Fuendetodos

Concello de Aragón

Fuendetodos é un concello español da provincia de Zaragoza na comunidade de Aragón. Coñécese sobre todo porque nunha das súas casas naceu o pintor Francisco de Goya no ano 1746.

Modelo:Xeografía políticaFuendetodos
Imaxe

Localización
Mapa
 41°20′29″N 0°57′34″O / 41.3413, -0.9595
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAragón
ProvinciaProvincia de Zaragoza Editar o valor en Wikidata
CapitalFuendetodos Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación150 (2023) Editar o valor en Wikidata (2,41 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie62,199203 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude750 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJoaquin Gimeno Salueña (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal50142 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico976 Editar o valor en Wikidata
Código INE50114 Editar o valor en Wikidata

Sitio webfuendetodos.org Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453945

Etimoloxía

editar

O nome desta vila débese á Fuente Vieja (a fonte de todos) e nun principio chamouse Fuentedetodos. Dende o século XIV, a vila era dominio da familia Fernández de Heredia, coñecidos como Condes de Fuentes.

Economía

editar

A poboación dedicouse tradicionalmente á agricultura de secaño e á gandería de ovino e caprino. Durante séculos, as canteiras de pedra caracoleña, exclusiva de Fuendetodos e a industria do xeo (chegou a haber 22 "neverones" ou neveiras que vendían o xeo principalmente ós mercados zaragozanos) achegaron importantes ingresos á vila. Hoxe en día adquiriu maior importancia a produción de enerxía eólica e sobre todo os servizos derivados do turismo (20 000 visitantes anuais).

Xeografía

editar

Boa parte do concello está cuberto por piñeiro carrasco (Pinus halepensis), conservado por pertencer durante séculos ós Condes de Fuentes, pasando despois a propiedade municipal. Carrascas ou aciñeiras salpicadas polas serras testemuñan presenza previa do carrascal, con bosques caducifólios de lodoeiros, pradairos de montpellier e terebintos, nos que poden atoparse cinco especies de fentos.

Lugares de interese

editar

Casa natal de Goya e o Museo do Gravado

editar

A casa onde naceu o pintor español foi construída a comezos do século XVIII. A poucos metros estableceuse o Museo do Gravado, inaugurado en 1989, onde se exhibe a obra gráfica de Goya e todo o relacionado coas técnicas de gravado.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.