Francesc Macià
Francesc Macià i Llussà, nado en Vilanova i la Geltrú o 21 de outubro de 1859 e finado en Barcelona o 25 de decembro de 1933, foi un político e militar catalán de ideoloxía republicana e independentista catalá. Foi tenente coronel do exército de terra, 122º Presidente da Generalitat de Cataluña (sucedido por Lluís Companys i Jover) e un dos fundadores dos partidos Estat Català e Esquerra Republicana de Catalunya.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Francesc Macià i Llussà 21 de setembro de 1859 Vilanova i la Geltrú, España |
Morte | 25 de decembro de 1933 (74 anos) Barcelona, España |
Causa da morte | Apendicite |
Lugar de sepultura | Camposanto de Montjuïc, plaça de la Fe 41°21′21″N 2°09′17″L / 41.355869, 2.154688 |
Deputado nas Cortes republicanas | |
19 de novembro de 1933 – 25 de decembro de 1933 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Barcelona (capital) (en) | |
122º Presidente da Generalitat de Cataluña | |
14 de decembro de 1932 – 25 de decembro de 1933 ← Josep de Vilamala (en) – Lluís Companys → | |
Deputado do Parlamento de Cataluña | |
1932 – 1933 | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
13 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933 Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Lérida (en) | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
9 de xullo de 1931 – 31 de agosto de 1931 – Pedro Rahola (en) → Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Barcelona (capital) (en) | |
1º Presidente de Esquerra Republicana de Catalunya | |
22 de febreiro de 1931 – 25 de decembro de 1933 ← sen valor – Lluís Companys → | |
Deputado das Cortes | |
30 de marzo de 1907 – 15 de setembro de 1923 ← Luis Armiñán Pérez Circunscrición electoral: Q65210009 | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid Barcelona |
Ocupación | político, militar |
Partido político | Estat Català Esquerra Republicana de Catalunya |
Carreira militar | |
Rama militar | Forzas Armadas de España |
Rango militar | tenente coronel |
Familia | |
Cónxuxe | Eugènia Lamarca i de Mier |
Fillos | Josefina Macià i Lamarca, Q113551823 |
Descrito pola fonte | Svensk uppslagsbok |
Traxectoria
editarAos quince anos ingresou na Academia de Enxeñeiros Militares de Guadalaxara. Aos seis meses termina formación e pasa destinado como tenente a Madrid na sección de telegrafía. Foi destinado a Sevilla co grao de Capitán (1882) e despois a Lleida, onde chegaría a Tenente Coronel. Casou con Eugenia Lamarca filla de terratenentes leridanos.
Con todo tivo que saír da institución militar logo de condenar o ataque dalgúns oficiais do exército ao semanario La Veu de Catalunya en 1905. Daquela, algúns oficiais asaltaron a imprenta na que se elaboraba o semanario que publicara unha caricatura da revista Cu-Cut que consideraron vexatoria para os oficiais destinados en Cataluña. No canto de tomarse medidas contra os militares déuselles a razón e os autores da caricatura foron xulgados por un Tribunal Militar.
Logo dunha fracasada viaxe a Moscova para pedir axuda ás autoridades comunistas decidiu contar exclusivamente coas súas forzas e organizar directamente unha incursión armada en Cataluña.
En 1922 fundou o partido separatista Estat Català (Estado Catalán), en 1931 o partido fusiónase con Esquerra Republicana de Catalunya gozando de autonomía interna. En 1926 con Estat Català intentou unha acción armada contra a ditadura de Primo de Rivera, desde Prats-de-Mollo-la-Preste (o denominado «complot de Prats de Molló»), en Francia. Este intento foi abortado pola Gendarmería francesa, pero lle fará gañar moita popularidade en Cataluña. Abortado o complot, Macià foi detido e desterrado a Bélxica. Tras residir uns cantos meses en Bruxelas, entrou clandestinamente na Arxentina, onde residiu máis de medio ano. Fundou na Habana o Partido Separatista Revolucionario de Cataluña, do cal foi presidente e no que estudou por primeira vez a posibilidade de constituír unha República Catalá (setembro-outubro de 1928).
Caída a ditadura do xeneral Primo de Rivera (xaneiro de 1930), Macià regresa a Cataluña finalmente o 22 de febreiro de 1931.
En 1931, logo dunhas eleccións que deron a maioría ao seu novo partido, Esquerra Republicana de Catalunya, Macià proclamou a República Catalá desde o Palacio da Generalitat de Cataluña. Máis adiante, cando o proxecto de constituír España como un estado federal non saia adiante, verase obrigado a aceptar un Estatuto de Autonomía para Cataluña. Foi presidente da Generalitat ata a súa morte, acaecida en 1933. Foi substituído á fronte da Generalitat de Cataluña por Lluís Companys.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Francesc Macià |
- Texto da proclamación da República Catalá de 1931
- Vídeo de Francesc Macià
- Vídeo de Inauguración do Parlament de Catalunya de Macià
Generalitat de Cataluña | ||
---|---|---|
Segue a: Josep de Vilamala |
Francesc Macià | Precede a: Lluís Companys |
President |