Francisco de la Torre
Francisco de la Torre Prados, coñecido popularmente como Paco de la Torre, nado na cidade de Málaga o 21 de decembro de 1942, é un político andaluz que leva desempeñando cargos públicos durante máis de cinco décadas en Málaga e na súa provincia. Na actualidade é o alcalde de Málaga.
(2010) | |
Nome orixinal | (es) Francisco de la Torre Prados |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 21 de decembro de 1942 (82 anos) Málaga, España |
Senador de España | |
13 de decembro de 2011 – 20 de xuño de 2014 | |
Alcalde de Málaga | |
2000 – ← Celia Villalobos | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
13 de marzo de 1979 – 31 de agosto de 1982 Lexislatura: I lexislatura de España Circunscrición electoral: Málaga Electo en: Eleccións Xerais 1979 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
1 de xullo de 1977 – 2 de xaneiro de 1979 Lexislatura: Lexislatura Constituínte de España Circunscrición electoral: Málaga Electo en: Eleccións Xerais 1977 en España | |
Procurador en Cortes | |
11 de novembro de 1971 – 4 de marzo de 1976 – Francisco Cabeza López (en) → Lexislatura: X lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
16 de xuño de 1971 – 12 de novembro de 1971 ← José Marqués Íñiguez (en) Lexislatura: IX lexislatura das Cortes franquistas | |
Q42409076 | |
1971 – 1975 | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Universidade de Rennes (1965–1967) Universidade de Salamanca (1961–1965) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, enxeñeiro agrónomo |
Partido político | Partido Popular (1995–) Unión de Centro Democrático |
Membro de | |
Premios | |
Inicios políticos
editarÉ licenciado en Socioloxía e doutor Enxeñeiro Agrónomo. Especialista en Desenvolvemento Rexional pola Universidade de Rennes (Francia).
Traballou no Instituto Nacional de Investigacións Agronómicas (1967). Asesor enviado polo goberno español a gobernos latinoamericanos en temas de reforma e desenvolvemento agrario (1968-1969).Os seus inicios na vida pública local malagueña remóntanse ao seu labor na Asociación de Amigos da Universidade de Málaga, entidade que xogou un destacado papel na consecución da creación desa universidade.[1] Con 28 anos, en 1971, é designado polo franquismo presidente da Deputación de Málaga, feito que foi interpretado pola sociedade malagueña como un signo de apertura cara a unha etapa reformista no marco da cerrada política española da época.[2] As súas posicións de claro compromiso liberal, e dunha España para todos, deron como resultado que cesara no cargo en 1975.[3]
Nos momentos da transición cara á democracia, fundou e presidiu o Partido Andaluz Socialdemócrata, formación que posteriormente se integrou na Unión de Centro Democrático xunto coa Federación Socialdemócrata de Francisco Fernández Ordóñez.
Etapa en UCD
editarComo militante de UCD foi Presidente provincial en Málaga e Secretario Rexional de Andalucía nos anos 1979 e 1980, así como deputado no Congreso en representación da provincia de Málaga entre 1977 e 1982. Entre maio de 1978 e xuño de 1979 foi Conselleiro de Economía, Facenda e Turismo[4] da primeira Xunta Preautonómica de Andalucía, que presidiu Plácido Fernández Viagas, do PSOE.
Ao disolverse a UCD en 1982, volve exercer como enxeñeiro agrónomo na súa praza da administración pública, como xefe de servizo na Delegación de Agricultura de Málaga. Durante o resto da década dos 80 colabora no proxecto do Partido Reformista Democrático (PRD) liderado por Miquel Roca Junyent, do que foi responsable provincial en Málaga, e co Centro Democrático y Social (CDS) de Adolfo Suárez. Nesta época foi a primeira voz da sociedade civil malagueña que defendeu publicamente a inclusión de Málaga na rede española de trens de alta velocidade, nun momento no que o goberno español non contemplaba a chegada da alta velocidade a Málaga, mentres que os estudos e ditames da Comisión de Transportes do Parlamento Europeo si o facían.[5]
Etapa no Partido Popular
editarPosteriormente, nos anos 90, o seu acercamento ao Partido Popular (xa refundado como tal) tradúcese publicamente na súa presenza apoiando a candidatura do PP nas eleccións andaluzas de 1994, concorrendo ao ano seguinte, aínda como independente, ás eleccións municipais na lista de dito partido ao Concello de Málaga.
Tenente de alcalde do goberno encabezado por Celia Villalobos, foi concelleiro Delegado de Urbanismo, simultaneando esta responsabilidade coa doutras áreas como Vivenda, Obras, Desenvolvemento Territorial ou Transporte, entre 1995 e 2000.
Desde o ano 2000 é o alcalde de Málaga. Debeu afrontar ao mes de chegar ao cargo o asasinato de José María Martín Carpena, concelleiro do seu equipo de goberno matado por ETA, atentado ao que a cidade de Málaga respondeu coa manifestación máis multitudinaria da súa historia. Poucos meses despois asasinaban o seu cuñado Luis Portero García -Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía- no portal da súa casa, o 9 de outubro dese mesmo ano, cun tiro na caluga.
De 2001 a 2003 foi presidente de Facendas Locais e membro da Comisión Executiva da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). En 2003 gaña as eleccións municipais por maioría absoluta. Foi así mesmo presidente da Comisión de Mobilidade e Accesibilidade da Federación Española de Municipios e Provincias e vicepresidente primeiro da Federación Andaluza de Municipios e Provincias.
Nas eleccións municipais de maio de 2007 renovou a súa maioría absoluta no Concello de Málaga.
Actualmente é Membro da Comisión Executiva e Presidente da Comisión de Accesibilidade e Mobilidade da FEMP, Vocal da Comisión Executiva de Federación Andaluza de Municipios e Provincias (FAMP) , Vocal do Consello Municipalista Andaluz e Presidente do Spain Convention Bureau.
O 22 de maio de 2011 volve ser elixido alcalde de Málaga por maioría absoluta para os próximos catro anos de lexislatura. O 20 de novembro dese mesmo ano é elixido senador nas eleccións xerais, sendo o candidato máis votado da provincia.[6]
Honras
editar- É oficial de honra da Orde do Imperio Británico[7].
Notas
editar- ↑ "Málaga, historia de un siglo. La Universidad de Málaga".
- ↑ "Francisco de la Torre, un caballero británico. (Ignacio Martínez. El País, 23 octubre 2000)".
- ↑ "La Laguna Ahora. Periódico digital.". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2009. Consultado o 01 de decembro de 2012.
- ↑ "Diputados de todas las legislaturas".
- ↑ "Artículo en el Diario Sur en 1988" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de agosto de 2014. Consultado o 01 de decembro de 2012.
- ↑ Francisco de la Torre se convierte en el senador más votado
- ↑ O, L. (2022-09-05). "Francisco de la Torre ya es Oficial Honorario de la Orden del Imperio Británico". La Opinión de Málaga (en castelán). Consultado o 2022-09-06.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco de la Torre |
Predecesor: Celia Villalobos |
Alcalde de Málaga Desde o 4 de maio de 2000 |
Sucesor: No cargo |
Predecesor: " |
Conselleiro de Economía, Facenda e Turismo da Xunta Preautonómica de Andalucía 1978-1979 |
Sucesor: Pedro Valdecantos |
Predecesor: " |
Presidente da Deputación de Málaga 1971-1975 |
Sucesor: " |
Predecesor: Manuel Arjona Santana (máis votado) |
Senador nas Cortes Xerais de España 2011-2014 |
Sucesor: María Ángeles Muñoz Uriol (máis votada) |
Predecesor: " |
Presidente Provincial de UCD en Málaga 1979-1980 |
Sucesor: Ninguén |
Predecesor: " |
Secretario Rexional de UCD en Andalucía 1979-1980 |
Sucesor: " |
Predecesor: " |
Deputado no Congreso das Cortes Xerais de España 1977-1982 |
Sucesor: " |