Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024

eleccións ao Parlamento de Galicia en 2024

As eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 celebráronse o 18 de febreiro de 2024[1] para elixir os 75 membros da 12ª lexislatura do Parlamento da comunidade autónoma de Galicia.

Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 Editar o valor en Wikidata
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024
 ← 2020 Editar o valor en WikidataGalicia Editar o valor en Wikidata
Data18 de febreiro de 2024 Editar o valor en Wikidata
Tipoeleccións e Eleccións ao Parlamento de Galicia Editar o valor en Wikidata
Cargo elixido75 deputado do Parlamento de Galicia ≈ XII Lexislatura do Parlamento de Galicia Editar o valor en Wikidata
Páxina web oficialeleccionsgalicia2024.gal Editar o valor en Wikidata
Participación política
Electorado2.693.624 Editar o valor en Wikidata
1.493.019
   55.43٪
Ponto percentual (pt) 6.7
Número de votos válidos    Número de votos en branco 12.849   Número de votos nulos 13.955
Resultado da votación Editar o valor en Wikidata
2>
Partido Popular de Galicia  — Alfonso Rueda
700.491   46.92٪
Ponto percentual (pt) 1.26
Deputado 42 → 40 Número de escanos 2
2>
Bloque Nacionalista Galego  — Ana Pontón
467.074   31.28٪
Deputado
2>
PSG PSOE  — Xosé Ramón Gómez Besteiro
207.691   13.91٪
Deputado
VOX
32.493   2.18٪
Deputado

Editar o valor en Wikidata
Investidura presidencial de Galicia de 2024 Editar o valor en Wikidata
Substitúe:Persoa elixida:
Alfonso RuedaAlfonso Rueda Editar o valor en Wikidata

O partido no goberno, o Partido Popular de Galicia de Alfonso Rueda mantivo o seu dominio respecto das eleccións anteriores, aínda que perdeu dous escanos en relación ás eleccións de 2020. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) mantívose no segundo posto e sumou 6 escanos máis dos 19 que xa tiña, o cal o situou no seu mellor resultado histórico. O Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG–PSOE) mantívose no terceiro posto, perdendo 5 escanos e colleitando o seu peor resultado histórico. O partido localista Democracia Ourensana conseguiu entrar no Parlamento cun escano pola circunscrición electoral de Ourense. O apoio aos partidos de Podemos Galicia e Sumar Galicia, que se presentaron ás eleccións por separado, caeu de forma significativa, sen conseguir ningún deles superar o limiar electoral. O partido de extrema dereita Vox tampouco acadou ningún representante.

Visión xeral

editar
 
Logo das eleccións nas páxinas da Xunta de Galicia.

Movementos previos á convocatoria electoral

editar

En maio de 2022, Alfonso Rueda accedeu á presidencia da Xunta trala renuncia de Alberto Núñez Feijóo,[2] elixido presidente do Partido Popular o mes anterior. Se ben aínda restaban máis de dous anos de lexislatura, desde o inicio do seu mandato especulouse coa posibilidade dun adianto electoral. Cando se coñeceu a convocatoria de eleccións xerais anticipadas para o 23 de xullo de 2023, rumoreouse que unha vitoria do PP podería dar lugar á convocatoria de eleccións galegas en outono.

Aínda que o PP foi o partido máis votado nesa convocatoria,[3][4] Feijoo foi incapaz de formar goberno.[5][6][7] Deste xeito arrefriou a posibilidade dunhas eleccións galegas inminentes. Con todo, diferentes iniciativas lanzadas polo PPdeG co reinicio do curso político en setembro, como “Galicia non para”,[8] evidenciaron que Rueda buscaría o referendo das urnas antes do remate da lexislatura.[9]

Nese mesmo outono o resto de partidos activaron a maquinaria electoral, presentando as súas cabezas de lista. O BNG referendou a Ana Pontón como candidata pola práctica unanimidade da militancia.[10] O PSdeG non tivo que celebrar primarias ao non se presentaren candidatos alternativos a Xosé Ramón G. Besteiro.[11] Democracia Orensana anunciou que concorrería por Ourense con Armando Ojea como líder. Sumar e Vox anunciaron que tamén se presentarían, sen precisar a cabeza de lista. Finalmente, o 21 de decembro, Rueda anunciou a disolución do parlamento e a convocatoria de eleccións.[12][13]

Precampaña

editar

Os primeiros compases de precampaña estiveron marcados pola presentación, o 27 de decembro, da candidatura de Sumar, encabezada por Marta Lois. A cúpula galega de Podemos asinou con Sumar Galicia un acordo para que ambas formacións concorresen ás eleccións en coalición. Nunha consulta telemática de carácter vinculante realizada xusto despois, máis do 60% dos participantes rexeitaron o acordo. Podemos acabaría por presentar a súa propia lista en coalición con Recortes Cero.[14]

Xa entrado o mes de xaneiro o foco da campaña volveuse sobre un desastre medioambiental, a vertedura de granulado de plástico na costa galega. O 8 de decembro un barco que navegaba á altura de Viana do Castelo perdeu varios contedores cargados con sacos de microplásticos. Os sacos, en moitas ocasións rotos e derramando a carga, comezaron a chegar á costa galega a mediados de decembro, pero non foi até finais de mes que os efectos da vertedura comezaron a ser evidentes en moitas praias galegas e asturianas.[15]

