Evaristo Martelo Paumán
Evaristo Martelo Paumán del Nero, nado na Coruña o 21 de abril de 1853 e finado na mesma cidade o 31 de marzo de 1928, foi un escritor e avogado galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de abril de 1853 A Coruña, España |
Morte | 31 de marzo de 1928 (74 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | avogado, escritor |
Membro de | Real Academia Galega (académico de número) (1921–1928) Real Academia Galega (membro correspondente) (1905–1905) |
Traxectoria
editarFillo de Ramón Martelo Núñez de Leis e Dolores Paumán Zuazo de Andrade, foi bautizado o día 25 de abril na igrexa de San Nicolao. Descendente do poeta e almirante Pai Gómez Chariño, fixo estudos para mariño, pero finalmente dedicouse ao Dereito. A vida de Evaristo Martelo transcorreu entre a Casa do Arco en Laxe, o pazo dos Andeiro en Rianxo, o castelo de Vimianzo (que el mercou) e o pazo de Ombre. Membro da nobreza, foi VI marqués de Almeiras e vizconde de Andeiro por herdanza da súa nai.
Era un dos contertulios da Cova Céltica coruñesa, na que participaba con Eduardo Pondal, con quen trabou unha grande amizade, influíndo na súa obra. Fixo gala dun patriotismo galego exemplar, sobre todo na defensa do idioma, ao que cualificaba como "fala de reis". Colaborou en Revista Gallega. Ingresou na Real Academia Galega en 1921[1]coa lectura do discurso Pondal e a súa obra[2].
Casou con Josefa de la Maza Agar, filla de Ramón María de la Maza Quiroga.
Obra en galego
editar- Os afillados do demo, 1885, A Coruña.
- A noite de San Silvestre, 1890, A Coruña.
- Líricas gallegas, 1894, A Coruña.
Estas obras, xunto con outra inédita, As toupas do Pindo, forman un conxunto caracterizado polo ton satírico e a defensa do idioma.
- Landras e bayas, 1919, El Noroeste, A Coruña.
- Andeiro. Poema histórico-brigantino da Unión Ibérica (século XIV), 1922, A Coruña.
Obra en castelán
editarEnsaios xurídicos
editar- El laudemio, su legislación y jurispridencia hasta el año 1898, 1899, A Coruña.
- Manual de los Consejos de Agricultura, Industria y Comercio.
Notas
editar- ↑ "Evaristo Martelo Paumán del Nero". Real Academia Galega.
- ↑ Martelo Paumán, E. (2015). Pondal e a súa obra. A Coruña: Real Academia Galega.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Evaristo Martelo Paumán |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- Gómez, Anxo; Queixas, Mercedes (2001). Historia xeral da literatura galega (1ª ed.). A Nosa Terra. p. 166. ISBN 84-95350-79-3.Queixas, Mercedes&rft.aufirst=Anxo&rft.aulast=Gómez&rft.btitle=Historia xeral da literatura galega&rft.date=2001&rft.edition=1�&rft.genre=book&rft.isbn=84-95350-79-3&rft.pages=166&rft.pub=A Nosa Terra&rft_id=http://libreriaabrente.es/2774-large_default/historia-xeral-da-literatura-galega.jpg&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988"> [Ligazón morta]
- Martínez Morás, Fernando: "Letras de duelo. Don Evaristo Martelo Paumán" Arquivado 06 de maio de 2016 en Wayback Machine. Boletín da RAG nº 204, 1/5/1928, pp. 312 – 314.
- Monteagudo, Henrique: "Martelo Paumán del Nero, Evaristo" in Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
- Suárez, Laura: "Vida e obra de Evaristo Martelo Paumán" en Adra: revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, 8, 2013, pp. 83–107.