Envoltura vírica

(Redirección desde «Envoltura viral»)

A envoltura vírica é unha estrutura que rodea a cápside vírica típica de moitos virus animais. Só uns poucos virus de plantas e bacteriófagos teñen envoltura. Nos animais a envoltura provén fundamentalmente da membrana plasmática das células do hospedador (ou ás veces da súa membrana nuclear ou de orgánulos); pero esta membrana lipoporteica de orixe celular non é o único compoñente da envoltura, xa que contén tamén glicoproteínas, que se proxectan ao exterior como espículas, que están codificadas no xenoma vírico. Estas espículas son moi importantes como antíxenos ou para a adhesión dos virus ás células. Estes compoñentes proteicos víricos insírense na membrana da célula antes de que o virus se ensamble e despois durante a liberación do virus xa están incorporados á membrana. Nalgúns virus as proteínas da membrana son tan numerosas que cobren toda a superficie do virus, como ocorre nos Hepadnaviridae.

Esquema dun citomegalovirus, un virus con envoltura (coat).
Saída dun virus con envoltura da célula.
Micrografía do virus da gripe, un virus con envoltura.
Herpervirus saíndo dunha célula.

Debaixo da envoltura normalmente está a cápside, pero moitos virus entre a envoltura e a cápside presentan unha matriz proteica cementante (exemplo: Rhabdoviridae).

A envoltura é flexible, pleomórfica (cambia de forma). Ademais, a bicapa lipídica da envoltura é relativamente sensible ao desecamento, á calor e aos deterxentes, polo que pode usarse éter para disolver os lípidos, e o virus queda inactivado.

A función principal da envoltura é axudar ao virus a entrar na célula hóspede. As glicoproteínas da superficie serven para identificar e unirse aos puntos receptores na membrana do hóspede. A envoltura vírica fusiónase despois coa membrana da célula, o que permite a entrada da cápside e do xenoma vírico.

Xeralmente, a célula infectada queda danada pola saída de partículas víricas envoltas e adoita morrer, outras veces queda debilitada e pode seguir liberando virus durante un período longo sen que a célula morra.

Algúns virus teñen envolturas con varias membranas, que lles proporcionan protección contra o sistema inmunitario (por exemplo, poxvirus), e facilitan a súa adaptación a novos hóspedes.

Exemplos de virus envoltos

editar

Os seguintes son grupos de virus envoltos que son patóxenos para os humanos:

Virus de ADN

editar

Virus de ARN

editar

Retrovirus

editar
  1. "The Rabies Virus". CDC. Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2013. Consultado o 2008-11-07.