Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1997
O 19 de outubro de 1997 celebráronse as quintas eleccións ao parlamento de Galicia. Sobre un censo de 2.565.369 electores, os votantes foron 1 603 731 (62,5%), con 961.638 abstencións (37,5%). O Partido Popular de Galicia gañou novamente por maioría absoluta e conseguiu o nomeamento do seu candidato, Manuel Fraga Iribarne, como o presidente da Xunta. O PsdeG foi superado como segunda forza política polo Bloque Nacionalista Galego. O resto de partidos políticos non conseguiron representación parlamentaria.
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1997 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
← 1993 2001 → | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Data | 19 de outubro de 1997 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tipo | Eleccións ao Parlamento de Galicia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cargo elixido | 75 deputado do Parlamento de Galicia ≈ V Lexislatura do Parlamento de Galicia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participación política | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Resultado da votación | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Investidura presidencial de Galicia de 1997 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Substitúe: | Persoa elixida: | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Manuel Fraga Iribarne | Manuel Fraga Iribarne |
Resultados
editarPartido | Votos | % | A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra | Escanos | Dif. |
Partido Popular de Galicia (PPdeG) | 832.751 | 52,19 | 13 | 9 | 8 | 12 | 42 | -1 |
Bloque Nacionalista Galego (BNG) | 395.435 | 24,78 | 6 | 3 | 3 | 6 | 18 | 5 |
Coalición PSdeG-PSOE, Esquerda de Galicia, Os Verdes | 310.508 | 19,46 | 5 | 3 | 3 | 4 | 15 | -4 |
Izquierda Unida (IU) | 13.964 | 0,88 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | = |
Democracia Galega | 11.538 | 0,72 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | = |
Frente Popular Galega (FPG) | 3.395 | 0,21 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | = |
Partido Humanista (PH) | 2.543 | 0,16 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | = |
Á parte, contabilizáronse 20.937 (1,3%) votos brancos.
Parlamentarios electos
editarPola provincia da Coruña
editar- Manuel Fraga Iribarne (PPdeG)
- Antonio Couceiro Méndez (PPdeG). Baixa 18-10-1999. Substituído por María Begoña Freire Vázquez.
- José María Hernández Cochón (PPdeG)
- José Antonio Orza Fernández (PPdeG)
- Gerardo Conde Roa (PPdeG). Baixa 14-7-2000. Substituído por Antonio Concheiro Coello.
- Juan Manuel Juncal Rodríguez (PPdeG)
- Manuel Ruiz Rivas (PPdeG)
- Jaime Pita Varela (PPdeG)
- José Manuel Vila Pérez (PPdeG)
- María Elisa Madarro González (PPdeG)
- Jesús María Fernández Rosende (PPdeG)
- Manuel López Outeiral (PPdeG)
- María Marta Álvarez Montes (PPdeG)
- Xosé Manuel Beiras Torrado (BNG)
- María Pilar García Negro (BNG)
- Camilo Nogueira Román (BNG). Baixa 14-7-1999. Substituído por Domingos Merino Mejuto.
- Xosé Henrique Rafael Tello León (BNG)
- Jesús Manuel Vega Buján (BNG)
- Xosé Díaz Díaz (BNG)
- Miguel Ángel Cortizo Nieto (PSdeG)
- Anxo Guerreiro Carreiras (Esquerda de Galicia)
- Javier Losada de Azpiazu (PSdeG). Baixa 17-2-1999. Substituído por María Soledad Soneira Tajes.
- Emilio Pérez Touriño (PSdeG)
- José Luis Méndez Romeu (PSdeG)
Pola provincia de Lugo
editar- Manuela López Besteiro (PPdeG)
- Mauro Varela Pérez (PPdeG)
- Dositeo Rodríguez Rodríguez (PPdeG). Baixa 3-7-1999. Substituído por Sergio López García.
- Fernando Carlos Rodríguez Pérez (PPdeG). Baixa 27-3-2000. Substituído por Manuel Mendoza López.
- José María García Leira (PPdeG)
- Celso Currás Fernández (PPdeG)
- Fernando Pensado Barbeira (PPdeG). Baixa 6-7-1999. Substituído por Ascensión Yeguas Sánchez.
