Figura retórica de pensamento

A figura retórica de pensamento (ou figuras de pensamento) constitúe un dos tres tipos das principais figuras retóricas, xunto coas figuras de dicción e as figuras de significación ou tropos.

As figuras de pensamento baséanse sobre todo no significado das palabras dentro dun enunciado, e inclúen as figuras de amplificación, as de acumulación, as lóxicas, as descritivas, as patéticas e dialécticas, e as de ficción.

Esencialmente son as seguintes: adínaton, alusión, anacoluto, anticipación, antítese, apóstrofe ou invocación, argumentación, símil, comunicación, concesión, corrección, cronografía, definición, deprecación, digresión, distinción ou paradiástole, écfrase, énfase, enumeración, epifonema, epífrase, epíteto, etopeia, eufemismo, exclamación, execración, hipérbole, hipotipose, idolopeia, imprecación, interrogación retórica, ironía, atenuación, optación, oxímoro, paradoxo, paráfrase, perífrase, pragmatografía, preterición, prosopografía, prosopopea ou personificación, reticencia, retrato, sentenza, suxeición, suspensión e topografía.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar