Francis Ford Coppola

director de cine estadounidense

Francis Ford Coppola, nado en Detroit (Míchigan) o 7 de abril de 1939, é un director de cine estadounidense, amais de guionista, editor de revistas e propietario dunha empresa hostaleira. Membro dunha familia estreitamente vencellada co mundo do cine, Coppola e tío do actor Nicolas Cage, pai da tamén directora de cine Sofia Coppola, irmán da actriz Talia Shire e fillo de Carmine Coppola.

Modelo:BiografíaFrancis Ford Coppola

(2024) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de abril de 1939 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Detroit, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Presidente do xurado do Festival de Cannes

← Jeanne MoreauIsabelle Adjani → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaVale de Napa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoÍtalo-americanos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Hofstra (pt) Traducir
John L. Miller Great Neck North High School (en) Traducir
Jamaica High School (en) Traducir
Universidade de California, Os Ánxeles
Escola de Teatro, Cinema e Televisión de UCLA
New York Military Academy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura182 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoProdución de cinema, dirección de cine, guión cinematográfico e Viticultura Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónguionista, actor, viticultor, realizador, produtor, actor de cinema, compositor, montador, produtor de cinema, produtor delegado, director de cinema, escritor, empresario Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1962 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoFilme sobre crime, cinema dramático, Cinema de terror, filme de misterio, cinema bélico, filme de suspense, gangster film (en) Traducir, filme de fantasía, cinema de terror psicolóxico, cinema de suspense psicolóxico, filme de acción, crime thriller film (en) Traducir, war drama (en) Traducir, crime drama film (en) Traducir, filme épico (pt) Traducir, historical drama film (en) Traducir, filme histórico, gothic horror film (en) Traducir, filme gótico (pt) Traducir, cinema de aventuras, body horror film (en) Traducir, cinema romántico, slasher (pt) Traducir e Filme de terror sobrenatural (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeEleanor Coppola (1963–2024), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosGian-Carlo Coppola, Roman Coppola, Sofia Coppola Editar o valor en Wikidata
PaisCarmine Coppola Editar o valor en Wikidata  e Italia Coppola Editar o valor en Wikidata
IrmánsTalia Shire
August Coppola Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000338 Allocine: 372 Rottentomatoes: celebrity/francis_ford_coppola Allmovie: p85868 TCM: 38909 TV.com: people/francis-ford-coppola IBDB: 71775
Instagram: francisfordcoppola Youtube: UCoYOlthN2PmOIGhmSEcp6oA BNE: XX883793 Musicbrainz: 2027f439-a29c-4d28-9b97-c05b350b18da Discogs: 980417 WikiTree: Coppola-114 Editar o valor en Wikidata
Francis Ford Coppola.

Traxectoria

editar

Inicios

editar

Coppola estudou teatro na Universidade Hofstra, antes de estudar cinematografía na Universidade de California nos Ánxeles (UCLA). A inicios dos anos 1960, comezou a súa carreira profesional facendo filmes de baixo custo con Roger Corman e escribindo guións. O seu primeiro filme de baixo orzamento notable foi feito para Corman e chámase Dementia 13.

A Coppola ofrecéronlle dirixir un filme baseado na obra musical de Broadway O val do arco da vella, protagonizada por Petula Clark -no seu primeiro filme americano- e o veterano Fred Astaire, e producida por Jack Warner, quen quedou desconcertado ó ver o aspecto hippie de Coppola naquela época. Adecuando material obsoleto a unha época onde os musicais non eran populares, Coppola logrou facer un filme semi-exitoso, pero o seu traballo con Clark contribuíu a que ela gañase o seu primeiro nomeamento para o Globo de Ouro como mellor actriz.

En 1971, Coppola gañou un premio Oscar ó mellor guión orixinal xunto con Edmund H. Northon polo filme Patton. Con todo, o seu renome como creador de películas empezou con O padriño que co-escribiu e dirixiu, e con O padriño (II parte). Por ambas as películas gañou o Oscar á mellor película.

