Fa'afafine
Fa'afafine (tamén pronunciado faafafine, fafafige ou fafafine) é un chamado terceiro sexo na cultura de Samoa. Os fa'afafine son bioloxicamente homes que durante a súa nenez foron elixidos para asumir roles femininos polas súas familias. Esta práctica non é rexeitada pola sociedade samoana.
Orixe do termo
editarA palabra fa'afafine inclúe o prefixo causal fa'a que significa "na forma de", e a palabra fafine que significa "muller". Esta palabra está relacionada con outras linguas polinesias como o tongano, que usa as palabras fakafefine ou fakaleiti, o maorí whakawahine e o hawaiiano mahu.
Os fa'afafine na sociedade
editarComunmente dise que os pais samoanos con moitos fillos e poucas fillas visten a un dos nenos de rapaza e asígnanlle realizar tarefas domésticas coma a limpeza da casa. Existe pouca evidencia de que esta caracterización sexa correcta, xa que os pais samoanos raramente desexan que un dos seus fillos medre como un fa'afafine, ademais, algúns fa'afafine medran en familias con moitas fillas e poucos fillos.
A maioría dos samoanos non consideran aos fa'afafine como mulleres, aínda que os tratan como tal. A sociedade trata aos fa'afafine cunha mestura complexa de impaciencia, burla, tolerancia e en ocasións admiración pola súa forma de vestir, o seu arranxo do cabelo e os seus accesorios, particularmente fermosos. Os pais a miúdo preocúpanse de que os seus fillos fa'afafine sexan maltratados por outros nenos, pero moitos se senten afortunados porque teñen a alguén que se fará cargo deles na vellez, mentres o resto está ocupado coas súas propias familias.
Moitos fa'afafine son prominentes en todos os aspectos da sociedade samoana como traballadores, administradores, educadores, persoas de negocio, anciáns das igrexas e artistas. Son recoñecidos polo seu arduo traballo e adicación á familia e a miúdo son os que se fan cargo dos seus pais anciáns así como dos fillos dos seus irmáns e irmás.
Os fa'afafine tomaron parte no desenvolvemento contemporáneo das artes en Oceanía, como os traballos de escritura e pintura de Dan Taulapapa McMullin, o artista e curador Shigeyuki Kihara e a artista de moda Lindah Lepou. Recentes exhibicións de artistas indíxenas pertencentes á comunidade LGTB incluíndo os fa'afafine, foron a Exhibición de Arte Measine Fa'afafine en Auckland (2007) e a Hand in Hand Art Exhibition en Sidney (2008).
Organizacións
editarEn anos recentes varias organizacións envolvéronse na promoción da saúde e a calidade de vida dos fa'afafine, entre estas atópase a Organización Fa'afafine Samoana de Apia, a Island Queens Alliance of Pago Pago en Samoa Americana, UTOPIA de San Francisco, UTOPIA Hawaii de Honolulu, e a Faafafine Fono en Auckland, Nova Zelandia.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Diversidade sexual |
Bibliografía
editar- Milner, G.B. 1966. Samoan Dictionary. "Fa'afafine" páxina 52 bajo "Fafine"
- Besnier, Niko. 1994. Polynesian Gender Liminality Through Time and Space. In Third Sex, Third Gender: Beyond Sexual Dimorphism in Culture and History. Edición de Gilbert Herdt. Páxinas 285-328.
- Mageo, Jeannette M. 1992. Male transvestism and cultural change in Samoa. American Ethnologist 19: páxinas 443-459.
- Mageo, Jeannette M. 1996. Samoa, on the Wilde Side: Male Transvestism, Oscar Wilde, and Liminality in Making Gender. Ethos 24(4): páxinas 588-627.
- Schmidt, J. 2001: Redefining Fa'afafine: Western Discourses and the Construction of Transgenderism in Samoa (inglés) Arquivado 07 de xuño de 2023 en Wayback Machine.