Françoise Sagan

escritora francesa

Françoise Quoirez, nada en Cajarc (Lot) o 21 de xuño de 1935 e finada en Honfleur o 24 de setembro de 2004, foi unha novelista, dramaturga e guionista francesa, coñecida como Françoise Sagan. Aclamada como "un elegante pequeno monstro" por François Mauriac na portada de Le Figaro,[1] Sagan foi coñecida polas súas obras con fortes temas románticos que incluían personaxes burguesas ricas e desilusionadas. A súa novela máis célebre foi a primeira, Bo día, tristeza[2] (1954), que escribiu sendo unha adolescente.

Modelo:BiografíaFrançoise Sagan

(1958) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Françoise Marie Anne Quoirez Editar o valor en Wikidata
21 de xuño de 1935 Editar o valor en Wikidata
Cajarc, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte24 de setembro de 2004 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Équemauville, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteembolia pulmonar Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemetery of Seuzac (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente do xurado do Festival de Cannes

← Alan J. PakulaKirk Douglas → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónCours Hattemer
Lycée Hélène Boucher (en) Traducir
Facultade de Artes de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturga, biógrafa, directora de cinema, guionista, novelista, poetisa Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorL'Express (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoEnsaio, teatro e poesía Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioFrançoise Sagan Editar o valor en Wikidata
Participou en
19791979 Cannes Film Festival (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Outro
CónxuxeIngrid Mechoulam (1992–2004)
Peggy Roche (1976–1991)
Robert Westhoff (1962–1972)
Guy Schoeller (1958–1960) Editar o valor en Wikidata
ParellaPeggy Roche Editar o valor en Wikidata
FillosDenis Westhoff
 () Editar o valor en Wikidata
IrmánsJacques Quoirez Editar o valor en Wikidata
Condenada porincumprimento fiscal Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Саган Франсуаза)
Obálky knih,
Metzler Autorinnen Lexikon, (p.467–468) >>>:Sagan, Françoise (eigtl. Françoise Quoirez) Editar o valor en Wikidata
Sitio webfrancoisesagan.fr Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0755982 BNE: XX989456 Musicbrainz: 109b4199-b4f3-40d6-8ea6-e7b7d1ee45a3 Discogs: 995047 Find a Grave: 9513555 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Sagan naceu en Cajarc e pasou a súa infancia no departamento de Lot, arrodeada de animais, paixón que conservou durante toda a súa vida. Alcumada 'Kiki', era a máis nova dunha familia burguesa: o seu pai era director dunha compañía e a súa nai era filla de terratenentes. A familia pasou a segunda guerra mundial no Delfinado, entón en Vercors.[3] A súa bisavoa paterna era rusa de San Petersburgo.[4][5] A familia tiña unha casa no próspero distrito 17.º de París, á que volveu despois da guerra.[6] Sagan foi expulsada da súa primeira escola, un convento, por "falta de espiritualidade profunda". Tamén foi expulsada da escola Louise-de-Bettignies porque levaba "colgado un busto de Molière cunha peza de corda".[7] Obtivo o título de bacharelato no segundo intento e foi admitida na Sorbonne no outono de 1952.[6] Foi unha estudante indiferente e non se graduou.

Tomou o pseudónimo "Sagan" dunha personaxe ("Princesse de Sagan") de Á busca do tempo perdido, de Marcel Proust. A súa primeira novela, Bonjour Tristesse, publicouse en 1954, cando tiña dezaoito anos e foi un éxito internacional inmediato. Trata sobre a vida dunha rapaza de dezasete anos chamada Cécile e a súa relación co seu mozo e o seu pai adúltero e playboy.

As personaxes de Sagan, convertéronse nunha icona para os adolescentes desilusionados ao estilo das de J. D. Salinger. Durante a súa carreira literaria, que chegou ata 1998, produciu ducias de traballos, moitos deles levados ao cinema. Mantivo o seu austero estilo de novela psicolóxica francesa a pesar de que a nouveau roman estaba de moda. As conversas entre as súas personaxes adoitan ter tons existencialistas. Ademais de novelas, obras de teatro e unha autobiografía, escribiu letras de cancións e guións.

Na década de 1960, Sagan dedicouse máis á escritura de obras teatrais, que a pesar de ser eloxiadas polos seus excelentes diálogos, tiveron só un éxito moderado. Tras isto, concentrouse na súa carreira como novelista.

Falecemento

editar

A súa saúde empeorou no século XXI. En 2002 non puido asistir ao xuízo en que era acusada de fraude nos impostos nun caso que involucraba o expresidente François Mitterrand, e recibiu unha sentenza suspendida. Françoise Sagan faleceu dunha embolia pulmonar en Honfleur, Calvados, o 24 de setembro de 2004 aos 69 anos.[8] Segundo os seus desexos, foi enterrada no seu lugar natal, Cajarc.

No seu memorial, o presidente francés Jacques Chirac dixo: "Coa súa morte, Francia perde un dos seus escritores máis brillantes e sensibles… unha figura eminente da nosa vida literaria."

Escribiu o seu propio obituario para o Dictionary of Authors compilado por Jérôme Garcin: "Aparecida en 1954 cunha fraca novela, Bonjour tristesse, que creou un escándalo mundial. A súa morte, tras unha vida e unha obra igualmente pracenteiras e chapuceiras, foi escandalosa só para ela".[9]

Vida privada

editar

Sagan casou dúas veces. O 13 de marzo de 1958, casou co seu primeiro home, Guy Schoeller, editor de Hachette, vinte anos máis vello ca ela. A parella divorciouse en xuño de 1960. En 1962 casou con Bob Westhof, un mozo estadounidense, playboy e aspirante a ceramista. O seu fillo Denis Westhoff naceu en xuño de 1962[10] e divorciáronse en 1963. Comezou entón unha longa relación coa estilista de moda Peggy Roche. Tamén tiña un amante masculino, Bernard Frank, ensaísta casado obsesionado coa lectura e a comida. Ampliou a súa familia cunha relación coa editora francesa de Playboy Annick Geille, despois de que Geille se achegase a Sagan para un artigo da revista.[11]

Gozaba de viaxar aos Estados Unidos, sendo vista habitualmente con Truman Capote e Ava Gardner. O 14 de abril de 1957, mentres conducía o seu deportivo Aston Martin, viuse envolta nun accidente que a deixou en coma durante un tempo. Tamén gustaba de conducir o seu Jaguar a Monte Carlo para participar en apostas.

Na década de 1990, Sagan foi acusada e condenada por posesión de cocaína. En varios momentos da súa vida, Sagan foi adicta ás drogas. Durante longo tempo consumiu pílulas prescritas, anfetaminas, cocaína, morfina e alcohol.

En 2010, o seu fillo Denis creou o Prix Françoise Sagan.

Novelas

editar
  • Bonjour tristesse (1954)
  • Un certain sourire (1955)
  • Dans un mois, dans un an (1957)
  • Aimez-vous Brahms? (1959)
  • Les merveilleux nuages (1961)
  • La chamade (1965)
  • Le garde du cœur (1968)
  • Un peu de soleil dans l'eau froide (1969)
  • Des bleus à l'âme (1972)
  • Un profil perdu (1974)
  • Le lit défait (1977)
  • Le chien couchant (1980)
  • La femme fardée (1981)
  • Un orage immobile (1983)
  • De guerre lasse (1985)
  • Un sang d'aquarelle (1987)
  • La laisse (1989)
  • Les faux-fuyants (1991)
  • Un chagrin de passage (1994)
  • Le miroir égaré (1996)

Relatos

editar
  • Des yeux de soie (1975)
  • Musiques de scène (1981)
  • La maison de Raquel Vega (1985)

Teatro

editar
  • Château en Suède (1960)
  • Les violons parfois (1961)
  • La robe mauve de Valentine (1963)
  • Bonheur, impair et passe (1964)
  • L'écharde (1966)
  • Le cheval évanoui (1966)
  • Un piano dans l'herbe (1970)
  • Il fait beau jour et nuit (1978)
  • L'excès contraire (1987)

Obras autobiográficas

editar
  • Toxique (1964, diario)
  • Réponses (1975)
  • Avec mon meilleur souvenir (1984)
  • Au marbre: chroniques retrovées 1952–1962 (1988, crónicas)
  • Répliques (1992, entrevistas)
  • ...Et toute ma sympathie (1993, secuela de Avec mon meilleur souvenir)
  • Derrière l'épaule (1998)

Publicadas posteriormente por L'Herne:

  • Bonjour New-York (2007)
  • Un certain regard (2008, compilación de material de Réponses e Répliques)
  • Maisons louées (2008)
  • Le régal des chacals (2008)
  • Au cinéma (2008)
  • De très bons livres (2008)
  • La petite robe noire (2008)
  • Lettre de Suisse (2008)

Biografías

editar
  • Brigitte Bardot (1975)
  • Sarah Bernhardt, ou le rire incassable (1987)
  1. Jacob, Didier, "Farewell Sagan!" Arquivado 17 de xullo de 2009 en Wayback Machine.
  2. Traducida ao galego por Carlos Meixide (Rodolfo e Priscila, 2023).
  3. Paris Match 2889 29 de setembro de 2004
  4. "SAGAN Francoise, photo, biography". persona.rin.ru. Consultado o 13 de abril de 2018. 
  5. "Fransuaza Sagan - Women". the100.ru. Consultado o 13 de abril de 2018. 
  6. 6,0 6,1 Gaffney, John; Holmes, Diana (2007). Stardom in Postwar France. Berghahn Books. p. 178. ISBN 978-1-84545-020-5. Consultado o 1 de xullo de 2015. 
  7. Berest, Anne (15 de xuño de 2015). Sagan, Paris 1954. Gallic Books, Limited. p. 7. ISBN 978-1-910477-15-1. 
  8. "French literary icon Sagan dies", BBC, 25 de setembro de 2004
  9. "Editions Stock" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2015. Consultado o 19 de agosto de 2018. 
  10. Paris Match 2889 29 Sep 2004
  11. Campbell, Matthew, "Lesbian love triangle stirs Paris literati" Arquivado 22 de setembro de 2011 en Wayback Machine., The Sunday Times, 26 de decembro de 2007

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar