Unha estalagmita (do grego σταλαγμίτης stalagmítēs, de σταλαγμίας stalagmías, "gota")[1] é un tipo de espeleotema (depósito de minerais que se forman por precipitación química) que se forma no solo dunha cova nunha zona calcaria debido á decantación de solucións e a deposición de carbonato cálcico. A formación correspondente no teito da cova coñécese como estalactita. Se ambas as formacións, enfrontadas, crecen o suficiente como para encontrarse, o resultado denomínase columna ou piar.

Estalagmita.

A formación de estalagmitas ocorre só baixo certas condicións de pH no interior da caverna.[2]

A estalagmita máis alta do mundo encóntrase na cova de Zhin Jin, China, e ten 70 m de altura.[3]

  1. σταλαγμίας, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus
  2. Hogan, Michael (2010): Calcium. eds. A. Jorgensen, C. Cleveland. Encyclopedia of Earth. National Council for Science and the Environment.
  3. Revista Muy Interesante, edición de xaneiro de 2007, p. 69.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Schabdach, Hardy (1998): Die Sophienhöhle im Ailsbachtal – Wunderwelt unter Tage. Verlag Reinhold Lippert, Ebermannstadt. ISBN 3-930125-02-1.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar