Freaky Fortune
Freaky Fortune é un dúo musical grego asociado coa música dance, electrónica e o rap. Foi fundado no ano 2011.
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Período de actividade | 2011 - |
Xénero artístico | Música para bailar |
Selo discográfico | Panik Records (en) |
Participou en | |
10 de maio de 2014 | Festival de Eurovisión 2014 (20º) |
Sitio web | panikrecords.gr |
Os seus membros son o vocalista Nicolás Nick Raptakis (en grego Νικόλας Ραπτάκης, nado en Atenas o 30 de abril de 1990) e o produtor musical Theofilos Pouzbouris (en grego Θεόφιλος Πουζμπούρης, nado en Atenas o 9 de febreiro 1991).
Descubrimento
editarForon descubertos en Internet, tras participar cun cover na competición de covers Can You Sing?[1], de Perez Hilton. Interpretaron un cover da canción Part of Me de Katy Perry, co cal foron eloxiados posteriormente.
Despois da súa vitoria, lanzaron tres sinxelos: Our Destiny[2], Stronger[3] e All I need[4], cos que tiveron un grande éxito nas radios do seu país.
En 2014 convertéronse nos representantes de Grecia para o Festival de Eurovisión 2014 nunha colaboración co rapeiro Riskykidd coa canción Rise up[5].
Eurovisión 2014
editarFreaky Fortune participaron na preselección grega para o Festival de Eurovisión de 2014 chamada Eurosong 2014 – a MAD show (organizado por unha cadea privada) na que foron seleccionados coa canción Rise Up para representar a Grecia en Copenhaguen, sede do festival.
A canción, que é unha mestura de dance e rap conseguindo así un aire moi festivo, colocouse entre as primeiras nas casas de apostas ata o final do festival[6]. Participaron na 2ª semifinal de Eurovisión 2014 na cal quedaron 7º cun total de 74 puntos clasificándose así para a Gran Final do 10 de maio na cal actuaron na posición número 10 e quedando finalmente na 20º posición cun total de 35 puntos, non cumprindo así as expectativas que anunciaban as casas de apostas.
Notas
editar- ↑ https://www.youtube.com/watch?v=dKxrt0puazM
- ↑ https://www.youtube.com/watch?v=mdXJk4N_M5M
- ↑ https://www.youtube.com/watch?v=l7wRQ7YSjxs
- ↑ https://www.youtube.com/watch?v=D_wVE2xgHw0
- ↑ https://www.youtube.com/watch?v=z8QIbL9i2MU
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2014. Consultado o 12 de maio de 2014.