Eurico
Eurico, nado cara a 420 e finado no 484, foi rei dos visigodos.
Nome orixinal | (la) Euricus, Evaricus, Erwig |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (got) Aiwareiks 420 |
Morte | 28 de decembro de 484 (63/64 anos) Arles, Francia |
Rei dos visigodos | |
466 (Gregoriano) – 484 (Gregoriano) ← Teodorico II, rei visigodo – Alarico II → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | Rei dos visigodos |
Familia | Baltingos |
Cónxuxe | Ragnahilda |
Fillos | Alarico II |
Pai | Teodorico I, rei visigodo |
Irmáns | Teodorico II, rei visigodo Turismundo Ricímero Frederico Himnerido muller de Requiario |
Cronoloxía | |
472 | Toma de Caesaraugusta polo exército visigodo |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Allgemeine Deutsche Biographie Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) |
Traxectoria
editarAccedeu ao trono logo de asasinar o seu irmán Teodorico II no ano 466. Era fillo de Teodorico I e sucedeuno o seu fillo Alarico II. Casou con Ragnaxilda, unha suposta filla de Meroveo, rei dos francos. O reinado de Eurico coincidiu coa disolución do Imperio Romano de Occidente, ao ser destronado o último emperador Rómulo Augústulo en 476. Os visigodos asinaran un foedus con Roma no 418, en virtude do cal convertéronse en federados do Imperio e permitir asentarse no sur das Galias. Este rei independizou o reino visigodo e aboliu a dependencia anterior.
Apoderouse de diversos territorios das Galias e Hispania. Guerreou nas Galias contra os francos e saxóns. Foi o seu reino nese momento o máis poderoso e influente de Europa. A súa corte residía en Tolosa, aínda que nominalmente en Arles. Pero foi sobre todo Tolosa a cidade que tivo a categoría do que agora consideramos como capital do reino. A historiografía española menciónao como Reino de Tolosa e abarcaba unha grande extensión da Península Ibérica (salvo a rexión de Galiza, controlada polos Suevos), e gran parte da Galia ao oeste do Rhin e ao sur do Loira.
Foi un rei que demostrou un gran talento político. Publicou unha corpo legal de dereito visigodo, o Codex Euricianus ou Código de Eurico. Tamén foi un fanático ariano.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar
Predecesor: Teodorico II |
Rei dos visigodos 466-484 |
Sucesor: Alarico II |