Filomeno, a mi pesar
Filomeno, a mi pesar é unha novela en lingua castelá de Gonzalo Torrente Ballester publicada en 1988 por Editorial Planeta, logo de gañar ese mesmo ano o Premio Planeta.
Filomeno, a mi pesar | |
---|---|
Título orixinal | Filomeno, a mi pesar |
Autor/a | Gonzalo Torrente Ballester |
Orixe | España |
Lingua | castelán |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Editorial Planeta |
Data de pub. | 1988 |
ISBN | ISBN 978-84-08-09538-5 |
Premios |
|
[ editar datos en Wikidata ] |
Trama
editarFilomeno Freijomil é un home de trinta e seis anos que conta as súas memorias desde que era neno até o momento de escribilas, rematando cun final aberto.
É un home de clase media-alta dunha vila do interior de Galiza, Villavieja del Oro. Naceu en 1911, fillo dun senador, á súa vez fillo dun carteiro de aldea. Por banda materna, a súa avoa é unha nobre portuguesa, que ten o pazo de Alemcastre, preto da desembocadura do río Miño.
Logo de pasar a infancia en Villavieja, pasa un ano da adolescencia en Londres, e rematado o Bacharelato marcha a Madrid. En xaneiro de 1931 regresa a Londres, onde comeza a traballar como xornalista para un xornal portugués, e coñece a Ursula. En 1937 marcha a París como correspondente. Alí coñece a Clelia, e aos poucos meses marcha ao pazo minhoto. Alí monta unha mediana industria gandeira, pero en 1939 marcha de novo a Londres. Até 1945 actúa como correspondente de guerra, e despois regresa a Villavieja. Na vila, frecuenta tertulias literarias, e comeza a ser mal visto polas autoridades. Finalmente, en 1947 marcha ao pazo.
A novela mostra o proceso de maduración da personalidade a través das viaxes, empregos e relacións amorosas. Ao tempo, fai un percorrido pola historia entre o final da primeira e a segunda guerra mundial, incluíndo a Gran Depresión, a II República, a guerra civil española e os inicios do franquismo.
Narración
editarA obra está narrada en primeira persoa, con carácter autobiográfico. O protagonista fala castelán, portugués, inglés e francés, pero hai numerosas expresións en lingua galega das clases populares da vila.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha Arquivado 23 de abril de 2012 en Wayback Machine. na web da editorial (en castelán).