Estrasburgo

cidade francesa

Estrasburgo[1] (en francésStrasbourg[stʁaz.buʁ] (AFI); en alemánStraßburg[ˈʃtʁaːsbʊɐ̯k] (AFI); en alsacianoStrossburi[ˈʃd̥rɔːsb̥uri] (AFI)) é unha cidade situada no leste de Francia, na marxe esquerda do río Rin. É a capital da rexión administrativa francesa do Gran Leste e do departamento do Baixo Rin.

Modelo:Xeografía políticaEstrasburgo
Strasbourg (fr)
Strosbùri (gsw) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 48°34′24″N 7°45′08″L / 48.5733, 7.7522
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsGran Leste
DepartamentoBaixo Rin Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación291.313 (2021) Editar o valor en Wikidata (3.722,37 hab./km²)
Lingua oficiallingua francesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921852 Traducir
Q3551161 Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie78,26 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Rin, Canal du Faux-Rempart (en) Traducir, Rio Ill (pt) Traducir, Marne–Rhine Canal (en) Traducir, Aar (en) Traducir e Canal de la Bruche (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude150 m-132 m-151 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación12 a. C. Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Alsace-Lorraine Soviet Republic (en) Traducir
Xuramentos de Estrasburgo
8 de marzo de 1262 (Gregoriano)Battle of Hausbergen (en) Traducir
1518Epidemia de Dança de 1518 (pt) Traducir
28 de setembro de 1870Siege of Strasbourg (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Santo padrónSaint Arbogast (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataJeanne Barseghian (pt) Traducir (2020–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal67000, 67100 e 67200 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico388, 390 e 368 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Boston
Leicester
Stuttgart (1962–)
Dresden (1990–)
Ramat Gan (pt) Traducir (1991–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webstrasbourg.eu Editar o valor en Wikidata
Facebook: strasbourg.eu Twitter: strasbourg Instagram: strasbourg_eurometropole Tumblr: strasblr LinkedIn: strasbourg-eurometropole Snapchat: strasbourg.eu BNE: XX451085 Souncloud: strasbourg_eu Editar o valor en Wikidata

A aglomeración urbana prolóngase ata Alemaña, á cidade de Kehl, que é o espello xeográfico de Estraburgo do lado oposto do Rin.

Casas típicas do centro histórico de Estrasburgo.
Igrexa de St.Paul.
Catedral de Notre-Dame de Strasbourg.
Palais du Rhin (Pazo do Rin), antigo pazo imperial.
Universidade de Estrasburgo.
Tranvía de Estrasburgo.

Xeografía

editar

Atravesada polo río Ill, afluente do Rin, que se divide para formar ata cinco brazos no centro da cidade (no sector da Petite France), a cidade está composta de barrios de forte identidade, como Robertsau, Cronenbourg, Koenigshoffen, Hautepierre, Elsau, Krutenau, Neudorf, Meinau e Neuhof. Situada a unha altitude media de 140 m por riba do nivel do mar, Estrasburgo caracterízase por un relevo relativamente plano. Así, no centro da cidade, percíbense soamente leves ondulacións do terreo, culminando á proximidade da catedral e no cruzamento da Grand-Rue (Grande rúa) e da rúa do Fossé-des-Tanneurs, correspondendo ás zonas de habitacións máis antigas.

A cidade é tamén coñecida como unha das capitais da Europa, debido ás numerosas institucións europeas que alberga, entre as cales o Consello de Europa, o Parlamento europeo (dividido con Bruxelas) e a Corte Europea dos Dereitos Humanos, sen esquecer a cadea de televisión binacional franco-xermánica Arte.

Historia

editar
 
Panorama de Estrtasburgo, río Ill.

Estrasburgo, coñecida polos romanos como Argentoratum, foi fundada o 12 a.C. Era entón un campo militar fortificado posicionado sobre o limes (fronteira do Imperio Romano) do Rin. Un canabae (aglomeración de habitacións civís) desenvolveuse ao redor do campo e en dirección ao oeste, preludio do desenvolvemento futuro da cidade.

Estrasburgo foi incorporada ao Imperio franco no século V. En 842, a cidade foi palco do Xuramento de Estrasburgo, máis antiga testemuña escrita das linguas francesa e alemá.

A catedral de Estrasburgo foi terminada en 1439, tornándose o máis alto edificio do mundo, superando a gran Pirámide de Giza. Durante a década de 1520, a cidade abrazou as teses relixiosas de Martiño Lutero, cuxos adeptos estabeleceron unha universidade no século seguinte.

Cidade libre e autónoma do Imperio, Estrasburgo foi anexada a Francia soamente en 1681, estatuto confirmado polo Tratado de Ryswick (1697). Lois XIV mandou destruír simbolicamente parte das fortificacións da cidade, creando unha abertura pola cal entrou en Estrasburgo, e marcando así a submisión da cidade ao poder real. Mandado polo rei, Jacques François Blondel deseñou un plano de embelecemento de Estrasburgo que, por falta de financiamento, será parcialmente realizado. Estrasburgo débelle principalmente a construción da Aubette na praza Kléber e a reforma da praza Marché-Gaillot. Diversos edificios clásicos serán construídos, o primeiro dos cales foi o Palacio Rohan, morada de príncipes construída ás marxes do río Ill, fronte ás habitacións burguesas. Mais foron principalmente as fortificacións de Vauban as que marcaron este período, coa construción dunha protección sobre o Ill, fronte ás Pontes Cobertas (Ponts Couverts), e a dunha impoñente cidadela ao sueste, situada fronte a Alemaña. Co crecemento da industria e do comercio, a poboación triplicouse no século XIX, alcanzando os 150 000 habitantes.

Estrasburgo foi anexada ao Imperio Xermánico como capital do Reichsland da Alsacia-Lorena (Alsace-Lorraine) en 1871, após a Guerra franco-prusiana (Tratado de Frankfurt). Este período marca o apoxeo da dominación política e territorial de Estrasburgo. Beneficia igualmente da intención alemá de transformar a cidade no escaparate da cultura alemá, e mostrar ao mundo e a Francia a superioridade da cultura xermánica. Estrasburgo recibiu entón numerosos edificios públicos, entre os cales o Palacio do Emperador (actualmente Palacio do Rin), o parlamento da Alsacia-Lorena e o Palacio Universitario. A máis importante extensión urbana de Estrasburgo é entón planificada, tendo como resultado a duplicación da superficie da zona urbana en trinta anos.

A cidade volveu a Francia logo da primeira guerra mundial en 1919, polo Tratado de Versalles. Tornouse novamente parte da Alemaña durante a segunda guerra mundial, de 1940 a 1945, para retornar a Francia no final da guerra.

Principais centros de interese

editar

As universidades da Academia de Estrasburgo

editar
  • en Mulhouse:
    • Université de Haute Alsace
  • en Estrasburgo:
    • Université Louis-Pasteur Strasbourg I ULP
    • Université Marc-Bloch Strasbourg II UMB (chamada antigamente Université des sciences humaines de Strasbourg)
    • Université Robert-Schuman Strasbourg III URS
    • Centre régional des œuvres universitaires et scolaires de Strasbourg (Crous) (Crous Strasbourg)
    • EM Strasbourg Business School

Estrasburgo ten un pouco menos de 50.000 estudantes [cando?], dos cales 37.500 nas súas tres universidades. Os estudantes estranxeiros constitúen case un quinto do efectivo (18,5 %).

Cidades irmás

editar
  1. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar