Enric Arredondo
Enric Arredondo, nado en Barcelona o 5 de abril de 1940 e finado na mesma cidade en decembro de 2006, foi un actor catalán.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de abril de 1940 Barcelona, España |
Morte | 16 de decembro de 2006 (66 anos) Barcelona, España |
Educación | Institut del Teatre |
Actividade | |
Ocupación | actor |
Traxectoria
editarTivo unha importante e extensa traxectoria tanto en cine coma en teatro e televisión, sen esquecer a súa faceta de actor de dobraxe.
Protagonista de Estudo 1 para TVE e de numerosas obras teatrais, acadou gran fama a raíz do seu papel na serie Periodistas onde durante catro anos (entre 1998 e 2002) interpretou o director do ficticio xornal Crónica Universal.
En cine participou en películas como No respires: El amor está en el aire (1999), de Joan Potau; Asunto interno (1996), de Carlos Balagué; Sombras paralelas (1994), de Gerardo Gormezano ou La fiebre del oro (1993) de Gonzalo Herralde entre outras.
En teatro cabe salientar traballos seus coma La bohèmia, Molt soroll per a no res, Ivanov, La fundación, Los domingos, bacana, El knack, El criat de dos amos, Oncle Vània, Via Gagarin, Serebriakov ou Morte accidental dun anarquista. Tamén interpretou un texto escrito por el mesmo con matices autobiográficos, La bohemia.
Nos últimos anos da súa vida colaborou episodicamente en Hospital Central (en 2004) e El Comisario (en 2002). Deixou unha película, Dos billetes, de Javier Serrano, pendente de estrea no momento do seu falecemento e que supuxo o seu último traballo interpretativo.
En 1993 recibiu o Premio Nacional de Cinematografía da Generalitat de Cataluña.
En 1997 estivo máis de tres meses en coma, espertando finalmente e retomando o seu traballo como actor. Nos últimos anos da súa vida viñera padecendo unha enfermidade ósea dexenerativa que lle levou a realizar os seus últimos traballos en cadeira de rodas.
Estivo casado coa tamén actriz Carmen Fortuny.