Faro das illas Lobeiras
O faro das illas Lobeiras, tamén coñecido coma faro de Corcubión, é un faro galego situado no concello de Carnota, na provincia da Coruña. Está situado nas illas Lobeiras, un conxunto de illotes de forma trapezoidal de 250 metros e longo e 75 de largo.
Datos xerais | |
---|---|
Localización xeográfica | Illas Lobeiras |
Localización municipal | Carnota, provincia da Coruña |
Construción | 1909 |
Datos técnicos | |
Código internacional | 03920 D-1756 |
Descrición | Torre octogonal branca, casa |
Altura sobre o nivel do mar | 15,78 metros |
Altura sobre o terreo | 7,78 metros |
Características | GpD (5) B 15 s |
Período | 5 1,5 0,5 1,5 0,5 10,5 = 15 s |
Alcance | 9 millas náuticas |
Historia
editarEn 1904 apróbase o proxecto do enxeñeiro Antonio Herbella para a construción dun faro na Lobeira Grande, adxudicándose os traballos ao contratista José Mª Parga na cantidade de 50 680 pesetas.
As obras comezan en 1906, nun principio o proxecto contemplaba unha torre metálica, pero despois decidiuse substituíla por outra de pedra para evitar a corrosión. Inaugurouse o 15 de setembro de 1909.
Características
editarO faro caracterízase por ter unha planta rectangular que posúe dous niveis, un superior e outro inferior. O nivel inferior está constituído por varios muros inclinados para ofrecer maior resistencia aos temporais.
O faro ten unha altitude 16 metros, e na súa parte máis elevada atópase a lanterna, cun aparello de 4º orde e 250 mm de distancia focal. O seu alcance é de nove millas. Construído directamente sobre as rochas, os muros da primeira planta inclínanse con derramo cara aos alicerces e opoñen á forza das augas unha anchura de 1,10 m. Os muros da segunda planta son verticais e forman un ángulo que protexe a entrada.
A torre troncopiramidal de sección octogonal é de cantería e remata nun torreón cilíndrico de chapa. Mira cara ao norte, en dirección ao faro de Fisterra, do que depende. A súa lanterna é de montantes verticais e cristais curvos. Emite un grupo de fulgores brancos cada catorce segundos.
Ao principio estaba ao seu coidado un torreiro, que obrigatoriamente tiña que residir na illa. Pero ante o perigo do lugar decidiuse suprimir esta residencia obrigada, montando unha nova instalación o 10 de agosto de 1924.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Pazos, Lino (2003). Faros de Galicia. Guías Galaxia. Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-636-3.Pazos&rft.btitle=Faros de Galicia&rft.date=2003&rft.genre=book&rft.pub=Editorial Galaxia&rft.series=Gu�as Galaxia&rft_id=https://books.google.es/books?id=XZhODxmnIGIC&lpg=PP1&hl=es&pg=PP1#v=onepage&q&f=false&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Sánchez García, Jesús Ángel (2004). Faros de Galicia (en castelán). Fundación Caixa Galicia. ISBN 84-95491-38-9.Sánchez Garc�a&rft.btitle=Faros de Galicia&rft.date=2004&rft.genre=book&rft.pub=Fundación Caixa Galicia&rft_id=https://farosdegalicia.files.wordpress.com/2013/10/file0105.jpg&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">