A Xunta foi criticada por banalizar a importancia da vertedura cando aínda non dispuña dun informe sobre a súa toxicidade. Denunciouse opacidade informativa na CRTVG e nos medios privados, así como as explicacións contraditorias sobre o momento en que se recibira na Xunta o aviso do goberno central sobre o sucedido. Así mesmo, foi notoria a lentitude da Xunta en despregar cuadrillas para o control e retirada da vertedura, mentres xa se creaban grupos de voluntarios que interviñan nas praias.[16]

Nos días seguintes as correntes mariñas acabaron por afastar o groso da vertedura das costas galegas, polo que a crise foi perdendo forza, polo menos desde o punto de vista electoral. Aínda así, deu lugar a que o PPdeG acusase ao BNG de intoxicar as redes sociais con informacións e contas falsas[17] e a unha manifestación moi concorrida en defensa do mar o domingo 21 de xaneiro.[18]

Outra das novas relevantes da segunda semana de xaneiro foi o anuncio de que Lara Méndez deixaría a alcaldía de Lugo para acompañar a Besteiro como número dous por Lugo.[19] O 10 de xaneiro, Vox fixo pública a candidatura de Álvaro Díaz-Mella, ao tempo que confirmaba que presentaría listaxes en todas as provincias.[20] Así mesmo, o domingo 14 de xaneiro, Anova e o BNG asinaron un acordo polo que o primeiro dos partidos chamaba a concentrar o voto no Bloque e se comprometía a participar na súa campaña. Ademais, anunciaba o principio “dun proceso de colaboración (...) destinado a redimensionar nos vindeiros anos o soberanismo galego”.[21] O acordo resultaba tanto máis significativo se temos en conta que a mediados de decembro, Anova rexeitara participar na coalición impulsada por Sumar e Martiño Noriega, líder da formación, desbotase presentarse como o seu candidato á presidencia.[22]

Calendario electoral

editar

Aquí se mostra o calendario electoral para as eleccións do domingo 18 de febreiro de 2024: [23]

  • 21 de decembro: Alfonso Rueda fai público o seu desexo de convocar eleccións.
  • 26 de decembro: Publicación no DOG do Decreto de disolución do Parlamento de Galicia e de convocatoria de eleccións.
  • 27 de decembro a 5 de xaneiro: Prazo para a comunicación á Xunta Electoral da creación de coalicións electorais.
  • 10 a 15 de xaneiro: Prazo para a presentación de candidaturas ante as Xuntas Electorais.
  • 17 de xaneiro: Publicación no DOG das candidaturas presentadas.
  • 22 de xaneiro: Proclamación de candidaturas.
  • 23 de xaneiro: Publicación no DOG das candidaturas proclamadas.
  • 20 a 24 de xaneiro: Prazo de sorteo para a designación de membros das mesas electorais.
  • 21 a 27 de xaneiro: Prazo de notificación das designacións e entrega de manual a membros das mesas electorais.
  • 26 de xaneiro a 8 de febreiro: Prazo de solicitude do voto por correo.
  • 29 de xaneiro a 11 de febreiro: Envío ao elector da documentación necesaria para o voto por correo.
  • 29 de xaneiro a 14 de febreiro: Prazo para o depósito, por parte do elector, do voto por correo.
  • 2 a 16 de febreiro: Campaña electoral.
  • 13 a 17 de febreiro: Prohibición de publicación, difusión ou reprodución de sondaxes electorais.
  • 17 de febreiro: Xornada de reflexión
  • 18 de febreiro: Xornada de votación

Sistema electoral

editar

O Parlamento de Galicia é a institución lexislativa unicameral devolta á comunidade autónoma de Galicia. Ten poderes lexislativos en asuntos propios da autonomía definidos de acordo coa Constitución española e o Estatuto de autonomía de Galicia, así como a habilidade de outorgar e retirar a confianza ao presidente da Xunta.[24]

A votación baseouse no sistema de sufraxio universal, que inclúe tódolos cidadáns maiores de 18 anos rexistrados en Galicia e con pleno exercicio dos seus dereitos políticos. Os 75 membros do Parlamento de Galicia foron elixidos empregando o método D'Hondt e unha lista pechada de representación proporcional, cun limiar mínimo do 5% dos votos válidos (incluídos os votos en branco) aplicado en cada circunscrición. Os partidos que non superaron este limiar non se tiveron en conta para a distribución de asentos. O uso do método D'Hondt pode resultar nun limiar efectivo máis alto dependendo do tamaño da circunscrición electoral.[25]

Os asentos asignáronse a distritos electorais, correspondentes ás provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, cada unha con 10 escanos mínimos iniciais e os 35 restantes distribuídos de xeito proporcional ós seus habitantes.[24][26] Ao igual ca nas anteriores eleccións autonómicas de 2020, nestes comicios á Coruña correspondéronlle 25 escanos; a Lugo e mais a Ourense, 14; e a Pontevedra, 22.

 
Repartimento de escanos en Galicia
 

Galicia

[27]

2.693.624 hab.

75 escanos

Prov.  

A Coruña

 

Pontevedra

 

Lugo

 

Ourense

Pob. 1.088.386 911.704 337.734 355.800
Esc. 25 escanos 22 escanos 14 escanos 14 escanos

Candidaturas

editar

A continuación, móstrase unha lista dos principais partidos e alianzas electorais que concorren ás eleccións, ordenados de maior a menor número de escanos na lexislatura previa á convocatoria de eleccións.

