Eleccións xerais dos Países Baixos de 2012

As eleccións xerais dos Países Baixos de 2012 celebráronse o 12 de setembro de 2012 co obxectivo de renovar cada un dos 150 escanos da Segunda Cámara dos Estados Xerais, a cámara baixa dos Estados Xerais dese país.[1]

Eleccións xerais dos Países Baixos de 2012
 ← 2010 (pt) Traducir Editar o valor en WikidataPaíses Baixos Editar o valor en Wikidata 2017 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  → 
Data12 de setembro de 2012 Editar o valor en Wikidata
TipoDutch general election (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cargo elixidomembro da Cámara de Representantes dos Países Baixos. Duración do mandato: 4 Editar o valor en Wikidata
Participación política
Electorado12.689.810 Editar o valor en Wikidata
9.462.223
   74.57٪
Ponto percentual (pt) 0.83
Número de votos válidos9.424.235    Número de votos en branco  ?    Número de votos nulos  ? 
Resultado da votación Editar o valor en Wikidata
2>
VVD  — Mark Rutte
2.504.948   26.58٪
Ponto percentual (pt) 6.09
Parlamentario 31 → 41 Número de escanos 10
2>
PvdA  — Diederik Samsom
2.340.750   24.84٪
Parlamentario 38
2>
PVV  — Geert Wilders
950.263   10.08٪
Parlamentario 15
2>
SP  — Emile Roemer
909.853   9.65٪
Parlamentario 15
2>
CDA  — Sybrand van Haersma Buma
801.620   8.51٪
Parlamentario 13
2>
D66  — Alexander Pechtold
757.091   8.03٪
Parlamentario 12
2>
CU  — Arie Slob
294.586   3.13٪
Parlamentario 5
2>
GL  — Jolande Sap
219.896   2.33٪
Parlamentario 4
2>
SGP  — Kees van der Staaij
196.780   2.09٪
Parlamentario 3
2>
PvdD  — Marianne Thieme
182.162   1.93٪
Parlamentario 2
2>
50PLUS  — Henk Krol
177.631   1.88٪
Parlamentario 2

lang=gl Editar o valor en Wikidata

Tratouse dunhas eleccións anticipadas,[2], consecuencia da dimisión do goberno do primeiro ministro Mark Rutte o 23 de abril. Os 150 membros da Cámara dos Representantes foron distribuídos polo sistema de representación proporcional.[3] Foi a quinta vez en dez anos que os holandeses participaron en eleccións lexislativas.

O goberno de Mark Rutte caeu despois de que o Partido para a Liberdade (PVV), que o apoiaba no parlamento, recusou apoiar as medidas de austeridade que o gabinete pretendía aplicar.[4]

O Partido Popular para a Liberdade e Democracia (VVD) venceu as eleccións, conquistando dúas cadeiras máis que o segundo, o Partido do Traballo. O Partido para a Liberdade, do populista de dereita Geert Wilders, foi o maior derrotado nestas eleccións, perdendo 9 das 24 cadeiras que posuía no Parlamento. Este partido defínese como euroescéptico, mostrando como resultado que os holandeses confiaban na zona do euro.[5] A elección tamén mostrou unha diferenza en relación coa maioría das eleccións doutros países europeos, onde, independentemente da ideoloxía que estaba no poder, todos os partidos políticos estaban sendo substituídos pola oposición.[6]

Mark Rutte ten o desafío de formar unha coalición co Partido do Traballo, que a pesar de ser favorábel á Unión Europea ten grandes diverxencias políticas, social e fiscal.[5] Os liberais (como, por exemplo, Mark) posúen tendencia de maior alianza coas ideas alemás dun plano de austeridade, e os traballistas tenden a aproximación co presidente francés François Hollande para relanzar a economía europea, sen, no entanto, renunciar á disciplina orzamentaria.[5]

Proceso electoral

editar

Nos Países Baixos, os electores teñen costume de facer sondaxes electorais online. Varios sitios como o Stemwijzer (Indicador de Voto) e o Kieskompas (Brújula Electoral) elaboran sondaxes dos principais temas máis relevantes de 20 partidos. Nesas enquisas virtuais, o internauta escolle unha opción (concorda, non concorda, ningún dos dous) en relación a unha idea partidaria; e indica o partido que ten máis afinidade co internauta.[7]

Resultados

editar
Partido Sufraxios Escanos
Votos % /- Deputados /-
Partido Popular pola Liberdade e a Democracia (VVD) 2.504.948 26.6% 6.1 41 10
Partido do Traballo (PvdA) 2.340.750 24,8% 5.2 38 8
Partido pola Liberdade (PVV) 950.263 10.1% -5.3 15 -9
Partido Socialista (SP) 909.853 9.7% -0.2 15 =
Chamada Democristiá (CDA) 801.620 8.5% -5.1 13 -8
Demócratas 66 (D66) 757.091 8.0% 1.1 12 2
Unión Cristiá (CU) 294.586 3.1% -0.1 5 =
Esquerda Verde (GL) 219.896 2.3% -4.4 4 -6
Partido Político Reformado (SGP) 196.780 2.1% 0.4 3 1
Partido polos Animais (PvdD) 182.162 1.9% 0.6 2 =
50Plus 177.631 1.9% 1.9 2 2
Outros 88.655 1.0 -0.2 0
TOTAL (participación: 74.6%) 9.424.235 100% 150
  1. Euronews. "Las elecciones holandesas, un examen para la Europa de la crisis" (en español). Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2015. Consultado o 19 de agosto de 2015. 
  2. CNN (27 de abril de 2012). "Dutch government sets election date" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2012. Consultado o 19 de agosto de 2015. 
  3. "Liberais vencem eleições e preparam governo de coalizão na Holanda" (en portugués). 13/9/2012. Consultado o 9 de febreiro de 2020. 
  4. Schneider, Howard (24 de abril de 2012). "Dutch government falls in skirmish over austerity measures". The Washington Post (en inglés). Consultado o 19 de agosto de 2015. 
  5. 5,0 5,1 5,2 DW (13/9/2012). "Liberais vencem eleições acirradas na Holanda" (en portugués). Consultado o 19 de agosto de 2015. 
  6. "Primeiro-ministro da Holanda vence eleições e continua no poder". Bom Dia Brasil (en portugués). 13/9/2012. Consultado o 19 de agosto de 2015. 
  7. IG (12/9/2012). "Holandeses vão às urnas em eleições parlamentares" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 19 de agosto de 2015.