Javier Urruticoechea
Francisco Javier González Urruticoechea máis coñecido coma Urruti, nado en Donostia o 17 de febreiro de 1952 e finado en Esplugues de Llobregat (provincia de Barcelona) o 24 de maio de 2001 foi un futbolista vasco que xogaba na demarcación de gardameta. Foi un dos porteiros da liga española con maior prestixio dos anos 80 e foi internacional coa selección de fútbol de España.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 17 de febreiro de 1952 Donostia, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 24 de maio de 2001 (49 anos) Esplugues de Llobregat | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1973 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1986 | Mundial de Fútbol México 1986 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1982 | Mundial de Fútbol España 1982 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1980 | Eurocopa de Fútbol Italia 1980 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1978 | Mundial de Fútbol Arxentina 1978 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarComezou xogando no SD Lengokoak pasando pronto a xogar no San Sebastián CF, filial da Real Sociedad. No ano 1973 debuta co primeiro equipo e ao ano seguinte afianzábase na portería, dándolle o relevo a José Ramón Esnaola Laburu. Nos seus comezos no equipo vasco competiu pola titularidade con Pedro María Artola ata a chegada á titularidade de Luis Miguel Arconada, que faría que tanto Urruti coma Artola deixaran o equipo para fichar por RCD Espanyol e FC Barcelona respectivamente.
Chegou ao RCD Espanyol comezada a tempada 1977/78, facéndose coa titularidade dende o primeiro momento. As súas boas actuación fixeron que fichase polo FC Barcelona de cara á tempada 1981/82 para substituír o que xa fora compañeiro seu na Real Sociedade, Pedro María Artola. Xogando nas filas do Barcelona gañou o Trofeo Zamora ao porteiro menos goleado da Primeira División.
Co tempo na portería catalá substituiríao o tamén porteiro vasco, Andoni Zubizarreta.
Coa selección de fútbol
editarA pesar de ir convocado a tres Mundiais (Arxentina 78, España 1982 e México 1986) non chegou a debutar en ningún deles, ao igual que na Eurocopa de Fútbol Italia 1980, a causa da titularidade indiscutíbel de Luis Miguel Arconada. En total so disputou cinco encontros coma titular, encaixando 6 goles.
Debutou en Xixón o 29 de marzo de 1978 ante Noruega, con vitoria de España por tres a cero.
Palmarés
editarCampionatos estatais
editarCopas internacionais
editarTítulo | Equipo | País | Ano |
---|---|---|---|
Recopa de Europa | FC Barcelona | España | 1982 |
Distincións individuais
editarDistinción | Ano |
---|---|
Trofeo Zamora | 1984 |