Candidatura Candidato/a Ideoloxía Escanos
 

Partido Popular de Galicia

  Alfonso Rueda

(Presidente en funcións)

Centrodereita a Dereita 42
 

Bloque Nacionalista Galego

  Ana Pontón Esquerda 19
 

PSdeG-PSOE

  Xosé Ramón Gómez Besteiro Centroesquerda 14
Sen representación parlamentaria
 
Sumar Galicia[28]
  Marta Lois[29] Esquerda 0
 

Vox[30]

  Álvaro Díaz-Mella[31] Extrema dereita 0
 
Podemos Galicia-Alianza Verde
  Isabel Faraldo[32] Esquerda 0
 
Democracia Ourensana
Armando Ojea[33] Dereita Nv.
 
Partido Animalista co Medio Ambiente
Manuela García López[34] 0
 
Escanos en Branco
Diego Troncoso Casal 0
 
Por un Mundo Máis Xusto
Marina Fernández Delgado 0
 
Coalición Espazo Común Galeguista

Compromiso por Galicia
Espazo Común
Galicia Sempre
Coalición Galega
Unidade Local

  Pachi Vázquez 0

Listas electorais por provincia

editar

Campaña electoral

editar

A campaña electoral comezou o 2 de febreiro de 2024.[35] En canto aos principais temas de campaña, o PPdeG insistiu en centrar a súa mensaxe en asuntos candentes da política estatal, como a lei de amnistía, o pacto entre o PSOE e os partidos nacionalistas para garantir o goberno tralas eleccións do 23X ou a relación entre o BNG e Bildu. O PPdeG presentouse como garantía de estabilidade fronte dun multipartito caótico.[36] Ao tempo, esforzábase en identificar ao seu candidato como unha persoa próxima e previsíbel, de perfil técnico e afastado de aventuras ideolóxicas.

O BNG centrou a súa campaña na imaxe da súa candidata, potenciando a súa figura de presidenciable. Procurou afastarse de cuestións relacionadas coa estrutura territorial, insistindo en asuntos clásicos da esquerda como a defensa dos servizos públicos, do emprego de calidade e de valores como o feminismo, sen abandonar reivindicacións clásicas do nacionalismo como a saúde da lingua e da cultura galegas.

Besteiro, pola súa banda, recibiu un forte apoio do PSOE. Pedro Sánchez protagonizou cinco mitins en Galicia entre a precampaña e a campaña.[37] Tratábase de capitalizar, desta maneira, os investimentos do estado no país, como os relacionados co tren de alta velocidade. Así mesmo, houbo unha grande implicación do alcalde de Vigo, Abel Caballero, que buscaba mobilizar o voto da cidade e da súa área metropolitana.[38]

En canto a Sumar, a súa candidata esforzouse en facer ver que o voto á súa formación non dividía á esquerda, senón que ampliaba a súa capacidade de mobilización. En todo momento comprometeu os escanos da súa formación ao servizo dun goberno progresista.[39] As demandas de DO centráronse na provincia de Ourense, denunciando unha histórica falta de investimentos que serían a causa do seu declive demográfico e económico. Podemos realizou unha campaña con mensaxes radicais, como a creación dun imposto sobre as grandes fortunas.[40] En tanto, Vox tratou de captar votos entre o electorado desencantado do PPdeG, insistindo en asuntos como a imposición do galego, que os populares tolerarían.[41]

Enquisas e debates electorais

editar

Enquisas

editar

A catro semanas das eleccións as máis das enquisas coincidían en sinalar que o PP retería a maioría absoluta, se ben na contorna dos 39 ou 40 deputados. O BNG situábase arredor de 20 deputados e o PSdeG sobre os 15. Case todas as enquisas daban por segura a entrada de DO en Ourense e outorgaban serias posibilidades a Sumar de lograr un deputado pola Coruña. En canto a Vox e Podemos, colocábanos lonxe de obteren representación.

Porén, unha enquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas publicada o 25 de xaneiro prognosticou que o PPdeG estaba a piques de perder a maioría absoluta. Ese mesmo prognóstico repetiuse nunha nova enquisa do CIS publicada o 5 de febreiro, xa en plena campaña. Esta última enquisa situaba o PPdeG nun abano de entre 34 e o 38 escanos, ao BNG entre 22 e 26 e ao PSdeG entre 13 e 15. Así mesmo, outorgaba a DO e a Sumar posibilidades de lograren cadanseu escano.[42] [43].

Unha nova enquisa do CIS coñecida o 12 de febreiro volveu repetir o prognóstico de escanos para o PP, ao que outorgaba máis do 42% dos votos, dous puntos menos que na enquisa anterior. O BNG, a quen asignaba un abano entre os 24 e os 31 escanos, superaba o 33% dos votos. O PSdeG, con pouco máis do 18%, ficaba con entre 9 e 14 escanos. De novo situaba a DO e Sumar no limiar de conseguiren representación.

