Estación de ferrocarril
Unha estación ferroviaria ou estación de ferrocarril é unha instalación ferroviaria con vías á que poden chegar e desde a que se poden expedir trens. Componse de varias vías, con desvíos entre elas, e delimítase por sinais de entrada e saída. Adicionalmente son un punto de acceso ao ferrocarril de pasaxeiros e mercancías, aínda que non é unha condición indispensable para ser unha estación.
Adoitan comporse de plataformas xunto ás vías e un edificio de viaxeiros con servizos como venda de billetes e sala de espera.
Denominacións regulamentarias
editarUnha estación é segundo o Regulamento de Circulación Ferroviaria vixente na rede ferroviaria galega (pertencente na súa totalidade á Rede Ferroviaria de Interese Xeral[1] do Estado español):
"Unha infraestrutura ferroviaria consistente nunha instalación de vías e os seus aparatos asociados, protexida con sinais, e na que se desenvolven procesos de circulación.
A efectos deste Regulamento consideraranse estacións os Postos de Bloqueo, Postos de Banalización, Postos de Cantonamento, Postos de Adiantamento e Estacionamento de Trens e as Bifurcacións. Tamén os Cambiadores de Largo e as Bases de Mantemento, cando non estean integrados dentro doutra estación."[2]
Tipos, clases ou subdivisións
editarEstación telemandada: nas que o seu control e accionamento das súas instalacións se realiza a distancia.
Estacións colaterais: estacións contiguas que nun momento concreto, interveñen no bloqueo.
-
Estación de Copenhague
Notas
editar- ↑ "BOE.es - Documento consolidado BOE-A-2015-4382". www.boe.es (en castelán). Consultado o 2018-10-15.
- ↑ "Real Decreto 664/2015, de 17 de julio, por el que se aprueba el Reglamento de Circulación Ferroviaria" (PDF). Boletín Oficial del Estado (en castelán). Consultado o 2018-10-15.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Estación de ferrocarril |