Galicia canta (1970)
Galicia canta foi un recompilatorio musical realizado en Caracas, Venezuela e lanzado no ano 1970 polo selo Pobovox. É considerado o primeiro LP da música galega[1].
Galicia canta | |
---|---|
Recompliación de varios artistas | |
Edición | 1970 |
Selo(s) | Pobovox |
Características
editarAdicado integramente á canción de intervención social, é contemporáneo ao movemento de Voces Ceibes e recolle cancións de varios dos seus membros. Nel participaron os músicos Benedicto, Xavier, Xerardo Moscoso, Miro Casabella, Guillermo, Xoán Rubia, cada un cun tema, e tamén Xulio Formoso, cantor galego-venezolano que colabora con seis cancións e ocupa toda a cara b do mesmo. Tamén colaboran como letristas e animadores o poeta Farruco Sesto Novás, o seu irmao J.J. Sesto, e Celso Emilio Ferreiro, que ademais toca o pandeiro no tema Pandeirada ao Che. Celso Emilio aparece nos créditos do disco co seu pseudónimo Arístides Silveira.
No ano 2007 a revista galega de música Sono-Tone considerou que Galicia Canta podería ser o segundo disco galego máis valorado por coleccionistas[2], calculando que o seu prezo superaría, nunha poxa, os 240 euros que viñan de pagarse ese mesmo ano polo primeiro traballo do grupo N.H.U.. e situándoo só por baixo do primeiro disco de Suso Vaamonde. O disco foi reeditado no ano 2014 pola Fundación Celso Emilio Ferreiro, cunha edición de 50 copias.
Lista de cancións
editar- "Romance Incompleto", por Xavier (Música: Xavier; Letra: Celso Emilio Ferreiro)
- "No Vietnam", por Benedicto (Música: Benedicto; Letra: Lois Diéguez)
- "O Umbral", por Xerardo Moscoso (Música: Xerardo Moscoso; Letra: X. Les)
- "Ti, Galiza", por Miro Casabella (Música: Miro Casabella; Letra: X. Costa e P.J. Puértolas)
- "Vento de Inxustiza", por Guillermo (Música e Letra: Guillermo Rojo)
- "A Emigración", por Xoán Rubia (Música: Xoán Rubia; Letra: Curros Enríquez)
- "A história do meu povo", por Xulio Formoso (Música: Xulio Formoso; Letra: J.J. Sesto)
- "Un vento ven", por Xulio Formoso (Música: Xulio Formoso; Letra: J.J. Sesto)
- "Cholo peruán", por Xulio Formoso (Música: Xulio Formoso; Letra: Farruco Sesto Novás)
- "Pandeirada ao Che", por Xulio Formoso (Música: Xulio Formoso; Letra: Farruco Sesto Novás)
- "Pola longa lonxanía", por Xulio Formoso (Música: Xulio Formoso; Letra: Celso Emilio Ferreiro)
- "O dedo na chaga", por Xulio Formoso (Música: Xulio Formoso; Letra: Celso Emilio Ferreiro)
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Galicia canta Arquivado 03 de xullo de 2008 en Wayback Machine.
- Ghastaspista.com Arquivado 20 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.