Debates

editar

O único debate da campaña coa presenza do candidato popular, amais das cabezas de lista do BNG, PSdeG, Sumar e Podemos, celebrouse o luns 5 de febreiro. O debate, de arredor de dúas horas de duración, emitiuse na TVG en horario de máxima audiencia. A valoración do debate entre os medios de esquerda foi de absoluta vitoria da oposición. Estes mesmos medios destacaron o escaso carisma de Rueda e os seus frecuentes erros. Un dos máis soados foi a mensaxe final, en que cun ton que se pretendía irónico, pedía que non se lle votase e convidaba o electorado a ler o programa do Bloque.[44] [45]

O seguinte gráfico representa a media das enquisas de diferentes medios sobre o gañador do debate electoral a 5 do día 5 de febreiro de 2024 na CRTVG.[46][47][48][49][50][51]





 
Gañador do debate electoral
do 5 de febreiro (media)

     BNG-Pontón (42.6%)     PPdeG-Rueda (35.5%)     PSdeG-Besteiro (11.0%)     Podemos-Faraldo (7.8%)     Sumar-Lois (2.5%)     Non sabe/non responde/en branco (1.7%)

A media das enquisas analizadas deu como resultado que a candidata do BNG saíu vencedora do debate cun 42,6%. En troques, o candidato do PP, Alfonso Rueda saíu do debate moi debilitado logo de varios choques con Pontón. Os outros dous candidatos que saíron lixeiramente afectados logo do debate foron Xosé Ramón Besteiro (PSdeG) e Marta Lois (Sumar). Pola contra, a candidata de Podemos saíu reforzada polos seus enfrontamentos directos co presidente en funcións da Xunta de Galicia.[52][53][54][55]

Medio Rueda Pontón Besteiro Faraldo Lois Dif.
Atlántico[56] 37 % 52 % 4.5 % 4 % 1.1 % 15 %
Eldiario.es[57] 19 % 51 % 10 % 15 % 5 % 32 %
ABC[58] 46 % 18 % 32 % 2 % 2 % 14 %
FdeV[59] 36 % 55 % 4 % 3 % 1 % 19 %
Público[60] 16 % 53 % 9 % 17 % 5 % 36 %
El Debate[61] 58 % 27 % 6 % 6 % 1 % 31 %
Media 35.5 % 42.6 % 11.0 % 7.8 % 2.5 % 7.1 %

Debates

editar
Data Organizador Moderador/es   P   Presente   S   Substituto   A   Invitado ausente    NI   Non invitado Audiencia

en directo

Ref.
PP BNG PSOE Sumar Podemos DO Vox
2 de febreiro Radio Galicia Ricardo Rodríguez S

Couñago

P

Pontón

P

Besteiro

NI NI NI NI [62]
5 de febreiro CRTVG Marta Darriba e Alejandro López P

Rueda

P

Pontón

P

Besteiro

P

Lois

P

Faraldo

NI NI 18%

150.000 [63]

[64]
14 de febreiro RTVE Xabier Fortes A

Rueda

P

Pontón

P

Besteiro

NI NI NI NI 17,4%

146.000 [65]

[66]

Lemas de campaña

editar

Programas electorais

editar
Partido/Coalición Partidos Programa electoral Programa
  Partido Popular de Galicia A Galicia que funciona
 
  Bloque Nacionalista Galego A Galiza que queres
 
sinmarco
  Partido dos Socialistas de Galicia O cambio real en Galicia
 
sinmarco
  Sumar Galicia Un proxecto de país
 
  Vox Galicia a mejor
 
  Podemos Galicia Facer o que nunca se fixo
 
  Partido Animalista co Medio Ambiente Moito por facer
 

Xornada electoral

editar
Participación
Hora 2020 2024    %
12:00 19,42 % 17,12 %   2,32 %
17:00 42,97 % 49,17 %   6,23 %
20:00 48,97 % 67,30 %   18,33 %
Fonte: Xunta de Galicia (2020), (2024)[75][76]

Resultados

editar

Resultados provisionais (aínda falta o reconto do voto no exterior)[77]

Resumo dos resultados das eleccións do 18 de febreiro de 2024
ao Parlamento de Galicia
 
Partidos e coalicións Votos Escanos
Votos % ±pp Total /−
PPdeG 700.491 47,36% –0,59%
40 / 75
–2
BNG 467.074 31,58% 7,79%
25 / 75
6
PSdeG 207.691 14,04% -5,34%
9 / 75
–5
Vox 32.493 2,20% 0,15%
0 / 75
±0
Sumar 28.171 1,90% novo
0 / 75
±0
DO 15.312 1,04% novo
1 / 75
1
PACMA 5.373 0,36% –0,10%
0 / 75
±0
Podemos 3.854 0,26% -3,68%
0 / 75
±0
EB 2.744 0,19% 0,14%
0 / 75
±0
ECG 1.542 0,10% novo
0 / 75
±0
M J 1.470 0,10% 0,03%
0 / 75
±0
En branco 12.849 0,87% –0,03%
Total 1.479.064 75 ±0
Votos válidos 1.479.064 99,07% –0,02%
Votos nulos 13.955 0,93% 0,02%
Votos emitidos / participación 1.493.019 67,30% 18,34%
Abstención 725.229 32,69% -18,34%
Votantes rexistrados 2.693.624
Fontes[78]
Porcentaxe de voto
PPdeG
  
47.36%
BNG
  
31.58%
PSdeG
  
14.04%
Vox
  
2.20%
Sumar
  
1.90%
DO
  
1.04%
Outros
  
1.01%
Votos en branco
  
0.87%
Escanos
PPdeG
  
53.33%
BNG
  
33.33%
PSdeG
  
12.00%
DO
  
1.33%

Resultados por provincias

editar
Candidaturas máis votadas
   
Circunscricións (provincias) Porcentaxe de voto do partido máis votado por circunscrición
Candidatura  

Galicia[79]

 

A Coruña[80]

 

Pontevedra[81]

 

Lugo[82]

 

Ourense[83]

Votos % Esc.    Votos % Esc.    Votos % Esc.    Votos % Esc.    Votos % Esc.   
PPdeG 700.491 47.36 40   2 288.911 47.67 13   1 226.633 43.97 11   98.803 53.39 8   1 86.144 49.90 8  
BNG 467.074 31.57 25   6 197.929 32.66 9   2 178.812 34.69 8   2 46.575 25.16 4   1 43.758 25.35 4   1
PSdeG 207.691 14.04 9   5 78.458 12.94 3   1 75.963 14.73 3   2 31.845 17.20 2   21.425 12.41 1   2
DO 15.312 1.03 1 Nv NA NA NA 15.312 8.87 1 Nv
Vox 32.493 2.19   14.896 2.45   11.642 2.25   3.348 1.80   2.607 1.51  
Sumar 28.171 1.92 Nv 13.667 2.25 Nv 12.537 2.43 Nv 1.112 0.6 Nv 855 0.49 Nv
PACMA 5.373 0.36   2.344 0.38   2.208 0.42   449 0.24   372 0.21  
Podemos 3.854 0.26   1.772 0.29   1.522 0.29   323 0.17   237 0.13  
EB 2.744 0.18   1.094 0.18   934 0.18   560 0.30   156 0.09  
ECG 1.542 0.10 Nv 403 0.10 Nv 351 0.06 Nv 247 0.13 Nv 541 0.31 Nv
M J 1.470 0.09   655 0.06   555 0.10   147 .07   113 0.06  
En branco 12.849 0.86 5.865 0.96 4.262 0.82 1.634 0.88 1.088 0.63
Nulos 13.955 0.93 5.220 0.85 5.375 1.03 2.182 1.16 1.178 0.67
Total 100% 75   611.214 100% 25   520.794 100% 22   187.225 100% 14   173.786 100% 14  

A noite electoral

editar

As enquisas, en especial a do CIS, o éxito da campaña en redes do Bloque ou a mobilización do voto urbano que prevían as enquisas e foron confirmando os datos de participación durante a xornada electoral, parecían anunciar que se produciría unha remuda do goberno. Con todo, ao peche dos colexios, a TVG difundiu unha enquisa de GAD3 que se acabaría por revelar certeira. Segundo o seu prognóstico, o PP conservaba a maioría con 39 ou 40 escanos, o BNG acadaba 24 ou 25, o PSOE 10 ou 11 e Democracia Ourensana ficaba ao bordo de obter un escano.[84]

Os primeiros resultados provisionais confirmaron que sería difícil que o PP perdese a maioría. Co 20% dos votos escrutados situábase en 45 escanos. Escrutados a metade dos votos, lograba 42. Pasadas as dez da noite, con máis do 70% do voto escrutado, o PP acadaba 40. O resultado só se movería para marcar o vixésimo quinto escano do BNG.

Estes resultados desataron a euforia na sede do PPdeG.[85] Rueda remarcou que conseguira máis de setecentos mil votos. Feijoo considerou que o resultado supuña un referendo das políticas do PP fronte ás de Pedro Sánchez, de quen Isabel Díaz Ayuso chegou a pedir a dimisión ao día seguinte, atribuíndolle a responsabilidade directa nos resultados do PSdeG.[86][87]

Desde o BNG resaltouse o crecemento da formación, constituída na única alternativa ao PP.[88] Ao tempo, lamentábase a incapacidade de concretar unha maioría de goberno. Así mesmo, Ana Pontón compareceu ante os medios con ansia de liderar a oposición. Mostrouse disposta a seguir construíndo un proxecto que puidese disputar ao PP a maioría na seguinte convocatoria.[88]

No PSdeG non ocultaron a súa decepción polos resultados. Besteiro ofreceuse a seguir liderando o partido desde a oposición parlamentaria.[89] Desde o PSOE laiáronse polo pouco tempo que tiveran para presentaren o seu candidato, dando a entender que o respaldarían no liderado do socialismo galego.

Armando Ojea compareceu acompañado de Jácome, o alcalde de Ourense. Este sinalou que os resultados eran históricos[90] e que desde o parlamento galego fiscalizarían sen descanso as actuacións da Xunta na provincia.

