Estadio Municipal García Hermanos
O Estadio Municipal García Hermanos é un campo de fútbol propiedade do Concello de Betanzos.
García Hermanos | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 43°16′43″N 8°13′03″O / 43.27858333, -8.21744444 |
Localización | Rúa Javier Alvajar 15300, Betanzos |
Construción | |
Inauguración | 1991 |
Arquitecto | Juan de la Fuente |
Estadio | |
Superficie | Herba natural |
Dimensións | 105 × 68 |
Capacidade | 5.000 |
Propietario | Concello de Betanzos |
Localía | Betanzos CF |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarO 10 de abril de 1989, nun acto presidido polo daquela alcalde de Betanzos, Manuel Lagares Pérez, e o presidente da Deputación da Coruña, José Manuel Romay Beccaría, canda outras autoridades autonómicas e provinciais, foi presentado o proxecto e maqueta dun novo campo de fútbol para Betanzos.[1]
Inaugurouse en 1991[2] e nel xoga os seus partidos como local o Betanzos CF. O seu terreo de xogo é de herba natural e conta cunha bancada cuberta con capacidade para 5.000 espectadores[2]. A corporación municipal bautizouno con ese nome como homenaxe aos Irmáns García Naveira.
En 1993 o Súperdepor dirixido por Arsenio Iglesias xogou un partido amigábel contra o conxunto betanceiro que, daquela, contaba no seu equipo co irmán de Bebeto[3].
Este campo veu substituír o vello campo municipal do Carregal, tamén de titularidade municipal e situado nas proximidades, que aínda se conserva para adestramentos e uso das categorías inferiores do club brigantino.
Notas
editar- ↑ "Anuario brigantino 1989" (PDF). www.anuariobrigantino.betanzos.net/. Consultado o 03-05-2017.
- ↑ 2,0 2,1 "Descripción. Web oficial do Betanzos CF". betanzoscf.com. Arquivado dende o orixinal o 14-04-2016. Consultado o 01-04-2016.
- ↑ Carlos Carbajosa / Xoán Ríos. Mundo Deportivo (23 de febreiro de 1993). "Ruge el Real, baila el 'Depor'" (PDF). Consultado o 01-04-2016.