En 1974, antes de facer O padriño (II parte), Coppola dirixe o filme A conversación, onde narra a historia dun paranoico fisgón telefónico e experto en espiar a persoas específicas (protagonizado por Gene Hackman) quen se atopa involucrado nun plan secreto para realizar un posible asasinato. Esta película foi candidata ó Oscar á mellor película, polo que Coppola se converteu no segundo director na historia de Hollywood en estrear dúas películas o mesmo ano e ser candidatas ambas ó Oscar á mellor película o mesmo ano. Mentres O padriño (II parte) gañou este premio, A conversación gañou a Palma de Ouro no Festival de Cannes de 1974.

Durante este período tamén escribiu o guión para o remake de 1974, O Gran Gatsby e, produciu a innovadora película de George Lucas, American Graffiti.

Desde 1979

editar

Despois do éxito da saga sobre a Familia Corleone, en 1979 realizou Apocalypse Now, unha ambiciosa versión da novela de Joseph Conrad Corazón da escuridade, ambientada na Guerra de Vietnam. A produción estivo marcada por continuos problemas debidos ás difíciles condicións da rodaxe na selva filipina, ademais dun infarto do seu protagonista Martin Sheen e a aparencia arrogante de Marlon Brando, pero tamén polo esixente nivel creativo imposto polo seu director, quen continuou reescribindo freneticamente o guión durante a rodaxe. Todo iso alimentou o pánico do estudo que financiaba a película, e unha lenda que lle supuxo o sobrenome de Apocalipse/Apocalipse en calquera momento. O filme foi tan admirado como reprobado polos críticos de cine cando se estreou, aínda que alcanzou un resultado de recadación bastante notable. O filme documental Hearts of Darkness: A Filmmaker's Apocalypse, dirixido por Eleanor Coppola (a esposa de Francis), Fax Bahr e George Hickenlooper, relata a crónica das dificultades do equipo de produción.

Tras ela realiza en 1982 Corazonada, un musical atípico e experimental que supuxo un gran fracaso de recadación, aínda que cultivou un grande aprecio entre un certo sector de críticos e afeccionados, e que, debido á súa custosa produción que incluíu a reprodución en estudo de parte da cidade de Las Vegas, sumiu ó entón novo estudo de Coppola, American Zoetrope, nun longo período de ruína. Aínda así, en 1983 dirixe A lei da rúa e Rebeldes, ambas as dúas baseadas en novelas de Susan E. Hinton. A pesar de pasar case inadvertida para o público na súa estrea, A lei da rúa constitúe unha das súas obras máis persoais e inspiradas, e ten a gala o descubrimento dun entón descoñecido grupo de novos actores: Matt Dillon, Mickey Rourke, Diane Lane, Vincent Spano e Nicolas Cage, que posteriormente tiveron unha exitosa carreira no cine comercial.

Tamén colaborou con George Lucas como produtor executivo en numerosos proxectos desde 1980, entre eles os filmes experimentais Koyaanisqatsi, Powaqqatsi e Naqoyqatsi do director Godfrey Reggio e Mishima, sobre a vida do escritor xaponés Yukio Mishima.

En 1990, filmou The Godfather Part III, película coa que conclúe a triloxía sobre a Mafia Italiana nos EUA, que non foi tan admirada polos críticos como o foron as anteriores entregas, pero si foi un éxito de recadación. A súa filla, Sofia interpretou o papel de Mary, filla de Michael Corleone, tralo abandono de Winona Ryder xusto ó comezo da rodaxe.

Nos últimos anos dedicouse tamén a outros negocios, como a elaboración de viños no Val de Napa de California, coa súa adega Niebaum-Coppola. Tamén produce unha liña de especial de pastas e salsas e abriu hoteis en Guatemala, Belize, e recentemente en Buenos Aires, no exclusivo barrio de Palermo.

