Gaivota polar

ave da familia dos láridos
Gaivota polar

Exemplar adulto
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Laridae
Xénero: Larus
Especie: L. glaucoides
Nome binomial
Larus glaucoides
Meyer, 1822
Subespecies

L. g. glaucoides Meyer, 1822
L. g. kumlieni Brewster, 1883

A gaivota polar[2][3] (Larus glaucoides) é unha ave pertencente á familia dos láridos.

Larus glaucoides

Características

editar

Gaivota grande semellante á Gaivota hiperbórea. O corpo é branco con ás grises de ton pálido. A cabeza e a cola presenta manchas agrisadas. Peteiro amarelo cun pequeno sinal vermello na parte inferior. As patas son alaranxadas.[4]

Distribución

editar

Cría en Groenlandia e no norte do Canadá, esporadicamente en Islandia[4]. A maior parte da súa poboación inverna na costa oriental Norteamericana, dende Terra Nova ata Florida[5]. Algúns individuos chegan ós grandes lagos e a zonas interiores dos Estados Unidos. É ocasional nas Illas Británicas e nas costas do Mar do Norte, Escandinavia e costa norte de Francia.[5] Moi rara nas costas do Mar Cantábrico e o noroeste da Península Ibérica[5]. Ausente do sur de Europa[5].

En Galicia

editar

Invernante accidental nas costa da provincia da Coruña, sobre todo exemplares xuvenís e entre xaneiro e marzo[5]. Existen citas históricas entre os meses de outubro e marzo na provincia de Pontevedra, mais ningunha delas homologada[5].

  1. Butchart, S.; Symes, A. (2012). "Larus glaucoides". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2012: e.T22694346A39183818. Consultado o 4 May 2016. 
  2. Xosé M. Pernas Patiño, Carlos Pedreira López, Calros Silvar (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. p. 250. 
  3. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2017. Consultado o 15 de xullo de 2016. 
  4. 4,0 4,1 Svensson, Lars (2010). Ediciones Omega, ed. Guía de aves: España, Europa y región mediterránea. ISBN 978-84-282-1533-6. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Paterson, Andrew M (1997). Lynx Edicions, ed. Las aves marinas de España y Portugal. ISBN 84-87334-21-0. 

 
 Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.