- José Manuel Barreiro Fernández (PPdeG)
- María Jesús Tapia Fernández (PPdeG)
- Alberte Xulio Rodríguez Feixoo (BNG)
- Emilio López Pérez (BNG)
- Eduardo Gutiérrez Fernández (BNG)
- Isabel Salazar Bello (PSdeG)
- Francisco Sineiro García (PSdeG)
- Ismael Rego González (PSdeG)
Pola provincia de Ourense
editar- Celso Delgado Arce (PPdeG). Baixa 21-3-2000. Substituído por Gregorio Rodríguez Fernández.
- Cástor Gago Álvarez (PPdeG)
- Daniel Barata Quintas (PPdeG). Baixa 14-7-2000. Substituído por Serafín Escudero Centrón.
- Miguel Santalices Vieira (PPdeG)
- María Dolores Rodríguez Seijas (PPdeG)
- Manuel López Casas (PPdeG). Baixa 23-1-2001. Substituído por José Jaime Francisco Vázquez Iglesias.
- Roberto Castro García (PPdeG)
- Joaquín Muñoz González (PPdeG)
- Alfredo Suárez Canal (BNG)
- Xosé Henrique Rodríguez Peña (BNG)
- Xosé Francisco Ferreiro Abelleira (BNG)
- Manuel Veiga Pombo (PSdeG)
- Francisco Javier Casares Mouriño (PSdeG)
- María Antonia Álvarez Yáñez (PSdeG)
Pola provincia de Pontevedra
editar- José Cuíña Crespo (PPdeG)
- Alberto Durán Núñez (PPdeG)
- Miguel Domínguez Vaz (PPdeG)
- Jesús Palmou Lorenzo (PPdeG)
- Pablo Crespo Sabarís (PPdeG). Baixa 4-7-1998. Substituído por María Nava Castro Domínguez. Baixa 4-12-1998. Substituída por Carlos Rodríguez Pablos.
- Jesús Pérez Varela (PPdeG)
- Juan Pedrosa Vicente (PPdeG)
- Juan Manuel Casares González (PPdeG)
- Justo José González Ballesta (PPdeG)
- Ramón Cortegoso Fernández (PPdeG)
- José Enrique Sotelo Villar (PPdeG). Baixa 6-7-1999. Substituído por María Fernanda Blanco Fernández.
- María del Carmen García Campelo (PPdeG)
- Bautista Álvarez Domínguez (BNG)
- Francisco Trigo Durán (BNG)
- María Olaia Fernández Dávila (BNG)
- María Salomé Álvarez Blanco (BNG)
- Bieito Lobeira Domínguez (BNG)
- Rosa Darriba Calviño (BNG)
- Abel Caballero Álvarez (PSdeG)
- María Dolores Villarino Santiago (PSdeG)
- Xosé Manuel Pazos Varela (Esquerda de Galicia)
- Antón Louro Goyanes (PSdeG)
Investidura do Presidente da Xunta de Galicia
editarA votación para a investidura do Presidente da Xunta de Galicia no Parlamento de Galicia tivo o seguinte resultado:
Candidato | Data | Voto | EdeG | Total | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Manuel Fraga (PP) |
3 de decembro de 1997 Maioría requirida: Absoluta (38/75) |
Si | 42 | 42 / 75 | |||
Non | 18 | 13 | 2 | 33 / 75 | |||
Abstención | 0 / 75 |
Moción de censura
editarO 29 de xaneiro, o líder da oposición, Xosé Manuel Beiras, propuxo unha moción de censura. Os argumentos eran a ineptitude do presidente ante o problema das vacas tolas, o acordo pesqueiro con Marrocos e os problemas do temporal. Aínda que sabían que ían perder, Beiras fíxoo para presentar o problema no parlamento. Manuel Fraga contestou que a acción era unha "perda de tempo" e unha "tomadura de pelo".[1]
Candidato e propoñente | Data | Voto | Total | |||
---|---|---|---|---|---|---|
Xosé Manuel Beiras (BNG) | 29 de xaneiro de 2001 Maioría requirida: Absoluta (38/75) |
Si | 18 | 18 / 75 | ||
Non | 42 | 42 / 75 | ||||
Abstención | 15 | 15 / 75 |
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- López Torre, Rafael (2011). Parlamento de Galicia, ed. Trinta anos do Parlamento de Galicia 1981-2011 (PDF). Santiago de Compostela. ISBN 978-84-7836-097-0. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de agosto de 2012. Consultado o 3 de xaneiro de 2013.