Festival de Eurovisión 1959
O IV Festival da Canción de Eurovisión tivo lugar o 11 de marzo de 1959 en Cannes, Francia. A presentadora foi Jacqueline Joubert, sendo o país ganador os Países Baixos co tema Een beetje, interpretado por Teddy Scholten, que conseguiu 21 puntos. En segunda posición quedaron os británicos Pearl Carr e Teddy Johnson, coa canción Sing Little Birdie, que obtivo 16 puntos. O terceiro posto, con 15 puntos, foi para a canción francesa Oui oui oui oui, cantada por Jean Philippe. Estas tres cancións foron interpretadas ao final do festival,[1] que durou 73 minutos. A letra da canción ganadora foi escrita por Willy van Hemert, quen tamén escribiu a letra a canción neerlandesa ganadora de 1957.
Festival de Eurovisión 1959 | |
---|---|
Datas | |
Final | 11 de marzo |
Anfitrión | |
Lugar | Palacio de Festivais e Congresos Cannes, Francia |
Presentador(es) | Jacqueline Joubert |
Televisión anfitrioa | |
Acto(s) intermedio(s) | Orquestra de Franck Pourcel |
Participantes | |
Participantes | 11 |
Países que debutan | Mónaco |
Países que retornan | Reino Unido |
Países que se retiran | Luxemburgo |
Mapa
| |
Votacións | |
Canción gañadora | Een beetje, Teddy Scholten Países Baixos |
Festival de Eurovisión | |
◄1958 1960► |
Este festival supuxo a primeira retirada de Luxemburgo, tras acabar cun punto o ano anterior, así como o debut de Mónaco e o regreso do Reino Unido trala súa retirada en 1958, polo que a UER cambiou as normas do concurso para admitir 11 participantes. O representante monegasco, Jacques Pills, finalizou último cun punto, pero a súa filla Jacqueline Boyer gañou o festival o ano seguinte por Francia.
Na prensa, suxeriuse que Italia e Francia outorgaron máis puntos á canción holandesa porque ningún deles quería que o outro obtivese a vitoria final.[1] Instaurouse unha nova regra pola que non se permitía a inclusión de editores ou compositores profesionais en activo nos xurados nacionais,[2] pero o sistema de votación foi o mesmo que en 1957 e 1958. O escenario consistiu en tres pequenas carpas xiratorias, desde as que saían os cantantes, quen cantaban con fotografías de paisaxes típicas do país de fondo.
Participantes
editarOs países participantes no festival elixiron cancións por diferentes métodos, habendo eleccións internas e finais nacionais. A representante de Dinamarca, Birthe Wilke, xa fora elixida para representar ao país en 1957 con Gustav Winckler, e este ano volvía en solitario. Por outra banda, Domenico Modugno representaba a Italia por segundo ano consecutivo.
Na seguinte táboa móstranse todos os participantes e o modo no que foron elixidos:
Non todos os países que organizaron unha final nacional enviaron ao festival aos cantantes ganadores da mesma. En Suecia, Siw Malmkvist gañou a primeira edición do Melodifestivalen, chamado entón Stora schlagertävlingen, pero a televisión sueca decidiu enviar a Cannes a Brita Borg coa canción coa que Siw Malmkvist gañou a final nacional.[5]
Por outro lado, na final dos Países Baixos cada tema foi cantado por dous cantantes diferentes. A canción ganadora foi cantada por Teddy Scholten e John de Mol, sendo elixida a primeira para representar ao país.[6]
Resultados
editar# | País | Artista(s) | Canción | Posición | Puntos |
---|---|---|---|---|---|
1 | Francia | Jean Philippe | Oui, oui, oui, oui | 3 | 15 |
2 | Dinamarca | Birthe Wilke | Uh-Jeg Ville Ønske Jeg Var Dig | 5 | 12 |
3 | Italia | Domenico Modugno | Piove | 6 | 9 |
4 | Mónaco | Jacques Pills | Mon Ami Pierrot | 11 | 1 |
5 | Países Baixos | Teddy Scholten | Een beetje | 1 | 21 |
6 | Alemaña | Gemelas Kessler | Heute Abend wollen wir tanzen geh'n | 8 | 5 |
7 | Suecia | Brita Borg | Augustin | 9 | 4 |
8 | Suíza | Christa Williams | Irgendwoher | 4 | 14 |
9 | Austria | Ferry Graf | Der K und K Kalypso aus Wien | 10 | 4 |
10 | Reino Unido | Pearl Carr & Teddy Johnson | Sing Little Birdie | 2 | 16 |
11 | Bélxica | Bob Benny | Hou Toch Van Mij | 7 | 9 |
Táboa de votos
editarNa seguinte táboa móstranse os votos outorgados e recibidos por cada país participante no festival:[7]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Eurovisión 1959 Arquivado 25 de novembro de 2008 en Wayback Machine. Oikotimes
- ↑ Loredo, Miguel. "Así nació el Festival de Eurovisión". eurovision-spain.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2008.
- ↑ Eurovisión 1959 Diggiloo Trush
- ↑ Finais nacionais de Eurovisión 1959 Arquivado 04 de outubro de 2008 en Wayback Machine. eurovision-spain.com
- ↑ Suecia en el Festival de la Canción de Eurovisión 1959[Ligazón morta] eurovision-spain.com
- ↑ Os Países Baixos en Eurovisión[Ligazón morta] eurovision-spain.com
- ↑ Marcador de 1959 eurovision.tv
Predecesor: Hilversum 1958 |
Festival da Canción de Eurovisión Cannes 1959 |
Sucesor: Londres 1960 |
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Eurovisión 1959 en eurovision-spain.comArquivado 22 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)
- Eurovisión 1959 en eurovision.tv (en inglés)
- Letra de todos os temas participantes