Deputados electos

editar
 
PPdeG
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
 
BNG
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
 
PSdeG-PSOE
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra

Carmen Rodríguez Dacosta

 
Democracia Ourensana
Ourense
Armando Ojea

Investidura do presidente da Xunta de Galicia

editar
Candidato Data Voto         Total
 
Alfonso Rueda
(PPdeG)
11 de abril de 2024[91]
Maioría requirida:
Absoluta (38/75)
 Si 40
40 / 75
Non 25 9
34 / 75
Abstención 1
1 / 75
Ausencia
0 / 75
  1. "As eleccións galegas serán o 18 de febreiro". Nós Diario. 21 de decembro de 2023. Consultado o 21 de decembro de 2023. 
  2. Gago, José (12 de maio de 2022). "Alfonso Rueda, nuevo presidente de la Xunta de Galicia". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 29 de febreiro de 2024. 
  3. Amigot, Beatriz (23 de xullo de 2023). "El PP gana, pero España se enfrenta a un escenario de bloqueo que abre la puerta a nuevas elecciones". expansion.com (en castelán). Consultado o 29 de febreiro de 2024. 
  4. Menéndez, María (23 de xullo de 2023). "El PP gana las elecciones, el PSOE aguanta y se abre un escenario de ingobernabilidad sin ningún bloque con mayoría". rtve.es (en castelán). Consultado o 29 de febreiro de 2024. 
  5. Redacción (29 de setembro de 2023). "Por qué el conservador Alberto Núñez Feijóo no será presidente del gobierno en España pese a haber ganado las elecciones (y qué pasa ahora)". bbc.com (en castelán). Consultado o 29 de febreiro de 2024. 
  6. Redacción (27 de setembro de 2023). "Primera derrota de Feijóo en su investidura al no alcanzar la mayoría absoluta necesaria". lasexta.com (en castelán). Consultado o 29 de febreiro de 2024. 
  7. Esteban, Paloma (29 de setembro de 2023). "Feijóo pierde la votación definitiva de su investidura y se abre el tiempo de Sánchez". epe.es (en castelán). Consultado o 29 de febreiro de 2024. 
  8. PP de Galicia (28/11/2023). Con Alfonso RUEDA... Galicia NON PARA! (Youtube). 
  9. "Rueda inicia a precampaña electoral: o PPdeG anuncia que o presidente da Xunta percorrerá o país "para atender as preocupacións reais" da poboación". Praza Pública. 30/9/2023. Consultado o 5/2/2024. 
  10. Europa Press / Redacción (25 de novembro de 2023). "Pontón, elixida por terceira vez como candidata do BNG ás eleccións galegas: "Estou preparada"". galiciaconfidencial.com. Consultado o 29 de febreiro de 2024. 
  11. Domínguez, Daniel (18 de outubro de 2023). "Besteiro es proclamado candidato a la Xunta del PSdeG ante la falta de rivales". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 29 de febreiro de 2024. 
  12. Redacción (21/12/2023). "Rueda anuncia as eleccións de Galicia para o 18 de febreiro". Galicia Confidencial. Consultado o 5/2/2024. 
  13. Domínguez, Daniel (21 de decembro de 2023). "Rueda convoca elecciones en Galicia el próximo 18 de febrero". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 29 de febreiro de 2024. 
  14. Redacción (30/12/2023). "As bases de Podemos rexeitan o acordo con Sumar para as eleccións galegas". Praza Pública. Consultado o 5/2/2024. 
  15. Pardo, Luis (15 de xaneiro de 2024). "Así llegaron los primeros pellets a Galicia: los 60 sacos que recogió Rodrigo en las playas de Corrubedo". eldiario.es (en castelán). Consultado o 29 de febreiro de 2024. 
  16. Martínez, Ana (11 de xaneiro de 2024). "La crisis de los ‘pellets’ en Galicia en 11 pasos". /efe.com (en castelán). Consultado o 29 de febreiro de 2024. 
  17. "O PP di ser vítima dunha "trama de manipulación dixital" da que acusa sen probas a BNG e PSdeG". Praza Pública. 17/1/2024. Consultado o 12/2/2024. 
  18. Mariño Fernández, Ramón (21 de xaneiro de 2024). "Gran manifestación contra a marea plástica de péllets en Santiago denunciando "incompetencia" das autoridades". gal.galiciapress.es. Consultado o 29 de febreiro de 2024. 
  19. "Lara Méndez anuncia que deixará a alcaldía de Lugo". Nos Diario. 08/1/2024. Consultado o 10/2/2024. 
  20. "Álvaro Díaz-Mella será o candidato de Vox nas eleccións autonómicas". Diario de Pontevedra. 10/1/2024. Consultado o 12/2/2024. 
  21. Reinero, David (14/01/2024). "12 anos e 2,5 quilómetros: "Era importante cicatrizar as feridas"". Praza Pública. Consultado o 10/2/2024. 
  22. "Anova rexeita unirse a Sumar e que Noriega sexa candidato ás eleccións autonómicas". El Progreso. 18/12/2023. Consultado o 10/2/2024. 
  23. Galicia, Xunta de (2016-02-08). "Eleccións ao Parlamento de Galicia 2024". Xunta de Galicia. Consultado o 2023-12-26. 
  24. 24,0 24,1 Boletín Oficial del Estado, ed. (6 de abril de 1981). "Ley Orgánica 1/1981, de 6 de abril, de Estatuto de Autonomía para Galicia" (en castelán). Consultado o 8 de agosto de 2017. 
  25. Gallagher, Michael (30 de xullo de 2012). Trinity College, Dublin, ed. "Effective threshold in electoral systems". Archived from the original on 30 de xullo de 2017. Consultado o 22 de xullo de 2017. 
  26. Boletín Oficial del Estado, ed. (13 de agosto de 1985). "Ley 8/1985, de 13 de agosto, de elecciones al Parlamento de Galicia" (en castelán). Consultado o 8 de agosto de 2017. 
  27. "Censo Electoral / Eleccións ao Parlamento de Galicia de 18 de febreiro de 2024 / Eleccións Parlamento de Galicia de 18 de febreiro de 2024". INE (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2024. Consultado o 2023-12-31. 
  28. "Sumar irá con Podemos e Esquerda Unida ás eleccións galegas". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-12-27. Consultado o 2023-12-27. 
  29. SER, Cadena (2023-12-26). "Marta Lois será a candidata de Sumar para as eleccións galegas". cadena SER (en castelán). Consultado o 2023-12-26. 
  30. Ramos, Ana Belén (2023-11-24). "Vox presentará lista en Galicia y torpedea el objetivo del PP de mantener la absoluta". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 2023-12-02. 
  31. "Álvaro Díaz-Mella será o candidato de Vox nas eleccións galegas". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-01-10. Consultado o 2024-01-10. 
  32. "Isabel Faraldo será a candidata de Podemos ás autonómicas galegas". www.publico.es. 2023-12-27. Consultado o 2023-12-30. 
  33. Abarrategui, Lucía (2023-11-15). "Ojea será o cabeza de lista de D.O. nas eleccións autonómicas". cadena SER (en castelán). Consultado o 2023-12-30. 
  34. "O partido animalista Pacma preséntase ás eleccións galegas nas catro provincias". La Voz de Galicia. 16 de xaneiro de 2024. Consultado o 6 de marzo de 2024. 
  35. Rodríguez, Iñigo Caínzos, Ricardo (2024-02-01). "18F: comienza la campaña electoral más abierta en Galicia en 15 años". cadena SER (en castelán). Consultado o 2024-02-02. 
  36. Europa Press Galicia (26 de decembro de 2023). "El PP se erige en garante de la "estabilidad" frente a "un multipartito" que ve "sólo unido" en su apoyo a Sánchez". europapress.es (en castelán). Consultado o 29 de febreiro de 2024. 
  37. "O PSdeG promete un goberno con máis emprego e conquistas sociais e pecha filas con Besteiro". Praza Pública. 16/02/2024. Consultado o 19/02/2024. 
  38. "Pedro Sánchez redobra o apoio a Besteiro ante a "semana crucial" para "gobernar o cambio"". Praza Pública. 10/2/2024. Consultado o 10/2/2024. 
  39. "Marta Lois: “A clave destas eleccións non é agrupar o voto, é mobilizar ao electorado progresista”". O Salto. 12/2/2024. Consultado o 12/2/2024. 
  40. "“Podemos será o único que manteña un imposto ás grandes fortunas galegas como a de Amancio Ortega”". O Salto. 11/2/2024. Consultado o 12/2/2024. 
  41. "“Hay muchos gallegos que sin Vox no se sentirían representados”". El Correo Gallego. 12/2/2024. Consultado o 12/2/2024. 
  42. "Así marchan as enquisas: entre unha axustada maioría absoluta do PP e a vitoria da esquerda". 1/2/2024. Consultado o 5/2/2024. 
  43. "O CIS prevé unha vitoria da esquerda cun goberno liderado polo BNG". 5/2/2024. Consultado o 5/2/2024. 
  44. "Rueda tropieza en el debate y permite visibilizar una alternativa de izquierdas encabezada por Ana Pontón". El Diario. 6/2/2024. Consultado o 10/2/2024. 
  45. "El debate electoral alcanzó una audiencia del 18% y fue lo más visto en Galicia durante toda su emisión". El Diario. 6/2/2024. Consultado o 10/2/2024. 
  46. "ENCUESTA | ¿Quién ganó el debate de las elecciones gallegas de la CRTVG?". Atlántico Diario (en castelán). 2024-02-06. Consultado o 2024-02-06. 
  47. "ENCUESTA | ¿Quién crees que ha ganado el debate de las elecciones gallegas?". elDiario.es (en castelán). 2024-02-05. Consultado o 2024-02-06. 
  48. "¿Quién ha ganado el debate de las elecciones en Galicia?". ABC (en castelán). 2024-02-05. Consultado o 2024-02-06. 
  49. R.V (2024-02-06). "VOTA: ¿Quién ganó el debate electoral?". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2024-02-06. 
  50. "Encuesta: ¿Quién ha ganado el debate de las elecciones en Galicia?". www.publico.es. 2024-02-05. Consultado o 2024-02-06. 
  51. "Encuesta | ¿Quién crees que ha ganado el debate electoral de Galicia retransmitido por TVG?". El Debate (en castelán). 2024-02-05. Consultado o 2024-02-06. 
  52. "Rueda vs Pontón y guerra de datos en el debate electoral a cinco para el 18-F". ELMUNDO (en castelán). 2024-02-05. Consultado o 2024-02-07. 
  53. "El debate de todos contra Alfonso Rueda". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-02-05. Consultado o 2024-02-07. 
  54. "Rueda y Pontón convierten en un cara a cara el debate electoral". EFE Noticias (en castelán). 2024-02-06. Consultado o 2024-02-07. 
  55. "El PP y el BNG protagonizan el debate electoral a cinco en Galicia". El Imparcial (en castelán). Consultado o 2024-02-07. 
  56. "ENCUESTA | ¿Quién ganó el debate de las elecciones gallegas de la CRTVG?". Atlántico Diario (en castelán). 2024-02-06. Consultado o 2024-02-06. 
  57. "ENCUESTA | ¿Quién crees que ha ganado el debate de las elecciones gallegas?". elDiario.es (en castelán). 2024-02-05. Consultado o 2024-02-06. 
  58. "¿Quién ha ganado el debate de las elecciones en Galicia?". Diario ABC (en castelán). 2024-02-05. Consultado o 2024-02-06. 
  59. R.V (2024-02-06). "VOTA: ¿Quién ganó el debate electoral?". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2024-02-06. 
  60. "Encuesta: ¿Quién ha ganado el debate de las elecciones en Galicia?". www.publico.es. 2024-02-05. Consultado o 2024-02-06. 
  61. "Encuesta | ¿Quién crees que ha ganado el debate electoral de Galicia retransmitido por TVG?". El Debate (en castelán). 2024-02-05. Consultado o 2024-02-06. 
