Fernando Fariña
Fernando Fariña Barros, nado en Vigo o 14 de xaneiro de 1905 e finado o 26 de agosto de 1978, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 14 de xaneiro de 1905 Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 26 de agosto de 1978 (73 anos) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Alcalde de Porto do Son | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1936 – 1938 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | adestrador de fútbol, mestre, futbolista, político | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarComo xogador
editarEstudou cos Irmáns Maristas en Vigo. Comezou no equipo infantil do Real Vigo Sporting, e aos doce foi vivir coa súa familia a Pontevedra, xogando no Helénico Deportivo até os dezaseis anos, cando pasou ao Eiriña Club de Fútbol. En 1923 proclamouse campión da Serie B galega por diante do Racing de Ferrol.
En 1925, logo de rematar os estudos de Maxisterio en Pontevedra, fichou polo Deportivo da Coruña, coincidindo cos inicios do fútbol profesional. Xogou case unha década no equipo coruñés, gañando catro veces o Campionato de Galicia, nas tempadas 1926/27, 1927/28, 1930/31 e 1932/33.
En 1928 viaxou co Celta de Vigo na xira do equipo celeste por América.[1] Xogou tres partidos en Buenos Aires, dous no Uruguai e un en Rosario.
Retirouse en 1934, cun partido de homenaxe entre o Deportivo e o Athletic de Bilbao. Adoitaba xogar con boina, e así o retratou Castelao nos seus tempos como xogador do Eiriña.
Foi convocado pola selección española para un encontro contra Italia disputado en Xixón en 1928, pero non chegou a debutar. Formou parte da selección galega de fútbol.
Como adestrador
editarNa tempada 1933–34 fíxose cargo do Deportivo da Coruña tras a destitución de José Planas o 15 de xaneiro de 1934. Ocupou o banco branquiazul até o 4 de maio dese mesmo ano, sendo substituído por Félix Gila.
Tamén adestrou ao Racing de Ferrol na tempada 1941/42, no campionato de liga de segunda división (14 partidos, con 7 vitorias, 3 empates e 4 derrotas) e no Campionato de España (Copa do Xeneralísimo: 10 partidos da fase de clasificación, con 6 vitorias, 1 empate e 3 derrotas). Dirixiu tamén o equipo racinguista de xeito interino nun partido da temporada 1957/58. Foi na 8ª xornada de Liga de segunda división, o 3 de novembro de 1957, con derrota ferrolá. En total, estivo á fronte do banco do Racing en 15 partidos de Liga (2ª División) e en 10 partidos de Copa.
Na temporada 1952/53 dirixiu en dous encontros ao Deportivo da Coruña.
Fariña foi adestrador durante moitos anos do Arsenal C.F. de Ferrol, na terceira división do fútbol español.
Vida laboral
editarEstudou Maxisterio en Pontevedra. Tras deixar o fútbol en 1934 comezou como mestre en Porto do Son. Foi alcalde do concello entre 1936 e 1938, durante a guerra civil española. Na vila da Barbanza unha rúa leva o seu nome.
En 1946 solicitou a excedencia como mestre para adestrar o Arsenal de Ferrol, traballo que alternou como mestre na Escola de Aprendices de Bazán (Izar Ferrol), onde se retirou en 1968. Reincorporouse ao Maxisterio público en 1969 en Boa (Porto do Son), e despois deu clase en Cobas.
Recoñecementos
editar- Medalla ao mérito deportivo (1965)
- Medalla de ouro ao mérito deportivo e placa de prata do Colexio Nacional de Preparadores en 1965 por ser o adestrador con máis tempadas en categoría estatal (21 no Arsenal de Ferrol)
- Premio Ferrol Diario na Festa do Deporte Ferrolán (1975)
Notas
editar- ↑ "Pereiro desiste de ir a América". El Ideal Gallego (en castelán) (3225). 6 de xuño de 1928. p. 2. Consultado o 22 de xullo de 2022.