Espectrómetro

(Redirección desde «Espectroscopio»)

O espectrómetro, espectrofotómetro, espectrógrafo ou espectroscopio, é un aparello capaz de analizar o espectro de frecuencias característico dun movemento ondulatorio. Aplícase a diferentes instrumentos que operan sobre un amplo campo de lonxitudes de onda.

Espectrómetro.

Espectroscopio

editar
 
Uso do espectrómetro.
 
Espectrómetro.

Un espectrómetro óptico, ou espectroscopio, é un instrumento que serve para medir as propiedades da luz nunha determinada porción do espectro electromagnético. A variable que se mide xeralmente é a intensidade luminosa, pero pódese medir tamén, por exemplo, o estado de polarización electromagnética. A variable independente adoita ser a lonxitude de onda da luz, xeralmente expresada en submúltiplos do metro, aínda que algunhas veces poida ser expresada en calquera unidade directamente proporcional á enerxía do fotón, como a frecuencia ou o electronvolt que manteñen unha relación inversa coa lonxitude de onda. Utilízanse espectrómetros en espectroscopia para producir liñas espectrales e medir as súas lonxitudes de onda e intensidades.

En xeral, debido ás diferentes técnicas necesarias para medir distintas porcións do espectro, un instrumento concreto só operará sobre unha pequena porción deste campo total. O analizador de espectro é un dispositivo electrónico moi parecido por embaixo das frecuencias ópticas (é dicir, microondas e radiofrecuencia).

Esta ferramenta pode ser usada para ver os espectros de emisión xerados polos elementos ao absorber ou emitir fotóns enerxéticos. Das frecuencias de onda, un moi pequeno prisma é visible ao ollo humano, entre os raios ultravioleta e os infravermellos; o espectrómetro dá unha visión máis clara destes.

Cabe resaltar que cada elemento ten un espectro particular, e que dependendo da súa estrutura química algúns reaccionan máis rápido que outros, polo que algúns espectros de emisión non requiren unha descarga enerxética moi grande, mentres que outros unha maior. En 1920, por exemplo o científico Niels Bohr escribiu os seus postulados con base na descarga enerxética que lle deu a un átomo de hidróxeno, dando a idea para que un espectrómetro fose construído.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar