O Ferrari 512 S Modulo é un prototipo de automóbil deseñado por Pininfarina para a marca de automóbiles italiana Ferrari, que se presentou no Salón do Automóbil de Xenebra de 1970. O Modulo foi ben recibido polos críticos e gañou 22 premios polo seu deseño.[1][2]

Ferrari Modulo

TipoPrototipo
MarcaFerrari Editar o valor en Wikidata
FabricanteFerrari
MatrizFiat S.p.A
PaísItalia Italia
Período
1970 
DeseñoPaolo Martin de Pininfarina
Produción1 unidade
Configuración
CarrozaríaSemi-monocasco
ConfiguraciónMotor central traseiro, tracción traseira
Tren motriz
MotorV12
Dimensións
Distancia eixes2405 mm
Lonxitude4480 mm
Anchura2040 mm
Altura935 mm
Peso900 kg
Commons ] Wikidata ]
Vista posterior do Ferrari 512 S Modulo.

Deseño

editar

Baseado nun 512 S de competición, o Ferrari 512 S Modulo ten unha carrozaría extremadamente baixa (só 93 centímetros de altura) cun deseño de teito con cuberta deslizábel cara a adiante para permitir a entrada ao interior (unha única porta, denominada porta tipo cúpula). As catro rodas do vehículo están parcialmente cubertas. Outra característica especial do deseño é que consta de vinte e catro buracos na cuberta do motor situada na parte traseira, os cales permiten ver o motor.

Mecánica

editar

O motor do Modulo é un Type 261C DOHC de 12 cilindros en V a 60°,[3] con 4994 cc (5,0 L) e unha potencia de 550 CV (410 kW) a 8500 rpm.[4] Ten unha caixa de cambios manual con 5 velocidades.