e a idade moderna.

Casco de Leiro.

A exposición derivou tamén nunha serie de televisión dirixida e presentada por Eva Veiga e realizada por Carlos Oro, Ignacio F. Vigo [2] a primeira serie documental da CRTVG,[3] e nun disco homónimo de música ambiental interpretado polo grupo Milladoiro.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar