Forma pechada

fórmula matemática que dá un valor directo dunha expresión

En matemáticas, dise que unha expresión é unha expresión en forma pechada (ou forma fechada, en inglés closed-form) se e só se pode expresar analiticamente en termos dun número limitado de funcións coñecidas. Normalmente, estas funcións coñecidas defínense como funcións elementais: constantes, unha variábel x, operacións elementais de aritmética ( – × ÷ –), raíces n-ésimas, exponenciais e logaritmos (que tamén inclúen funcións trigonométricas e funcións trigonométricas inversas).

Máis extensamente podemos tamén referirnos a expresión en forma pechada. Tamén pode denominarse fórmula explícita.

A condición importante é que sexa calculábel directamente a través da fórmula dada, non serían válidas por exemplo recorrencias, series, resultados asintóticos ou solucións mediante algoritmos.

Exemplos e contraexemplos

editar

Para o termo n da secuencia de Fibonacci temos as solucións:

  • Forma non pechada:  .
  • Forma pechada:  , onde  .

Valor da función zeta de Riemann:

  • Forma non pechada:  . Non está descuberta unha fórmula explícita para valores impares do argumento  .
  • Forma pechada para o argumento  :  .

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar