Festa gastronómica
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2012.) |
Unha festa gastronómica é un evento celebrado co gallo de exaltar un determinado produto ou grupo de produtos alimenticios. Algunhas delas están declaradas Festas de interese turístico de Galicia ou de Interese turístico nacional.
As festas gastronómicas foron fomentadas co réxime franquista tras pasaren os efectos de racionamento da guerra civil española, e mesmo se declararon algunhas de interese turístico nacional (a festa do pemento da Arnoia ou a festa do polbo do Carballiño). A Xunta de Galicia seguiu con esta política e popularizáronse festas coma a festa do cocido de Lalín.
Festas gastronómicas de Galicia
editar- Artigo principal: Festas gastronómicas de Galicia.
Primeiro trimestre
editarAs festas gastronómicas que se celebran en xaneiro, febreiro e marzo están relacionados con produtos que se comen no inverno, algúns relacionados coa matanza do porco (botelo, chourizo, androlla, cocido...), ou con produtos agrícolas desta época (grelo). Tamén hai celebracións relacionadas co Entroido.
Segundo trimestre
editarCoa chegada da primavera celébranse festas relacionadas co viño e o augardente, así como de peixes de río (lamprea, salmón e troita) e froitas (cereixa).
Terceiro trimestre
editarAs celebracións adoitan concentrarse nos meses intermedios do ano debido a que no hemisferio norte é verán. De feito, as persoas emigradas en América do Sur que buscan recuperar os seus costumes realízanas contra fin de ano. En realidade non se trata de xuntarse para comer, senón de comer para xuntarse. Na actualidade, coa crecente urbanización de Galicia, as festas gastronómicas non son máis ca unha substitución (ás veces un remedo mal logrado) das romarías que levan xuntando ás parroquias veciñas durante séculos. Xa nas cantigas de amigo da época medieval aparecían as xuntanzas nun subxénero específico: a cantiga de romaría. Esta tradición está tan enraizada na sociedade galega que mesmo no proceso de aculturación actual vive un grande esplendor.
Cuarto trimestre
editarOs alimentos exaltados van facéndose cada vez de dixestión máis pesada a medida que vai chegando o inverno: cocido, capón, androia, chourizo... Isto débese ás esixencias alimentarias do clima, que piden unha comida máis enerxética.
Asemade tamén van aparecendo nestes meses produtos de tempada, que aparecen especialmente nesta época: queimada (tras a vendima), cogomelos, castañas (co conseguinte magosto) etc, loxicamente coincidindo coa etapa anual de máxima produción.
Notas
editar- ↑ "A Feira do Viño de Chantada será coma sempre a segunda fin de semana de marzo", nova na televisión local Televinte, 16 de xaneiro de 2013
Véxase tamén
editarBibliografía
editarVV.AA. (2019): Fiestas gastronómicas 2019. Gadisa.