Francisco Tárrega
Francisco de Asís Tárrega Eixea, nado en Vila-real, Castelló o 21 de novembro de 1852, e finado en Barcelona o 15 de decembro de 1909, foi un compositor e guitarrista español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de novembro de 1852 Vila-real, España |
Morte | 15 de decembro de 1909 (57 anos) Barcelona, España |
Educación | Real Conservatorio Superior de Música de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista, guitarrista clásico, compositor, pianista |
Período de actividade | 1874 - 1909 |
Membro de | |
Xénero artístico | Romanticismo musical |
Profesores | Julián Arcas (pt) e Miguel Galiana Folqués (pt) |
Alumnos | Salvador García "Pancha Verda" (pt) , Rita Brondi (en) , Daniel Fortea (en) , Emilio Pujol (pt) , Miguel Llobet (en) e Josefina Robledo Gallego (pt) |
Instrumento | Guitarra clásica e guitarra |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Brief Biographical Dictionary of Foreign Composers (en) , (p.207), |
Traxectoria
editarUn accidente marcou a súa nenez cando, ó parecer, caeu a unha cal nun descoido da súa coidadora, e a súa vista quedou danada. O seu pai, por medo a que quedase cego, trasladouse a Castelló de la Plana para que asistise a clases de música e puidese gañarse a vida como músico.
Entrou no Conservatorio de Madrid en 1874, onde estudou composición con Emilio Arrieta. A finais de 1870 ensinaba guitarra (Emilio Pujol e Miguel Llobet foron alumnos seus) e daba concertos con regularidade. Virtuoso do seu instrumento, era coñecido como o Sarasate da guitarra. En 1880 deu recitais en París e Londres.
Durante o inverno de 1880, substituíu o seu amigo e guitarrista Luis de Soria nun concerto en Novelda (Alacant), cidade onde coñeceu a súa futura esposa, María Rizo.
Xiras e concertos
editarEn 1881, despois dun concerto en Lión, chegou a París, onde coñeceu os personaxes máis importantes da época. Actuou en varios teatros, e foi convidado a tocar para a raíña Isabel II de España. Logo de tocar en Londres, volveu a Novelda para contraer matrimonio coa súa prometida María Rizo.
Realizou frecuentes xiras: Perpiñán (Francia), Cádiz (España), Niza (Francia), Mallorca (España), París, Valencia e máis. En Valencia coñeceu a Conxa Martínez, rica viúva que o tomou baixo a súa protección artística e que lle ofreceu a el e á súa familia unha casa en Barcelona. Alí é onde compuxo a maior parte das súas máis famosas obras.
De volta dunha viaxe a Granada escribiu o trémolo Recuerdos de la Alhambra, e en Alxeria chegoulle a inspiración para compoñer Danza mora. Alí coñeceu a Camille Saint-Saëns e máis tarde, en Sevilla, escribiu a maior parte dos seus Estudios. Ó seu querido amigo e compositor Tomás Bretón dedicoulle o Capricho árabe.
Instalouse en 1885 en Barcelona, e alí morreu o 15 de decembro de 1909.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Tárrega |
Bibliografía
editar- Andia, Rafael: Francisco Tárrega, Collected guitar works, Reprints of early editions. Chanterelle 1001 e 1002. ISBN 3-89044-125-4