Emblema de Bután
O emblema de Bután (dzongkha: རྒྱལ་ཡོངས་ལས་རྟགས་; transliterado: rgyal-yongs las-rtags) contén numerosos elementos da bandeira de Bután, cunha arte un pouco diferente, e contén moito simbolismo budista.
A descrición oficial é a seguinte:
"O emblema nacional, contido no interior dun círculo, está composto por un diamante- raio dobre (dorji) que aparece colocado sobre unha flor de loto, está flanqueado por dous dragóns e surmontado por unha xoia. O raio representa a harmonía entre os poderes secular e relixioso. A flor de loto é o símbolo da pureza; a xoyia expresa o poder do monarca; e os dous dragóns, un de sexo masculino e outro feminino, representan o nome do país que pronuncian coa voz do trono".
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Bután |