  62. Caínzos, Iñigo (2024-01-30). "La campaña gallega empieza en la SER: primer debate decisivo de las autonómicas". cadena SER (en castelán). Consultado o 2024-01-31. 
  63. Pardo, Luís (2024-02-06). "El debate electoral alcanzó una audiencia del 18% y fue lo más visto en Galicia durante toda su emisión". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2024-02-07. 
  64. Pardo, Luís (2024-01-22). "La TVG propone un único debate con PP, BNG, PSOE, Sumar y Podemos pero deja fuera a Vox y Jácome". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2024-01-22. 
  65. "El debate entre Pontón y Besteiro en TVE lidera la audiencia en Galicia y se queda a sólo 5.000 espectadores del de TVG". elDiario.es (en castelán). 2024-02-15. Consultado o 2024-02-15. 
  66. RTVE, PRENSA (2023-12-28). "RTVE ofrece un debate en las elecciones gallegas de 2024". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2024-01-22. 
  67. "'A Galicia que funciona' será el lema de Rueda en la campaña para los comicios del 18 de febrero". Europa Press. Consultado o 27 de xaneiro de 2024. 
  68. Axencias/Redacción (4 de decembro de 2023). "El BNG lanza la candidatura de Pontón a la Xunta con un multitudinario acto: "É agora!"". laregion.es (en castelán). Consultado o 29 de febreiro de 2024. 
  69. Prieto, Susana (2024-02-02). "El PSOE, "Desta vai!": Pegada de carteles en O Barco y A Rúa". ValdeorrasDeCerca (en castelán). Consultado o 2024-02-02. 
  70. Redacción (3 de febreiro de 2024). "Los eslóganes y lemas de la campaña a las elecciones gallegas 2024". atlantico.net (en castelán). Consultado o 29 de febreiro de 2024. 
  71. "VOX #18F". VOX #18F (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2024. Consultado o 2024-02-02. 
  72. Redacción (31 de xaneiro de 2024). ""Defende as túas ideas": este é o lema co que Podemos apela ao apoio da "xente común"". nosdiario.gal. Consultado o 29 de febreiro de 2024. 
  73. "¡Vota PACMA! Moito por facer.". YouTube. Consultado o 6 de marzo de 2024. 
  74. Beramendi, Mario (2024-02-09). "El Bloque escenifica el retorno de Beiras tras su alianza con Yolanda Díaz". La Voz de Galicia (en castelán). 
  75. "Datos de avances de participación". /resultados2024.xunta.es. Consultado o 21 de febreiro de 2024. 
  76. Montoto, Lara; Navarro, Diego (18 de febreiro de 2024). "La participación en las elecciones gallegas a las 17:00 se sitúa en el 49,2%, la más alta desde 2009". newtral.es (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2024. 
  77. "Resultados". Eleccións Galicia 2024. 
  78. "Eleccións 2024 Parlamento de Galicia. Resultados Provisionais". resultados2024.xunta.gal. 18 de febreiro de 2024. Consultado o 18 de febreiro de 2024. 
  79. "Resultados eleccións ao Parlamento de Galicia 2024". resultados2024.xunta.es. Consultado o 18 de febreiro de 2024. 
  80. "A Coruña, resultados eleccións ao Parlamento de Galicia 2024". resultados2024.xunta.es. Consultado o 18 de febreiro de 2024. 
  81. "Pontevedra, resultados eleccións ao Parlamento de Galicia 2024". resultados2024.xunta.es. Consultado o 18 de febreiro de 2024. 
  82. "Lugo, resultados eleccións ao Parlamento de Galicia 2024". resultados2024.xunta.es. Consultado o 18 de febreiro de 2024. 
  83. "Ourense, resultados eleccións ao Parlamento de Galicia 2024". resultados2024.xunta.es. Consultado o 18 de febreiro de 2024. 
  84. Redacción (18 de febreiro de 2024). "A enquisa de GAD 3 para a CRTVG outorga 39-40 ao PP, 25-26 ao BNG, 9-10 ao PSOE e 0-1 a DO". nosdiario.gal. Consultado o 29 de febreiro de 2024. 
  85. Vizoso, Sonia; Martínez, Virginia (19 de febreiro de 2024). "Euforia en el PP gallego tras una sufrida campaña: “Galicia le ha mandado un mensaje a España”". elpais.com (en castelán). Consultado o 29 de febreiro de 2024. 
  86. Coiduras, Cynthia (19 de febreiro de 2024). "Ayuso pide la dimisión de Sánchez tras la victoria de Rueda: "Feijóo es la esperanza"". elplural.com (en castelán). Consultado o 23 de febreiro de 2024. 
  87. Redacción (19 de febreiro de 2024). "Ayuso pide la dimisión de Sánchez tras los resultados del PSOE el 18F: "Un político normal dimitiría esta misma mañana"". infolibre.es (en castelán). Consultado o 23 de febreiro de 2024. 
  88. 88,0 88,1 Redacción (18 de febreiro de 2024). "Ana Pontón celebra el histórico resultado del BNG en la Xunta, pero asegura que no es suficiente: "Este país ya ha cambiado"". telecinco.es (en castelán). Consultado o 29 de febreiro de 2024. 
  89. Triñans, Ana (19 de febreiro de 2024). "Gómez Besteiro asume los malos resultados del PSdeG y asegura que “su destino” está en Galicia". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 29 de febreiro de 2024. 
  90. Europa Press Galicia (19 de febreiro de 2024). "Jácome ve "absolutamente histórico" que DO entre en el Parlamento gallego". europapress.es (en castelán). Consultado o 29 de febreiro de 2024. 
  91. Redacción (11 de abril de 2024). "Rueda, investido presidente de la Xunta: "Galicia vai funcionar aínda mellor"". laregion.es (en castelán). Consultado o 17 de abril de 2024. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar