Un espertador[1] é un dispositivo que se utiliza para espertar mediante un son (que pode ser un ruído, música ou emisora de radio) ou unha luz,[2] a unha hora determinada. Para deter o son, é necesario premer un botón ou apertar unha manivela. Algúns detéñense automaticamente despois dalgúns minutos.

Espertador analóxico.
Espertador dixital.

Un reloxo espertador analóxico clásico ten unha manivela adicional que se usa para especificar o horario no cal se debe activar a alarma. Os reloxos espertadores mecánicos tradicionais posúen unha campaíña na parte superior que produce o son, pero os espertadores analóxicos poden facer outros ruídos. Algúns posúen radio, que comeza a funcionar a unha hora especificada. O nome máis específico para este artefacto é radio reloxo.

Un teléfono móbil pode conter unha función de espertador ou incluír unha axenda (que diferencia entre mañás, tardes ou días da semana) con alarma e por tanto funcionar como tal. Nos dous casos denomínanse "teléfono móbil con espertador".

Tipos de espertadores

editar

Hoxe en día existen moitos modelos de espertadores no mercado:

  • Espertadores estándar: estes funcionan por son e adoitan incorporar funcións como a radio.
  • Espertadores lumínicos ou Wake Up Light: estes espertadores simulan o amencer ao alumarse progresivamente durante un período de tempo.
  • Espertadores vibratorios: como o propio nome indica, estes modelos funcionan por vibración e adoitan ser usados por persoas con problemas de audición.

Características

editar

Un reloxo espertador pode ter as seguintes características:

  • Tipos de alarma.
    • Alarma con volume en progresión.
    • Diversos sons.
    • Radio.
  • Campaíñas, do clásico deseño con manivelas e sen radio.
  • Repetición da alarma cada certo tempo, no caso de que o usuario volva a durmir.
  • Activación segundo o día da semana.
  • Alumamento.
  • Axuste automático da hora.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para espertador.
  2. "Wake-up Light". Arquivado dende o orixinal o 6 de decembro de 2013. Consultado o 3 de decembro de 2013.