Emmelie de Forest
Emmelie Charlotte-Victoria de Forest, nada o 28 de febreiro de 1993 en Randers, é unha cantante e compositora danesa.
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (da) Emmelie Charlotte-Victoria de Forest 28 de febreiro de 1993 (31 anos) Randers (Dinamarca) |
Actividade | |
Ocupación | cantante, compositora de cancións, compositora, artista discográfico |
Período de actividade | 2012 - |
Xénero artístico | Música pop, folk e música tradicional |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Universal Music Group Cosmos Music Group (en) |
Participou en | |
18 de maio de 2013 | Festival de Eurovisión 2013 (1ª) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Logo de gañar o Dansk Melodi Grand Prix 2013, representou a Dinamarca no Festival de Eurovisión 2013 que se celebrou en Malmö (Suecia) coa canción "Only Teardrops", proclamándose gañadora do certame.
Traxectoria
editarForest comezou a cantar aos 9 anos. Aos 14 anos, colaborou co músico escocés Fraser Neill, facendo aparicións en varios festivais e centros culturais. En 2011 mudouse de Mariager (Xutlandia Setentrional) a Copenhaguen e inscribiuse na escola de cantantes 'Complete Vocal Institute' de Katrine Sadolins.
Foi unha dos dez participantes do Dansk Melodi Grand Prix, que determina o representante de Dinamarca en Eurovisión, que se celebrou o 26 de xaneiro de 2013, onde gañou coa canción "Only Teardrops".[1]
Emmelie de Forest representou a Dinamarca no Festival de Eurovisión celebrado en Malmö (Suecia) o 18 de maio de 2013. Presentouse coa canción "Only Teardrops" e, partindo como favorita,[2] acabou gañando o certame con 281 puntos,[3] onde alcanzou unha marxe de 53 puntos respecto ao que quedou segundo, Azerbaidján.
Discografía
editarÁlbums
editar- Only Teardrops (2013)
Notas
editar- ↑ Eurovisionary, ed. (26 de xaneiro de 2013). "Emmelie de Forest wins Dansk Melodi Grand Prix 2013 - Only Teardrops from Denmark" (en inglés).
- ↑ La Voz de Galicia, ed. (12 de maio de 2013). "Eurovisión 2013: Dinamarca, a favorita".
- ↑ La Voz de Galicia, ed. (19 de maio de 2013). "Eurovisión 2013: Dinamarca, con Emmelie de Forest e o seu «Only teardrops», proclámase campioa en Malmö e El Sueño de Morfeo termina penúltimo".
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Emmelie de Forest na IMDb (en inglés).