Federico Ribas

debuxante, ilustrador, publicista e pintor galego

Federico Ribas Montenegro, nado en Bouzas (Vigo) o 26 de outubro de 1890[1] e finado en Madrid o 11 de setembro de 1952, foi un debuxante, ilustrador, publicista e pintor galego.

Modelo:BiografíaFederico Ribas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de outubro de 1890 Editar o valor en Wikidata
Bouzas, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de setembro de 1952 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónilustrador, debuxante, cartelista, publicista Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosMaryan Ribas Editar o valor en Wikidata
IrmánsJosé Ribas Montenegro Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1103952 BUSC: ribas-federico-1892-1952 WikiTree: Ribas_Montenegro-1

Traxectoria

editar

De pais cataláns,[2] naceu no daquela concello de Bouzas. De mozo opositou a Correos, sen éxito, e emigrou á Arxentina en 1908, onde traballou para Última Hora, Papel y Tinta, El Diario, PBT, Caras y Caretas, Crónicas de Oro e España Republicana. En 1912 marchou a París e traballou en Elégances, Mundial (que dirixía Rubén Darío) e Le Rire. Volveu a España e instalouse en Madrid en 1916 onde traballou para Blanco y Negro e ABC e facendo portadas para libros. Asinou, en ocasións co pseudónimo de Mirko. Dirixiu unha empresa de publicidade e, para pasar os veráns, mercou unha casa en Beluso. Foi o publicista de Conservas Massó e da empresa francesa Gal de perfumería. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 colléuno en Beluso, e pasou a Portugal no maleteiro do coche de Gaspar Massó.

Exiliouse, chegando a Buenos Aires o 7 de novembro de 1936. Alí dirixiu a revista Atlántida e casou coa actriz española Mercedes Sicilia.[3] Na Arxentina coincidiu con Castelao e Luís Seoane. Fixo as personaxes para o filme de animación arxentino en branco en negro El mono relojero, de 1938, e adaptacións gráficas do Quijote (1946) e da Illa do tesouro (1947). En 1949 volveu a Madrid para seguir nos antigos traballos publicitarios. Colaborou con Blanco y Negro, Crónica, Buen Humor, Flirt, Nuevo Mundo, Faro de Vigo, Vida Gallega, El Pueblo Gallego, La Esfera...[4]

Hai obra de Federico Ribas, entre outras coleccións, na Afundación,[5] no Museo Municipal Quiñones de León, no Museo de Belas Artes da Coruña,[6] no Museo Provincial de Pontevedra, no Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside,[7] no Museo Massó e no Museo Anfaco da Industria Conserveira.[8]

Vida persoal

editar

É irmán do xornalista José Ribas Montenegro. A súa filla Maryan Ribas Sicilia (1933) é tamén pintora.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar