Estadio de Atletismo da USC
O Estadio de Atletismo da Universidade de Santiago de Compostela, coñecido como Stadium de La Residencia nos seus primeiros anos de existencia (foi construído en 1936), é un recinto deportivo adicado á práctica do atletismo, situado no Campus Vida da USC, a carón do Pavillón Universitario, e rodeado polo edificio Monte da Condesa, o Colexio Maior Fonseca, o Observatorio astronómico Ramón María Aller, e polo edificio do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.
Estadio de Atletismo da USC | |
---|---|
Datos | |
Localización | Santiago de Compostela |
Estadio | |
Propietario | Universidade de Santiago de Compostela |
Localía | USC |
Eventos | |
62º Campionato de España de Atletismo - 1982 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Instalacións
editarAs instalacións do recinto están compostas pola pista de atletismo de 400 metros e 8 carreiros, os corredores para as prácticas de saltos (con pértega, de lonxitude e triplo salto), as zonas para as prácticas de lanzamentos de xavelina e de peso, e unha gaiola para as prácticas de lanzamentos de disco ou martelo. O estadio ten unha única tribuna cuberta, cos vestiarios ós lados, e baixo a tribuna están as zonas de quecemento de material sintético. A pista de atletismo está homologada pola Federación Galega de Atletismo para a disputa de competicións oficiais, sendo o único recinto que ten esta homologación na capital galega, xa que a pista de atletismo do Estadio Multiúsos de San Lázaro é apta para adestrar pero non é regulamentaria.
Campionato de España de Atletismo 1982
editarOs días 6, 7 e 8 de agosto de 1982 disputouse neste estadio a 62ª edición do Campionato de España de Atletismo.[1] Ata a actualidade Galicia só acolleu outras 4 veces este evento, 2 veces na Coruña (en Riazor), e 2 veces en Vigo (en Balaídos e Coia).
Nas seguintes 2 táboas amósanse as marcas que acadaron o gañadores das diversas probas de atletismo do campionato de España de 1982:
- Homes
Proba | Gañador | Marca |
---|---|---|
100 m | Javier Martínez | 10,91 seg |
200 m | Ángel Heras | 21,68 seg |
400 m | Benjamín González | 46,56 seg |
800 m | Colomán Trabado | 1' 50,18 seg |
1.500 m | Jose Manuel Abascal | 3' 37,97 seg |
5.000 m | Antonio Campos | 14' 00,74 seg |
110 m v. | Javier Moracho | 13,98 seg |
400 m v. | Marceliano Ruíz | 51,98 seg |
3.000 m o. | Domingo Ramón | 8' 27,07 seg |
altura | Roberto Cabrejas | 2,20 m |
pértega | Alberto Ruíz | 5,20 m |
lonxitude | Antonio Corgos | 8,16 m |
triplo | Ramón Cid | 16,38 m |
peso | Martín Vara | 17,20 m |
disco | Sinesio Garrachón | 54,94 m |
martelo | Raúl Jimeno | 65,70 m |
xavelina | Augusto Lao | 70,78 m |
20 km m. | Francisco Botonero | 1h 31' 46,1 seg |
- Mulleres
Proba | Gañador | Marca |
---|---|---|
100 m | Teresa Rioné | 12,36 seg |
200 m | Teresa Rioné | 25,18 seg |
400 m | Montserrat Pujol | 54,90 seg |
800 m | Mayte Zúñiga | 2' 12,65 seg |
1.500 m | Mercedes Calleja | 4' 24,13 seg |
3.000 m | Pilar Fernández | 9' 26,22 seg |
110 m v. | María José Martínez | 14,30 seg |
400 m v. | Rosa Colorado | 1' 00,20 seg |
altura | Isabel Mozún | 1,80 m |
lonxitude | Olga Dalmau | 6,28 m |
peso | Enriqueta Díaz | 12,80 m |
disco | Encarnación Gambús | 48,56 m |
xavelina | Natividad Vizcaíno | 48,60 m |
5 km m. | Teresa Palacio | 25' 43,59 seg |
v. = vallas; o. = obstáculos; m. = marcha.
Notas
editar- ↑ Resultados dos Campionatos de España de Atletismo Arquivado 04 de agosto de 2017 en Wayback Machine. (en castelán)