En 1997, Coppola fundou Zoetrope All-Story, unha revista literaria que publica historias curtas. A revista publicou relatos de ficción de T. C. Boyle e Amy Bloom, e ensaios de David Mamet, Steven Spielberg e Salman Rushdie. Desde a súa fundación, a publicación medrou en reputación para chegar a ser unha das máis importantes especializadas na ficción literaria. Coppola serve tanto como editor fundador e publicista de todo tipo de historias.

Os seus fillos seguíronlle na súa carreira cinematográfica. Sofia, a pesar das malas críticas iniciais cultivadas pola súa interpretación en The Godfather Part III, alcanzou unha gran reputación como directora e guionista cos filmes The Virgin Suicides, Lost in Translation e María Antonieta. Outro fillo, Roman Coppola, tamén realizou algúns filmes. Ademais dos seus fillos, o seu pai, Carmine Coppola, foi un renomeado compositor e músico, e escribiu as melodías de moitos filmes dos seus filmes; o seu sobriño Nicolas Cage é un recoñecido actor, así como a súa irmá Talia Shire (protagonista da saga de Rocky e actriz secundaria da saga O padriño).

En 2015, recibiu o Premio Princesa de Asturias das Artes.

Filmografía selecta

editar
  1. Kinsey (2004, co-produtor)
  2. The Rainmaker (1997, director)
  3. Jack (1996, director)
  4. The secret garden (1993, produtor executivo)
  5. Drácula de Bram Stoker (1992, director)
  6. O padriño (III parte) (1990, director)
  7. Tucker (1988, director)
  8. Gardens of Stone (1987, director)
  9. The Cotton Club (1984, director)
  10. Peggy Sue casou (1986, director)
  11. The Outsiders (1983, director)
  12. Rumble Fish (1983, director)
  13. Corazonada (1982, director)
  14. Apocalypse Now (1979, director)
  15. O padriño (II parte) (1974, director)
  16. A conversación (1974, director)
  17. O padriño (1972, director)
  18. A xente da choiva (1969, director)
  19. O val do arco da vella (1968, director)
  20. Xa es un home (1966, director)
  21. Dementia 13 (1963, director)

Premios

editar
Ano Categoría Película Resultado
1991 Óscar ó mellor filme The Godfather Part III Candidato
1991 Óscar ó mellor director The Godfather Part III Candidato
1979 Óscar ó mellor filme Apocalypse Now Candidato
1979 Óscar ó mellor director Apocalypse Now Candidato
1979 Óscar ó mellor guión adaptado Apocalypse Now Candidato
1974 Óscar ó mellor filme A conversación Candidato
1974 Óscar ó mellor filme O padriño (II parte) Gañador
1974 Óscar ó mellor director O padriño (II parte) Gañador
1974 Óscar ó mellor guión orixinal A conversación Candidato
1974 Óscar ó mellor guión adaptado O padriño (II parte) Gañador
1973 Óscar ó mellor filme American Graffiti Candidato
1972 Óscar ó mellor director O padriño Candidato
1972 Óscar ó mellor guión adaptado O padriño Gañador
1970 Óscar ó mellor guión orixinal Patton Gañador
Ano Categoría Película Resultado
1991 Globo de Ouro á mellor película - Drama The Godfather Part III Candidato
1991 Globo de Ouro ó mellor director The Godfather Part III Candidato
1984 Globo de Ouro ó mellor director Cotton Club Candidato
1979 Globo de Ouro á mellor película - Drama Apocalypse Now Candidato
1979 Globo de Ouro ó mellor director Apocalypse Now Gañador
1974 Globo de Ouro á mellor película - Drama A conversación Candidato
1974 Globo de Ouro á mellor película - Drama O padriño (II parte) Candidato
1974 Globo de Ouro ó mellor director A conversación Candidato
1974 Globo de Ouro ó mellor director O padriño (II parte) Candidato
1973 Globo de Ouro á mellor película - Comedia ou musical American Graffiti Gañador
1972 Globo de Ouro ó mellor director O padriño Gañador
Ano Categoría Película Resultado
1979 Palma de Ouro Apocalypse Now Gañador
1974 Palma de Ouro A conversación Gañador
1966 Palma de Ouro Xa es un home Candidato

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar