Fagosoma
En citoloxía denomínase fagosoma un vacúolo formado arredor dunha partícula que foi absorbida pola célula por fagocitose. Son típicos da célula animal. O vacúolo fórmase pola fusión da membrana celular arredor da partícula. O fagosoma é un compartimento celular no cal poden dixerirse e destruírse microorganismos patóxenos. Os fagosomas fusiónanse con lisosomas no seu proceso de maduración, formando fagolisosomas.
Algunhas bacterias patóxenas que chegan ao interior da célula ao seren fagocitadas, poden reproducirse no interior do fagosoma ou mesmo no interior do fagolisosoma, como é o caso da bacteria Coxiella burnetii.[1] Outras pasan ao citoplasma antes de que o fagosoma se fusione co lisosoma, como sucede con Rickettsia[2]. Moitas micobacterias, entre as que se inclúe Mycobacterium tuberculosis[3][4] e a Mycobacteria avium paratuberculosis[5], manipula ao seu hospedador, un macrófago, para impedir que os lisosomas cargados de ácido nitroso se fusionen cos fagosomas e orixinen fagolisosomas maduros. Esta maduración incompleta do fagosoma mantén no seu interior un ambiente favorable ao microorganismo patóxeno.[6]
Notas
editar- ↑ Hackstadt T and Williams J C "Biochemical stratagem for obligate parasitism of eukaryotic cells by Coxiella burnetii." Proc Natl Acad Sci U S A. 1981 May; 78(5): 3240–3244.
- ↑ Winkler H H "Rickettsia Species (As Organisms)" Annual Review of Microbiology Vol. 44: 131-153
- ↑ MacMicking, JD; Taylor, GA; McKinney, JD (2003). "Immune control of tuberculosis by IFN-γ –inducible LRG-47". Science 302: 654–659. PMID 14576437.
- ↑ Vandal, OH; Pierini, LM; Schnappinger, D; Nathan, CF; Ehrt, S (2008). "A membrane protein preserves intrabacterial pH in intraphagosomal Mycobacterium tuberculosis". Nat Med. 14 (8): 849–854. PMID 18641659.
- ↑ Kuehnel, MP; Goethe R, Habermann A, Mueller E, Rohde M, Griffiths G, Valentin-Weigand P. (2001). "Characterization of the intracellular survival of Mycobacterium avium ssp. paratuberculosis: phagosomal pH and fusogenicity in J774 macrophages compared with other mycobacteria.". Cell Microbiol. 3 (8): 551–566. PMID 11488816.
- ↑ Tessema, MZ; Koets AP, Rutten VP, Gruys E. (2001 month=November). "How does Mycobacterium avium subsp. paratuberculosis resist intracellular degradation?". Vet Q. 23 (4): 153–162. PMID 11765232.