Fernando Ónega
Fernando Ónega López, nado en Mosteiro (Pol) o 16 de xuño de 1947, é un xornalista galego.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Fernando Ónega López 16 de xuño de 1947 (77 anos) Mosteiro, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, presentador de televisión |
Empregador | Televisión Española |
Interesado en | Adolfo Suárez |
Familia | |
Fillos | Cristina Ónega, Sonsoles Ónega |
Irmáns | José Ramón Ónega López |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Diciopedia do século 21 Diccionario enciclopédico galego universal Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Ao longo da súa carreira traballou en gabinetes oficiais, prensa escrita, radio e televisión pública (TVE) e privada (Telecinco e Antena 3). Foi xefe de prensa da Guardia de Franco (1975) e subdirector do diario Arriba, órgano oficial da Falanxe. Foi director de prensa da Presidencia do Goberno con Adolfo Suárez, etapa na que escribiu a maioría dos discursos deste. Dirixiu o xornal Ya, e os servizos informativos da Cadena SER e da COPE, e foi director xeral de Onda Cero Radio, así como presentador de Informativos Telecinco. É columnista de La Voz de Galicia e colaborador de El Progreso, así como de numerosos programas de radio e televisión.
Traxectoria
editarFoi fillo do xuíz municipal José Ramón Ónega Lenza e Angelita López Lodos. Nos anos 70 foi xefe de prensa da Guardia de Franco e traballou no diario Arriba, órgano oficial da Falanxe, do que chegou a ser subdirector.[2] Tras a morte de Franco foi director de prensa da Presidencia do Goberno con Adolfo Suárez,[3] quen se fixou nel despois de ler varios artigos seus no xornal falanxista.[4] Escribiu a maioría de discursos de Suárez, incluído o famoso "Podo prometer e prometo". Dimitiu a mediados de 1978 e volveu ao seu posto de subdirector de Arriba.[2]
Tamén en 1978 comezou a súa andaina na televisión ao pasar a dirixir o programa informativo Siete días, de TVE, ata 1979. Ese ano entrou na Cadena SER, facendo comentarios políticos no programa Hora 25. En 1980 dirixiu en TVE Revista de Prensa e foi nomeado Director de Relacións Externas da cadea, posto que ocupou ata 1981, cando foi nomeado director dos informativos da SER, en substitución de Iñaki Gabilondo, e coincidindo ademais co intento de golpe de Estado do 23-F.[5]
En 1985 pasou a dirixir o diario Ya e entre 1986 e 1990 foi director dos informativos da COPE.[6] Foi director de Onda Cero de 1992 ata 1993,[7] cando comezou a realizar análises políticos nos Informativos Telecinco, chamados por aquel entón Entre hoy y mañana, que presentaba o tamén galego Luis Mariñas. En marzo de 1993 presentou o programa matinal Los Periódicos[8] e meses despois pasou a presentar a edición nocturna dos informativos de Telecinco, e en 1994 a edición do mediodía. En 1997 fichou por Antena 3[9] e ata 1999 foi presentador de Antena 3 Noticias, primeiro na edición das 21 horas e logo na de madrugada.[10]
En xullo de 2000 volveu traballar como director de Onda Cero, ata a súa destitución en xaneiro de 2002.[11] En 2013 publicou unha biografía de Adolfo Suárez e dous anos despois outra sobre Xoán Carlos I. Dende 2019 é o presidente de 65ymas.com, un xornal centrado na actualidade das persoas maiores.[12]
Ademais ten colaborado habitualmente en xornais como La Vanguardia, El Progreso e La Voz de Galicia, e intervido como comentarista de actualidade en numerosos debates e programas de radio e televisión, como Saber vivir (2002-2009), 59 segundos (2005-2012) e El debate de la 1 (2012-2018), de TVE; El Programa de Ana Rosa (2005-2008) de Telecinco; Las mañanas de Cuatro (2007-2009) de Cuatro, Galicia por diante, da Radio Galega; Herrera en la onda (2004-2015), Más de uno (2015-) e La Brújula (2015), de Onda Cero. Dende agosto de 2009 ten a súa propia sección no programa de TVE La mañana de La 1.
Vida familiar
editarÉ irmán de José Ramón Ónega (1939-2021) e pai das tamén xornalistas Cristina Ónega e Sonsoles Ónega.
Obra
editar- Santiago de Compostela, ciudad patrimonio de la humanidad de España. Coescrito con Xosé Antonio Perozo. Artec Impresiones, 1997, 192 p., (en castelán) ISBN 84-89183-12-0.
- Rumbo Variable, Diálogos en torno al Prestige. Coescrito con Bieito Rubido e outros. Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, 2003, 260 p., (en castelán) ISBN 84-9757-113-4
- El termómetro de la vida, Ciro Ediciones, 2004, 256 p., (en castelán) ISBN 84-609-3291-5.
- Puedo prometer y prometo (2013). Biografía de Adolfo Suárez.
- Juan Carlos I. El hombre que pudo reinar (2015). Biografía del Rey Juan Carlos.
- Qué nos ha pasado, España (2017).
Premios e recoñecementos
editarEntre outros:
- Premio Ondas en 1979.[13]
- Antena de Oro en 1994, por Las Noticias de Telecinco.
- Medalla Castelao en 2001.[14]
- Premio APEI en 2006.[15]
- Micrófono de oro en 2007.
- Premio Diego Bernal entregado pola Asociación de Periodistas de Galicia, en 2016.[16]
- Durante varios anos foi elixido entre os 125 galegos máis influentes, nunha enquisa do Grupo Correo Gallego, sempre entre os primeiros postos do eido da comunicación.[17]
Notas
editar- ↑ Ónega na IMDb (en inglés).
- ↑ 2,0 2,1 "Fernando Onega ha cesado en su cargo de director de la oficina de prensa de la Presidencia del Gobierno". El País (en castelán). 8 de xuño de 1978. Consultado o 12 de maio de 2020.
- ↑ Fernando Ónega, portavoz de Presidencia del Gobierno, artigo en La Vanguardia o 24/05/1977 (en castelán).
- ↑ "El hombre que abrazó a un país entero". El Norte de Castilla (en castelán). 17 de marzo de 2014. Consultado o 12 de maio de 2020.
- ↑ "Fernando Onega, nombrado director de los servicios informativos de la Cadena SER". El País (en castelán). 10 de febreiro de 1981. Consultado o 13 de maio de 2020.
- ↑ "Fernando Ónega deja la dirección de informativos de la COPE". El País (en castelán). 21 de xuño de 1990. Consultado o 13 de maio de 2020.
- ↑ Prensa-Escuela Arquivado 30 de marzo de 2010 en Wayback Machine., La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ "Tele 5: Total renovación de la parrilla matinal, con cinco estrenos" (en castelán). 21 de febreiro de 1994. Consultado o 13 de maio de 2020.
- ↑ "Antena 3 potencia sus informativos". El País (en castelán). 30 de xaneiro de 1997. Consultado o 13 de maio de 2020.
- ↑ "Fernando Ónega abandona Antena 3 cansado del horario de sus noticias". El País (en castelán). Fernando Ónega abandona Antena 3 cansado del horario de sus noticias. Consultado o 13 de maio de 2020.
- ↑ "Onda Cero destituye a Fernando Ónega como director general". El País (en castelán). 24 de xaneiro de 2002. Consultado o 13 de maio de 2020.
- ↑ "Quiénes somos" (en castelán). Consultado o 13 de maio de 2020.
- ↑ Premios Ondas Arquivado 04 de febreiro de 2009 en Wayback Machine., páxina oficial.
- ↑ Decreto polo que se concede a Medalla Castelao no ano 2001.
- ↑ "Premio da Asociación Profesional Española de Informadores de Prensa, Radio, Televisión e Internet.". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 24 de abril de 2010.
- ↑ "Fernando Ónega recibe el premio periodístico Diego Bernal". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de xaneiro de 2016. Consultado o 13 de maio de 2020.
- ↑ Os 125 galegos máis influentes Arquivado 21 de setembro de 2013 en Wayback Machine., 2010, Galicia Hoxe.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Ónega López, Fernando". Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- "Ónega López, Fernando". Diccionario enciclopédico galego universal 46. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 20. ISBN 84-7680-429-6.
- "Ónega López, Fernando". Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1513. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Ónega López, Fernando". Enciclopedia Galega Universal 13. Ir Indo. 1999-2002. p. 34. ISBN 84-7680-288-9.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Ónega López, José Ramón". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
- ———, ed. (2004). Hijos predilectos y adoptivos de Galicia (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-137-1.